¿A quién no le gusta que le cuenten cuentos? De miedo, de los que nos contaban de pequeños, de tradiciones...sea del tipo que sea, nos gusta retroceder a nuestra infancia y que nos transporten a un mundo de fantasía.
Pero si, además, estos cuentos se narran con una intención solidaria, su valor es doble. Una serie de famosos personajes de la sociedad española han colaborado con la iniciativa Cuento contigo de Fundación La Caixa recitando sus versiones actualizadas de clásicos como Pinocho (Alejandro Sanz), La leyenda de San Jorge (Jorge Lorenzo), Canción de Navidad (David Bisbal). La intención es mover a la ciudadanía para que aporte su granito de arena para acabar con la pobreza infantil. Fantasía y solidaridad a partes iguales, una buena iniciativa que queremos recoger en este blog.
Aquí te dejamos la particular versión de La bella durmiente a cargo de Belén Rueda para que acabes el año volviendo a tu infancia y lo empieces pensando en cómo puedes colaborar con quien lo necesitas. ¡¡Qué llenes el 2013 de fantasías, historias, recuerdos y deseos!!
lunes, 31 de diciembre de 2012
Una buena forma de recibir el 2013
jueves, 20 de diciembre de 2012
lunes, 17 de diciembre de 2012
Top 10 do 2012: Letras (Disquecool)
O mal sabor de boca que nos deixou o peche dunha editorial histórica e emblemática para a historia do galego “A Nosa Terra”.
O ano de Philip Roth e o seu Premio Príncipe de Asturias; a publicación póstuma de Liberación de Sandor Marai; o labor impecable –como escritor e como editor- de Fran Alonso; a reciuperación de personaxes infantís como Manolito Gafotas.
Novas librerías – a Librería café de Rinoceronte- novas editoriais- Impedimenta-, e a auxe dos lectores electrónicos.
De entre a literatura galega escollen unha obra: Laura no deserto de Antón Riveiro Coello, Premio da crítica; difícil selección nun ano de grandes obras narrativas dun peso destacable pola súa calidade literaria como:
- Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño,
- 15724 de Xesús Constela.
- En vías de extinción de María Reimóndez.
- As voces baixas de Manuel Rivas.
- Os fillos do mar de Pedro Feijoo.
- Ninguén de Fran Alonso.
E en literatura xuvenil:
- Palabras de auga de Marcos Calveiro.
- Fantasmas de luz do noso querido Agustín Fernández Paz.
- O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
Sen dúbida un ano de categoría para as letras galegas.
viernes, 14 de diciembre de 2012
RECITANDO A CELSO EMILIO EN PRENSA
Etiquetas:
centenario celso emilio,
poesía,
PRENSA
Deitado frente ao mar: Recitando Celso Emilio.
Esta mañá, 12 do 12 ás 12, o profesorado e alumnado do IES de POIO quixo unir a súa voz ás voces de centros de toda Galicia na súa humilde homenaxe ao noso gran poeta.
Organizados polo ENDL e a biblioteca en torno da data e da lectura, no patio do instituto, arredor de trescentos alumnos (só faltaron os pobres que tiñan exame, mágoa deles) coordinados polas nosas xa expertas alumnas nestes lances: Jessica Iglesias e Cheyenne Golpe de 2ºde bacharelato A (cos seus micrófonos "madonna" na cintura), aunamos o recitado común : Lingua proletaria do meu pobo...
Quixeramos que Celso Emilio, alá onde estea, escoitara as súas palabras nas voces de rapaces e rapazas de toda Galicia que hoxe colaboraron na distancia - mais arroupados polos versos - para renderlle unha sinceira homenaxe.
Seguiremos escoitando as súa mensaxe cen anos despois, sempre viva.
martes, 11 de diciembre de 2012
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS 2011
Reenviamosvos á páxina do recanto de Leo onde podedes ler toda a información sobre este evento que nos enche a todos de orgullo:
http://www.orecantodeleo.org/2012/12/entrega-de-premios-do-concurso-nacional.html
E os nosos heroes ( bibliotequeiros galegos todos) da xornada:
lunes, 10 de diciembre de 2012
viernes, 30 de noviembre de 2012
O día das librarías compartímolo cos libreiros en Culturgal
Que mellor xeito de celebrar o día das librerías que compartilo falando cos nosos libreiros dentro do marco da Feira da cultura galega, Culturgal.
E por suposto foron moi amables cos nosos chic@s de 1º da ESO (inquedos e nervosos, co dedo levantado durante todo o encontro). Respostaron a preguntas como se xa pensaban ser libreiros en 1º de ESO, por que escolleron esa profesión, como serán as librarías do futuro, se venden máis libros en galego ou en castelán, se os libros son caros ou se un pode facerse rico sendo libreiro...
Os libreiros Manuel de Librería Seijas e Cano Paz de Librería Paz contestaron ás súas preguntas con moita paciencia como profesionais que son ámbolos dous; os profes esperamos que tras este encontro os nosos rapaces e rapazas valoren a sorte que temos de ter un bo libreiro ao noso lado e que unha gran superficie nunca nos dará a palabra, a confianza, o achegamento e o consello dun bo libreiro coma os que nos acompañaron esta mañá.
Parabéns aos libreiros polos seus esforzos e ao alumnado polas súas preguntas.
Etiquetas:
CULTURGAL,
dia das librarias,
encontro co libreiro
miércoles, 28 de noviembre de 2012
RADIO PATIO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
RADIO PATIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO on PhotoPeach
martes, 27 de noviembre de 2012
¿Puede la amistad vencer a la ideología? ENDEREZO DESCOÑECIDO DE KRESSMANN TAYLOR.
Llega hasta nuestras manos -recomendada por
el escritor Agustín Fernández Paz como
un libro con vida que todo profesor debe presentar a sus alumnos- esta breve
novela epistolar que nos presenta una cruda situación histórica, el ascenso de
la ideología nacionalsocialista al poder en la Alemania previa a la Segunda
Guerra Mundial (1939-1945) planteándonos -al tiempo que nos presenta una época histórica que no debemos olvidar- un dilema: ¿Puede la amistad
imponerse a la ideología? ¿Somos amigos de nuestros amigos o somos seres
políticos?
Max y
Martín son amigos y socios en una galería de arte sita en California, ambos son
alemanes de origen, además Max es judío;
cuando Martin regresa a Alemania poco a poco se ve ilusionado, impregnado ,
contaminado… por la ideología nazi lo
que llevará a ambos protagonistas a tener que escoger ¿su amistad sincera o el
sueño de la nueva Alemania?
A través de las cartas que los dos
protagonistas se envían, asistimos al ascenso de la nueva política alemana y comprobamos el aumento de la tensión, la argumental y la narrativa; Mediante las palabras de Martín podemos comprender ¿Justificar?
la aceptación del destino del pueblo alemán. A través de las epístolas de Max intuímos el miedo, la sorpresa, la
indignación, el holocausto. ¿ Como resolverá la autora este conflicto?
Esta breve novela publicada por primera vez
en 1938 en la preguerra y editada ahora en gallego, nos transmite dos vidas que son reflejo de dos
mundos –el americano y el alemán-, de dos etnias – la aria y la judía- dos
hombres, dos amigos enfrentados por la ideología, ambos buscando un camino, una solución en medio del laberinto de una época muy turbulenta.
De una manera concisa la autora con maestría, nos sitúa ante una realidad , una encrucijada que
solo la lectura de la obra nos resolverá.
Kressmann Taylor Enderezo descoñecido Edicións Xerais de Galicia.
Reseña para el concurso del blog:
convocado por el blog "Libros y literatura":
Etiquetas:
lectura.,
reseña libros y literatura
sábado, 24 de noviembre de 2012
IES Pintor Colmeiro: A violencia psicolóxica contra as mulleres.
Seguimos recompilando materias elaborados nos centros co motivo do Día da violencia en contra das mulleres e desde o IES Pintor Colmeiro, permítennos amablemente publicar os vídeos que as alumnas de 1BC elaboraron para facernos reflexionar contra esa violencia picolóxica exercida en moitos fogares, que non por cotiá ou por que non sae nos medios de comunicación é menos dura.
Os nosos parabéns ao estupendo traballo destas chicas e ao labor de coordinación e difusión da súa profesora, Gracia Santorum.
viernes, 23 de noviembre de 2012
Programa de RADIO PATIO en contra da violencia de xénero.
O próximo luns, ás 11.30 poderemos escoitar a emisión de Radio Patio en contra da violencia de xénero co seguinte programa poético:
RADIO PATIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
(26/11/2012)
Introdución:
Luis Miguel (2º Bach. A)
Francisco:
Ofelia (3º ESO A)
Mar Moldes (2º
bach B): Marilar Aleixandre O sangue en tinta.
Yessica e Cheyenne
(2º bach A): Rosalía de Castro Nasín cando as prantas nasen
Borja (2º Bach, B):
Marta Dacosta Non é amor.
Sofía (3º ESO
B): Kiko Neves O poema de Lucía
Brais (2º bach. A):
Helena Villar O deseño das mans
Raquel (2º bach. B)
Marica Campo Sextina das mulleres mortas
Juán Carlos
(2ºbach, A) Xesús Constela Tiñádelo que ver
Noelia, Elvira (3º
ESO B), Gabriela (voces 1,2 e 3) Marga
do Val Un berro de rapariga violada
Silvia (3º ESO
B) Estevo Creus 1 muller golpeada
Lorena e Laura.
(3º ESO B) Antía Otero Non escondo
José Antonio
(3º ESO D) Víctor Manuel Canción das mulleres mortas.
A selección de música será de alumnos de 4º de ESO e está relacionada co tema. Repartiranse entre os participantes pegatinas co lazo distintivo do día.
Etiquetas:
dereitos humanos,
poesía,
Radio Patio,
violencia de xénero
martes, 20 de noviembre de 2012
domingo, 18 de noviembre de 2012
Presentación de: EN VÍAS DE EXTINCIÓN de MARÍA REIMÓNDEZ
O pasado xoves día 15 asistimos na Librería Paz á presentación da nova novela da escritora María Reimóndez En vías de extinción. Unha presentación moi acreditada pois a autora viña da man de Fran Alonso e de Eva Mejuto.
Primeiramente falounos Fran Alonso que para introducir a súa valoración da obra dixo que esta presentaba un novo paradigma social e ten puntos de contacto coa obra en xeral da autora; a novela relátanos a traxectoria vital da protagonista, Gaia, unha muller-toxo, lesbiana, feminista, galeguista... Dinos Fran Alonso que se trata dun relato dun vitalismo profundo, contado sen pelos na lingua e presenta unha estrutura árborea logo que as distintas partes da novela reciben nomes de árbores, non é unha estrutura lineal do mesmo xeito que as pólas das árbores non son lineais, crean un caos moi ben organizado. A respecto da lingua resulta novidosa a utilización dun galego dialectal, do bloque oriental, zona ancaresa o que lle outorga verosimilitude ao personaxe.
Continúa Fran Alonso explicando que o discurso ideolóxico é coherente - Gaia exhibe a súa ideoloxía, non a esconde- e a obra resulta multitemática: feminismo,ecoloxismo, reivindicación lingüística, lesbianismo, amor, sexo, liberdade individual. Estamos ante o retrato da sociedade actual e a autora pon en valor a rebeldía e o rexeitamento, defendendo a súaforma de pensar heteroxénea; na novela está implícita a reivindicación da diferencia e da singularidade que nos levará cara a unha sociedade máis plural.
A editora Eva Mejuto comentou que a novela non é unha obra predicible, que ten forza, sensibilidade, intelixencia e coherencia. Gaia non é o trasunto literario de María Reimóndez pero ambas, autora e personaxe comparten aspectos e ideoloxía; para Eva o que prende á a forza da personaxe, é unha figura importante polo que move nas nosas consciencias e nas nosas contradicións. Á Gaia prestánlle as isoglosas, gústanlle a lingua e as mulleres, ela é un alimento para o espírito, ten a pureza, a inocencia e a forza.
María Reimóndez comeza dicíndonos: " Que cada presentación do libro deixe algo nos que asisten á mesma; prefiro que os libros falen - non me gusta falar dos libros- as cousas proveñen da súa cerna: a súa orixe paterna, a lingua que foi perdendo pero que sigue no seu interior e unha certa actitude vital, pero eu non son Gaia"; prosigue: " hai moito de min nesta novela que abre a porta a un universo literario no que traballarei a partir de agora".
De seguido leunos un fragmentos da novela e un texto inédito que podesdes ler nesta páxina da súa novela:
Etiquetas:
EN VIAS DE EXTINCION,
EVA MEJUTO,
Fran Alonso,
MARIA REIMONDEZ,
PRESENTACIONS LIBROS
miércoles, 14 de noviembre de 2012
Acrósticos no Día da Biblioteca.
Estes son os poemas seleccionados de entre todos os que alumnos e alumnas de 3º de ESO escribiron para celebrar o día da biblioteca e que logo colgaron nela creando un fermoso tendal cheo de versos:
domingo, 11 de noviembre de 2012
AVELAÍÑAS DE POESÍA GALEGA
Avelaíñas de versos en galego xiran ao meu redor nas voces dunha chea de xente nova que esta fin de semana participaron nas Xornadas de Literatura e Ensino organizadas pola AELG en Compostela:
Lucía Aldao, María Lado, Dores Tembrás, Ledicia Costas, Lorena Souto, Daniel Landesa, Xabier Sil...
Coa súa poesía transportaron ao auditorio ao mundo da sonoridade das palabras, dos sentimentos e do sentido, das rimas e das connotacións; as súas creacións enchéronnos de espranza nun futuro da lírica na nosa lingua e coidamos que das súas plumas saíran poemas que achegarán á nosa literatura aos máis altos cumes. Transmiten forza, expresividade, sensacións e temas universais que se imprimen na nosa pel e fannos levitar.
Graciñas a todos eles por debuxarnos a espranza e o futuro para a poesía galega.
"habito un xardín
e a miña cabeza xira
ao compás do mapa mundi da vida"
Ledicia Costas Corazón de inverno
Queridísima Pan-tasma
Pola túa culpa souben o que era agocharse nos baños a duchar os poemas,
Enchelos de colonias esdrúxulas
E cambiarlles a suciedade por elipses...
Protesto porque me faltan versos.
Lucía Aldao
Queridísima Pan-tasma
Pola túa culpa souben o que era agocharse nos baños a duchar os poemas,
Enchelos de colonias esdrúxulas
E cambiarlles a suciedade por elipses...
Protesto porque me faltan versos.
Lucía Aldao
Desde aquí queremos recomendarvos o seu espectáculo "A hostia en verso" que vos fará sentir dun xeito alegre e divertido toda a forza da palabra nos seus novos sons.
Poesía galega contemporánea on PhotoPeach
Etiquetas:
dores tembras,
ledicia costas,
literatura galega,
lucia aldao,
maria lado,
poesia galega
domingo, 28 de octubre de 2012
Xornadas LENDO NA CASA (Tui, 2012)
O pasado xoves tivemos o gusto de asistir á xornada do programa Lendo na casa que ten como finalidade a promoción da lectura en familia e que estivo organizado pola biblioteca municipal e as bibliotecas escolares de Tui.
Na mesa redonda que presenciamos falaron Conchi Regueiro (escritora de literatura infantil e xuvenil), Concha Costas (coordinadora do programa de lectura "Gondomar lendo para medrar. Espazo lectura") e Pilar Sampedro (asesora das bibliotecas escolares da Xunta de Galicia).
As tres relatoras coincidiron na grande importancia que ten a colaboración e a participación das familias nos programas de lectura; Conchi Reguerio afirmaba que foi a súa nai quen a introduciu no mundo da lectura, comezou "lendo na casa".
Concha Costas presentou o programa de actividades da súa asociación que naceu dun grupo de pais e nais no ano 2006 (nas súas prácticas lectoras os pais e as nais son mediadores, axentes e facilitadores das lecturas cos seus fillos e fillas).
Pilar Sampedro falounos do programa de fomento da lectura en familia que se coordina desde a asesoría de bibliotecas escolares e das prácticas que estas desenvolven no seu día a día; " A casa é a célula cultural arredor da lectura (...) as bibliotecas escolares son un espazo aberto á toda a comunidade educativa". A hora de ler, a hora do conto, as maletas para as familias, as mochilas viaxeiras son actividades lectoras que implican directamente ás familias. " Se ti les, eles len".
Os nosos parabéns aos organizadores.
Etiquetas:
BIBES,
ler en familia,
xornadas lendo na casa
miércoles, 24 de octubre de 2012
Celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con varias actividades:
- No mural que situamos na entrada da nosa biblioteca colocamos post-it cunha mensaxe sobre o que significa para nós a biblioteca.
- Redactamos acrósticos coa mesma palabra: biblioteca, poemas que finalmente colgamos.
- Escribimos cartas á biblioteca que depositamos no buzón que os alumnos de 3º de ESO C crearon para este día.
- Tivemos ademais unha pequena exposición de mini-libros.
- E como non, no tempo de lecer fixemos unha reunión do noso club de lectura.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012 on PhotoPeach
O noso agradecemento ás coordinadoras da Biblioteca Municipal dos Rosais (A Coruña) polas súas fotos e pola idea inicial e que logo nós adaptamos e ampliamos.
Tamén damos as grazas a Débora, a profe de Plástica, que amablemente recolleu a idea e coordinou a elaboración do mural.
Etiquetas:
animación á lectura,
bibliotecas escolares,
Dia das BIBES
sábado, 20 de octubre de 2012
VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS: A BIBLIOTECA DO CEIP A LAMA.
Continuando coas nosas xornadas de aprendizaxe "in situ", coas nosas visitas bibliotequeiras, hoxe fomos amablemente recibidos no CEIP A Lama por cinco membros do equipo da biblioteca: Marta Couso, Mª Teresa Rivas, Tania Rivas, Cristina Campos, Rafael Sánchez-Agustino e pooorrrrrr LEO a súa mascota.
Na mesma porta da escola ademais dos membros do equipo, Leo dábanos a benvida e convidávanos a entrar no mundo da lectura e da ilusión.
Seguindo os pasiños de queixo no chan (como Pulgariño as migallas de pan) entramos nun mundo de fantasía, a súa biblioteca... talmente todos os visitantes desexamos ser nenos e asistir a aquela escola, gozar daquela biblioteca; as imaxes, os sinaladores, a audioteca, o lugar de troco, as lecturas, todo nos invitava a mergullarnos no mundo de Leo e Lulula, escoller un libro e sentar a ler.
Os espazos lectores, o Kamisibai, a luz e as cores xiraban ao noso redor e imaxinamos o lugar cheo de rapaciños, de risos, de música, de ledicia e de vida... quixemos compartir os momentos con eles e os seus mestres.
Sentados naquelas cadeiriñas o tempo voou, falamos, preguntamos, escoitamos as explicacións que se nos facilitaron e só a hora do xantar nos forzou a abandonar este mundo de Lulula e de Leo.
As imaxes darán fe da visita:
VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS: CEIP A LAMA on PhotoPeach
O noso agradecemento aos amables anfitrións.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
visitas bibliotequeiras
I XORNADAS "LENDO NA CASA"
Desde o IES San Paio de Tui chéganos este cartel informativo co programa das xornadas "Lendo na casa", programa de animación e fomento da lectura dirixido fundamentalmente á lectura en familia.
Nestas xornadas haberá obradoiros dirixidos a rapaces, a pais e tamén haberá cabida para os docentes que traballamos coa lectura.
A lectura empeza nas familias e a promoción desta actividade dentro do entorno da casa é fundamental para sentar as bases da mesma: anticíparse á lectura na escola é posteriormente un complemento da mesma.
Desde aquí animámosvos a participar nestas xornadas:
Etiquetas:
lectura en familia,
xornadas lectura
domingo, 14 de octubre de 2012
MARÍA FUMAÇA: CANTAR E BAILAR PARA SER MÁIS FELIZ
Cancións para achegarnos á lectura: lemos, cantamos e bailamos. María Fumaça novos aires neste libro-disco:
"Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu."
Blog de Editorial Galaxia http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=16754
Blog de Editorial Galaxia http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=16754
domingo, 7 de octubre de 2012
ARGINE: LEMOS IMAXES (I)
Con este fermoso vídeo de animación iniciamos unha nova sección no noso blog: "Lemos imaxes", nela iremos publicando imaxes sen texto, vídeos ou fotografías coa finalidade de que a partir delas, vós e a vosa imaxinación creedes o voso propio texto:
Etiquetas:
animación,
lectura en pantallas,
Lemos imaxes
domingo, 16 de septiembre de 2012
VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS: INAUGURAMOS O NOVO CURSO ESCOLAR
No día de onte realizamos a nosa primeira visita bibliotequeira deste curso a tres bibliotecas municipais de A Coruña; a visita, organizada por Mª Dolores Tobío do IES Sanxenxo, resultou moi educativa e enriquecedora. O primeiro que do que nos informaron é que as tres bibliotecas, a biblioteca do Castrillón, Ágora e a biblioteca dos Rosales están integradas na Rede de Bibliotecas de A Coruña e funcionan como Centros Cívicos, en palabras de Belén Solleiro da biblioteca do Castrillón son un lugar de encontro no barrio, son o corazón do barrio, polo que se encontran moi integradas na súa contorna social, traballan por e para os veciños da súa zona de influencia (así as fotos das súas xentes decoran as estanterías e as paredes dos seus locais).
Iniciamos a nosa andaina na Biblioteca do Castrillón onde realizamos a visita acompañados de Belén Solleiro que nos contou que o seu ámbito de influencia dá servicio a 19.000 habitantes (case coma unha vila), teñen 8.000 socios, fan 57.000 préstamos e organizan 175 actividades. Belén coa súa amabilidade guiounos o percorrido e informounos da organización espacial do centro ( a bebeteca co seu poblado castrexo deseño do arquitecto Fabio Valio), a distribución dos fondos, en secciones e centros de interés, a organización dos mesmos en CDU e temas; admiramos algunha das súas actividades coma o taller de Mandala, a sección de A torre de Babel que dá servicio aos usuarios inmigrantes, os apartados de obras recomendadas (estratexicamente localizados), etc.
A biblioteca Ágora impresiona pola grandeza e beleza do seu edificio, integrada no centro cívico-cultural do mesmo nome ocupa 1.700 m cadrados e dá servicio a unha poboación moi heteroxénea, de nivel medio-alto, inmigrantes e marxinais. Alí nos recibiu a directora Carme Ameixeiras, unha guía inigualable para recoller un fermosísimo espazo onde a luz, a amplitude, o cristal, o seu mobiliario de deseño acompañáronnos durante toda a visita. A organización dos fondos e os centros de interés son moi similares aos da biblioteca de Castrillón, sinalamos en Ágora a existencia de aulas, a sala de carritos para bebés, os servicios de repografía, a utilización dos códigos QR e os sistemas máis actualizados de rexistro e préstamo.
En ambas bibliotecas destacamos as sección adicadas a facilitar medios de busca de emprego aos usuarios.
Na biblioteca dos Rosales fomos recibidos por Anabel, Verónica, Lorena y Merce que nos mostraron a distribución dos espazos na súa biblioteca dos que destacamos a bebeteca, a sección de audiovisuais e as súas actividades como o panel " eu amo as bibliotecas públicas", o buzón de cartas de amor ás bibliotecas ou a sección de viaxes.
Visitas bibliotequeiras 2 on PhotoPeach
En resume unha visita moi instructiva e moi agradable polo clima creado polas nosas guías ás que diriximos todas as nosas preguntas que elas responderon con paciencia e moi amablemente; só nos queda agradecerlles desde aquí a súa compañía e a súa atención, todas elas son grandes profesionais que se ve que adoran, coma nós, as súas bibliotecas. Graciñas a todas.
Etiquetas:
bibliotecas municipais,
visitas bibliotequeiras
jueves, 28 de junio de 2012
2º A, Para sempre...
Aquí vos deixamos o vídeo co que os alumnos de 2º de ESO A quixeron agasallar ao seu TITOR: Rafa Fernández.
Sobrán as palabras e abondan as imaxes, houbo Boa Química, o grupo funcionou e a fusión grupo-titor foi estupenda.
Quen di que non funciona o Ensino público?????? Aquí tedes boa mostra. O vídeo foi realizado polos alumnos.
Boas vacacións 2ª A e titor Rafa, merecédevolas:
Sobrán as palabras e abondan as imaxes, houbo Boa Química, o grupo funcionou e a fusión grupo-titor foi estupenda.
Quen di que non funciona o Ensino público?????? Aquí tedes boa mostra. O vídeo foi realizado polos alumnos.
Boas vacacións 2ª A e titor Rafa, merecédevolas:
lunes, 25 de junio de 2012
¿Como te imaginas a tus personajes literarios favoritos?
Esta fue la idea que movió a Brian Joseph Davis para ofrecernos el rostro de numerosos y variados personajes literarios a partir de los rasgos físicos y psíquicos de estos que se obtienen de la lectura de la obra a la que pertenecen. La técnica utilizada es la misma que se usa para elaborar retratos policiales. Aquí puedes ver sus creaciones, e incluso tienes la posibilidad de proponerle que cree el de algún personaje.
Quizás esto rompa con la magia de la lectura, que consiste en hacernos nuestra propia idea de los personajes, pero es lo mismo que sucede cuando una obra se lleva al cine o a la televisión: pocas veces coinciden con la idea que nos habíamos forjado.
Para muestra, aquí te dejamos los retratos de Holly Golightly y de Katniss Everdeen, protagonistas, respectivamente, de Desayuno con diamantes, de Truman Capote y de Los juegos del hambre, la exitosa trilogía de Suzzanne Collins. Ambas tienen en común haber sido, en su momento, protagonistas de películas muy taquilleras a las que acudieron los que habían leido la novela deseosos de ver cómo esa imagen se convertía en carne y hueso. Muchos quedaron decepcionados. ¿Tú que opinas? ¿Prefieres el retrato robot, el personaje cinematográfico o tu propia representación?
Quizás esto rompa con la magia de la lectura, que consiste en hacernos nuestra propia idea de los personajes, pero es lo mismo que sucede cuando una obra se lleva al cine o a la televisión: pocas veces coinciden con la idea que nos habíamos forjado.
Para muestra, aquí te dejamos los retratos de Holly Golightly y de Katniss Everdeen, protagonistas, respectivamente, de Desayuno con diamantes, de Truman Capote y de Los juegos del hambre, la exitosa trilogía de Suzzanne Collins. Ambas tienen en común haber sido, en su momento, protagonistas de películas muy taquilleras a las que acudieron los que habían leido la novela deseosos de ver cómo esa imagen se convertía en carne y hueso. Muchos quedaron decepcionados. ¿Tú que opinas? ¿Prefieres el retrato robot, el personaje cinematográfico o tu propia representación?
![]() |
Holly Golightly |
![]() |
Katniss Everdeen |
domingo, 24 de junio de 2012
O día E: día da lingua española.
E unhas fermosas greguerías que nos chegan do IES Juán Carlos I de Murcia, dos alumnos de Aurora, 1º F de bacharelato:
viernes, 22 de junio de 2012
DENUNCIA DA FAME
Os alumnos de segundo curso de educación secundaria (grupo D) do Instituto de Poio (Pontevedra) fixeron unha exposición no centro pola que pretendían denunciar a fame no mundo. Eles escolleron as fotografías e lles puxeron título. O de menos é se algunha está trucada ou é un montaxe; o máis importante é a sensibilidade que demostraron ante un problema crucial da humanidade.
Segundo a ONU uns 800 millóns de persoas no mundo pasan fame, outros moitos seres humanos están desnutridos, sendo vítimas de enfermidades con moita facilitade. O mundo desenvolvido non fai todo o que está na sua man para combater isto; os dirixentes do mundo empobrecido non fan todo o que está na súa man. É necesario seguir denunciando esta inxustiza.
Os alumnos participantes fomos Noelia Blanco, Shaira Castro, Ámbar Cruz, Marcelo Alix, Elvira Fernández, Diego González, Saúl Martínez, Alexandre Noya, Itzíar Pazos, Aarón Péreez, Aarón Portela, Enzo Ramírez, Brais Rey e Marcelino Rial.
martes, 12 de junio de 2012
BICHOS: Recomendacións de lecturas para o verán
Este ano achegámonos coas nosas recomendacións para o verán á nosa veciña, gran descoñecida: A literatura portuguesa e as literaturas de expresión lusófona. Queremos así abrir unha porta á afección á lectura en portugués que esperamos presentar nos nosos clubs de lectura o vindeiro curso.
Animádevos e felices "leituras".
domingo, 27 de mayo de 2012
O tendal da vella Lulula. CEIP A LAMA
Os nosos queridos amigos do Ceip A Lama, non poden parar quedos: Leo (a súa mascota), eles e os seus rapaces de infantil sempre andan argallar unha nova historia para facernos gozar e roubarnos un gran sorriso.
Nesta ocasión e co gallo do concurso "Nós tamén creamos" da Secretaría Xeral de Política Lingüística crearon esta fermosa curta de animación arredor da historia da vella Lulula e o seu tendal; unha marabillosa obra de arte en miniatura:
OHHHHHHH! quedamos abraiados co traballo destes pequechiños da Lama e os seus coordinadores, os nosos parabéns a todos eles.
E agora a gozar do seu visionado:
Etiquetas:
animacion,
CEIP A Lama,
curtametraxe
lunes, 21 de mayo de 2012
VISITAMOS LEÓN
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO participamos nunha saída didáctica á cidade de León e ás covas de Valporquero organizada polo departamento de Ciencias Sociais.
Ademais das fermosas covas, na histórica cidade de León visitamos a Catedral especialísimo lugar donde o profesor Luís Lope de Guereñu nos impartiu unha práctica clase sobre a arte gótica, a transición do románico da nosa catedral de Santiago ao gótico da catedral de León.
Estivemos tamén no Hostal de San Marcos e no Museo de Arte Contemporánea.
VIAXE A LEÓN on PhotoPeach
martes, 15 de mayo de 2012
OS TRASNOS DOS LIBROS entrevistan ao escritor XESÚS CONTELA pola publicación de 15.724
O escritor Xesús Constela tivo a amabilidade de conceder aos Trasnos dos libros, unha entrevista en PRIMICIA trala publicación da súa última obra: 15.724. Foron as primeiras persoas coas que falou do seu libro nun ameno faladoiro. Graciñas Xesús.
Podedes escoitalos na seguinte publicación onde están os vídeos correspondentes á dita entrevista:
Etiquetas:
15.724,
literatura galega,
Xesus Contela
miércoles, 9 de mayo de 2012
15.724, Nova novela de Xesús Constela
Mañá teremos a grande sorte de contar na nosa biblioteca co escritor Xesús Constela que nos presentará a súa última novela, 15.724.
Farémoslle preguntas sobre a súa nova obra, da que de momento só el conta cun exemplar, e gozaremos da súa amabilidade e simpatía; creo que tamén nos lerá EN PRIMICIA, un pequeno fragmento.
Desde aquí adiantamos a información da contraportada sobre o libro e vos convidamos a ler a recensión da conversa que celebraremos mañá.
Esperámolo con impaciencia....
15.724, a miña nova novela, segundo consta na contraportada ,trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira".
O argumento amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.
En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.
A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.
E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.
Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?
O argumento amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.
En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.
A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.
E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.
Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?
E que teremos algo dese REALISMO MÁXICO que xa apuntaba en As humanas proporcións?????????
Boa sorte coa nova publicación, Xesús.
Etiquetas:
15.724,
literatura galega,
Xesus Contela
jueves, 3 de mayo de 2012
DIA DA TERRA: 17ª FIRA PER LA TERRA
O pasado 22 de abril, celebrouse o Día da Terra e nós acudimos en Barcelona á convocatoria de Greenpeace en contra da deforestación do Brasil: SALVA A AMAZONIA.
Quixemos poñer o noso diminuto gran de area nesta reunión mundial na defensa da Terra; no passeig Lluis Companys había un Mercat de la Terra e alí nos achegamos: Reunímonos con árbores vivintes, regaláronnos unha caroutas verdes e bailamos o Samba polo Brasil ao ritmos dos tambores. Bo ambiente, alegría e moita xente nova concienciada co medio ambiente (coma os cantantes que suministraban enerxía aos seus amplificadores e altofalantes pedaleando nunha bicicleta).
DIA DE LA TERRA, San Jordi 2012 on PhotoPeach
Etiquetas:
Amazonia,
Dia da Terra,
Ecoloxía,
Greenpeace,
natureza
miércoles, 2 de mayo de 2012
Intercambio de Proxectos ARCE de lectura
Reproducimos a entrada do blog do IES Sanxenxo cos que compartimos o encontro de San Jordi:
Os seis institutos que levamos traballando no proxecto ARCE "En la órbita de los libros" durante estes dous anos (IES Joseph Sureda i Blanes (Palma de Mallorca), IES Lluís Companys (Barcelona), IES Mediterráneo (Murcia), IES Miguel Durán (Badajoz), IES Sanxenxo (Pontevedra), IES Torre Atalaya (Málaga)) vimos de xuntarnos en Barcelona co motivo do Sant Jordi. As nosas compañeiras de Ripollet foron as nosas anfitrionas por unha cidade repleta de libros e de rosas. Alí tamén nos atopamos con outros institutos do proxecto ARCE " En el país de Alicia"como o IES de Poio, ou o IES Juán Carlos I de Murcia con quen compartimos algunhas actividades comúns como a asistencia ao teatro da obra dirixida por Tricicle: Forever Young.
Intercambio institutos proxecto ARCE on PhotoPeach
Os seis institutos que levamos traballando no proxecto ARCE "En la órbita de los libros" durante estes dous anos (IES Joseph Sureda i Blanes (Palma de Mallorca), IES Lluís Companys (Barcelona), IES Mediterráneo (Murcia), IES Miguel Durán (Badajoz), IES Sanxenxo (Pontevedra), IES Torre Atalaya (Málaga)) vimos de xuntarnos en Barcelona co motivo do Sant Jordi. As nosas compañeiras de Ripollet foron as nosas anfitrionas por unha cidade repleta de libros e de rosas. Alí tamén nos atopamos con outros institutos do proxecto ARCE " En el país de Alicia"como o IES de Poio, ou o IES Juán Carlos I de Murcia con quen compartimos algunhas actividades comúns como a asistencia ao teatro da obra dirixida por Tricicle: Forever Young.
Intercambio institutos proxecto ARCE on PhotoPeach
Etiquetas:
ARCE,
club de lectura,
En el país de Alicia,
lectura
lunes, 30 de abril de 2012
SAN JORDI 2012: FALAMOS DE LITERATURA GALEGA
En Barcelona, galegos e murcianos falan de LITERATURA GALEGA
* UN OLLO DE VIDRO de CASTELAO:
* MALES DE CABEZA de FRAN ALONSO:
* UN OLLO DE VIDRO de CASTELAO:
* MALES DE CABEZA de FRAN ALONSO:
Etiquetas:
En el país de Alicia,
literatura galega,
Sant Jordi 2012
San Jordi 2012: Primeira posta en común.
A nosa primeira posta en común xa de mañanciña:
Etiquetas:
club de lectura,
En el país de Alicia,
Sant Jordi 2012
SANT JORDI 2012: FOREVER YOUNG
Unha das actividades que máis gustou aos nosos alumnos das realizadas en Barcelona foi á asistencia á posta en escea da obra dirixida por Tricicle: Forever Young. Asistimos os alumnos do IES de Poio, do IES de Sanxenxo, do IES Juán Carlos I de Murcia e dun IES Joseph Sureda i Blanesde Mallorca, todo un aforo cheo de xuventude para gozar dun subxénero clásico: a comedia musical.
Desde o momento en que se levantou o telón ata os aplausos finais (que foron moitos), rimos, sorrimos e tatareamos melodías; a mensaxe da obra foi:
"Tenim una sola vida,
sense agassajos, una única presa
d´un larguíssim pla sequència.
Així que, no la malgasteu.
Viviu cada moment, gaudi de
cada segon i, si us plau, no deixeu
que ningú us amargui la vida"
E seguindo o seu consello gozamos da comicidade da obra, da súa música e da espléndida posta en escea dos actores. Gustounos todo, a iluminación, o vestiario, os diálogos e os gags; todos saimos do teatro cun gran sorriso.
Forever Young on PhotoPeach
sábado, 28 de abril de 2012
SAN JORDI 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro
O listado de autores era interminable, nesta presentación achegamos un pequeno botón de mostra deles, os que buscamos con anseios arriba e abaixo das Ramblas (aínda que non o creades foi agotador da cantidade de persoas que alí había).
Sant Jordi 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro. on PhotoPeach
Etiquetas:
día do libro,
escritores,
Sant Jordi 2012
viernes, 27 de abril de 2012
Día do libro: A AMPA premia ao alumnado máis lector
Esta mañá unha representación da Asociación de pais e nais do IES de Poio premiaron ao alumnado máis lector da nosa biblioteca; catro foron as alumnas agasalladas:
1º Premio: Rita Quintela Martínez de 1º de ESO A
2º Premio: Ámbar Carolina Cruz Paico de 2º de ESO D
3º Premio: Sara Neira Quiñonesde 1º de ESO D
Accesit: Lucía Picallos Paulos de 1º de ESO A
Todas elas recibiron un diploma e un cheque regalo a canxear nunha librería do concello polo seu traballo lector.
Queremos felicitar a AMPA por esta iniciativa de fomento de lectura e as chicas por ler, por visitarnos na biblio e por solicitar das nosas recomendacións lectoras.
Parabéns no Día do librooo, a continuar lendoooo...
domingo, 15 de abril de 2012
"LEMOS XUNTOS" Sanxenxo
O pasado venres asistimos en Sanxenxo ás xornadas de Lemos Xuntos (lectura en familia) organizadas polos centros educativos deste concello coa finalidade de achegar a lectura a mestres, alumnos e pais.
Puidemos escoitar alí a Juán Mata (catedrático especialista na lectura en familias da Universidade de Granada) que comenzou a súa intervención con estas palabras: " Me gustaría hablar todas las lenguas por lo menos esta tarde el gallego" e léndonos o poema IRMAUS de Celso Emilo Ferreiro (el é un gran defensor da lectura en voz alta: " A lectura en voz alta por encima de todo é unha mostra de afecto"), poema que fora lido en Granada o día anterior noutras xornadas de lectura.
Juán Mata profundizou na importancia da lectura en xeral e do peso que esta pode ter na vida dos nenos se é compartida con pais e profesores ( " a posibilidade de reflexionar xuntos e de lermos xuntos garante a aprendizaxe das competencias da lectura, a ler ben por parte dos alumnos; ler xuntos, adultos e nenos, facilita falar dunha maneira que doutro modo non podería ser"); díxonos que non hai lectura sen emoción ("as cousas que marcan a verdade están marcadas pola emoción e a lectura non pode nin debe estar á marxe disto, a lectura facilita a posibilidade de que o mundo que os nenos van vivir sexa un anticipo") e que lermos xuntos permítenos ir máis alá do utilitario; "se queremos que os nenos lean hai que vincular a lectura co que lles importa de verdade, facilitarlles o encontro coa vida a través dos libros. Isto ten sentido, dá sentido ao ensino en momentos nos que os tempos non van vir moi ben dados."
Despois das conclusións das xornadas e a clausura por parte do Director Xeral de Centros e a alcaldesa de Sanxenxo, presenciamos un broche final de luxo: Cándido Pazó e as súas "Cunqueiradas", subindo e baixando a súa escada puxo en práctica con grande mestría as técnicas tradicionais da transmisión oral unidas aos contidos e as formas do Sr. Cunqueiro: os curiosos personaxes, o encaixe das historias (unha leva aoutra ao xeito das caixas chinesas), as chamadas ao espectador, os argumentos de autoridade, a mistura de fantasía e realidade dentro do mundo propiamente galego. Unha marabillosa posta en escea que nos roubou sorrisos e gargalladas ao tempo que reflexionamos sobre o material das patas de pau e a convenniecia de ter unha para estar "á moda".
Os nosos parabéns para os organizadores, en concreto a Mª Dolores e a Ricardo que tanto se esforzaron por levar a bo término estas xornadas. Felicitámolos polo seu traballo tan ben feito e agora vos deixamos coas imaxes:
LEMOS XUNTOS - SANXENXO 2012 on PhotoPeach
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Juan Mata,
lectura en familia
jueves, 5 de abril de 2012
VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS
E como estamos de vacacións, fomos de turismo, de turismo bibliotequeiro achegándonos ás bibliotecas municipais de Portugal: visitamos a biblioteca de Viana do Castelo e a de Vila Nova da Cerveira; gozamos do contraste pois os edificios que as albergan son ben diferentes, da modernidade de Viana ao pazo histórico da de Vila Nova.
Como xa puideramos comprobar noutras visitas como a que fixeramos anteriormente á de Valença de Miño as instalacións destas bibliotecas son un exemplo a seguir, amplitude, luz, orde, importante oferta de servizos...
Os sabores desta visita leváronnos dos grandes espazos moi iluminados con fermosas vístas do exterior á familiaridade dos ocos pequenos rodeados de pedra e saída aos xardíns desde donde nos asexaba un simpático espantallo.
Gustamos moito dos dous estilos, en especial a bebéteca da de Viana e os seus cómodos e divertidos pufs; observamos a organización dos fondos, a distribución destes, a sinalización, o mobiliario mais sen dúbida sorprendeunos a distribución dos lugares: exposicións, salas de conferencias, de lectura, audiovisual, multimedia... que as convirte nun efectivo centro de recursos.
Por suposto no xantar aproveitamos para intercambiar comentarios, experiencias, opinións e programar próximos encontros (LEMOS XUNTOS en Sanxenxo) e futuras visitas bibliotequeiras.
(Bibliotecas Escolares de IES Sanxenxo, IES Ribeira de Louro, CEIP A Lama e IES de Poio).VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS on PhotoPeach
Etiquetas:
bibliotecas de Portugal,
visitas bibliotequeiras
domingo, 25 de marzo de 2012
III Xornadas: "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro"
Os días 23/24 celebráronse en Compostela as "Terceiras Xornadas de Competencia en Comunicación Lingüística"; ao longo das dúas xornadas presentáronse traballos relacionados co tema central desde un punto de vista teórico e tamén casos prácticos, todos eles de moito interés polo que resulta difícil facer un resume dos conceptos e das prácticas presentadas.
Destacamos as ponencias do profesor ARTUR NOGUEROL sobre "Aprender a comunicar. Comunicar para aprender a actuar" que nos falou de PLURILINGÜISMO ( Cando aprendo unha lingua aprendo outras linguas e moitas otras cousas: Competencia plurilingúe e multicultural) , da importancia de aprender por proxectos, do uso das linguas (desde enfoques comunicativos predominantemente, a creación de situacións comunicativas nas que o uso teña SENTIDO).
XABIER SAN ISIDRO marcounos as pautas para a elaboración dun Proxecto Lingüístico de Centro ao mesmo tempo que sentou as bases para unha reflexión sobre plurilingüismo e interculturalidade (poñer en valor a nosa cultura a través das outras), o uso das linguas estranxeiras no ensino CLIL (Currículo Integrado das Linguas, un eixo temático común a todas as linguas) , das seccións bilingües e a valoración dos resultados acadados desde un punto de vista académico e estatístico.
ANA MARBÁ TALLADA expuxo os resultados dos seus estudos sobre como "Falar, ler e escribir na clase de ciencias" unha ponencia moi interesante na que desde premisas puramente lingúísticas achegounos a unha exposición de tipo científico: Sintetizar, explicar, xustificar en relación co "se, entón, xa, e por qué", o CRITIC ( a consigna do texto, o rol, as ideas, o test, a afirmación, a información e a conclusión).
TISCAR LARA ( Sempre precisa, analítica, sintética, directa...) falounos de "Ser dixital: aprender a comunicar en rede" (un tema que ela domina na exposición teórica e nas súas prácticas dixitais); Do tecnolóxico ao mediático, do técnico-instrumental ao interpretativo cultural, da necesidade de formarnos (alfabetización mediática); precisou o organigrama dos traballos en rede: "Deconstruír para recompoñer e construír" (analizar o discurso, ler e interpretar).Concluíu falando da manipulación en publicidade e en redes, do MARKETING VIRAL e da remezclas. Falando dos blogs aconsellounos publicar neles dunha forma LIBRE E RESPONSABLE.
Estas exposicións teóricas estiveron apoiadas cos casos practicos desenvoltos polos profesores e profesoras: Anxos Rial (a normalización da lingua galega, os usos plurilingües no marco da biblioteca escolar), Clara Cristela ( a aprendizaxe AICLE/CLIL na aula de sociais en inglés) na primeira xornada, e de Marisol Louro e Eva Garea (metodoloxía corporativa nas linguas), Ovidio Villar (a normalización linguística e os proxectos científicos) e Esther Fernández (o uso das redes sociais educativas e o seu uso dentro da aula).
Remataron as xornadas cunha fermosa posta en escea da contacontos Raquel Queizás, historia de tradición e indios para falar das estrelas.
Finalizamos esta pequena recensión felicitando á Marta Valderrama que xunto cos seus compañeiros do CAFI e dos CEFORES de Vigo e Pontevedra procuraron que todo saíse según o programa e que asistentes e relatores se sentisen NO SEU FOGAR. Parabéns para eles.
Etiquetas:
linguas,
plurilingüísmo,
TIC,
Xornadas competencia lingüística
Suscribirse a:
Entradas (Atom)