martes, 28 de octubre de 2014

Cartas e marcapáxinas viaxeiros desde Biblioribeira:


Desde o IES Ribeira de Louro (Porriño) chegaron esta mañá cartas de amizade e marcapáxinas para celebrar o Día da Biblioteca. As caras de ledicia e ilusión podedes velas vós mesmos:

lunes, 27 de octubre de 2014

Inauguracion do curso lector: Día da biblioteca 2014



                          

Grandes palabras, grandes mulleres: Circe, Penélope, Morgana e Begoña Caamaño.

Queremos despedirnos hoxe dunha gran muller que recreou para nós coas súas palabras a Circe, a Penélope e a Morgana, cunha sensibilidade, cun bo facer feminino, cunha linguaxe que máis semella pinceladas nun lenzo ca unha historia narrativa.

Despedimos a Begoña Caamaño aínda que ela sempre estará con nós desde os andeis da nosa biblioteca, desde as fermosas páxinas das súas novelas.

Deixounos unha meiga das palabras galegas, do sentimento da muller, unha grande da nosa literatura.

Así falabamos dela nos clubs de lectura, vaia aquí a nosa humilde homenaxe:





martes, 21 de octubre de 2014

Traballamos "poemas roubados"


Blanca Besada, 2º ESO D

Preparando a celebración do Día da Biblioteca e a inauguración do curso lector 2014/15


Xa está todo en marcha para a celebración o vindeiro luns do Día da Biblioteca ao tempo que inauguramos o curso lector dos Clubs de Lectura.
Ese día recibiremos á corporación municipal do noso Concello que participaran activamente na celebración léndonos algún dos seus textos poéticos preferidos.
Un grupo de alumnos e alumnas do club de 3º de ESO lerán o pregón da biblioteca adicado este ano á figura de Ana Mª Matute, escritora que nos abandonou recentemente.


Os alumnos e alumnas de 2º de ESO lérannos tamén unha selección dos seus versos recreados e versos matemáticos:



e enviaremos o agasallo que están preparando para o alumnado do Club de lectira de Bibliorribeira de Porriño: uns fermosos marcalibros (feitos e deseñados por eles) co motivo do Día da Biblioteca:


viernes, 10 de octubre de 2014

Recreamos poemas: Paco é enfermeiro de Fran Alonso


Esta semana fixemos as primeiras recreacións poéticas deste curso a partir dun poema de Fran Alonso, "Paco é enfermeiro" que pertence ao seu poemario Cidades, que día a día imos lendo en 2º de ESO D; por certo que aos rapaces e rapazas estalles encantando e non deixan pasar clase sen lelo e recitalo. 
Usaremos estas recreacións propias para o recital do Día da Biblioteca que xa temos á volta da esquina.


                                    

En 2º de ESO ilustramos lecturas: As meigas de Lupa.


..." A avoa abriu a porta e a luzdo corredor iluminou dúas siluetas collidas do ganchete. Unha era unha muller bastante baixa, coma dun metro cincuenta, e moi gorda (...) vestía de rigoroso negro (...) A outra muller era moito máis alta e fraca, todo ósos. Tamén vestía de negro (...)"...

                            As meiga de Lupa de María Solar. Edicións Xerais.





Mochilas viaxeiras 2014/15








Xa están preparadas as nosas mochilas viaxeiras deste novo curso 2014/15 preparadas para saír á rúa; nerviosiñas elas, desexando que algún alumno ou alumna as leven para a súa casiña:





Xadrez na biblioteca: A biblioteca centro de recursos e de usos.

Unha boa mostra de que a nosa biblioteca é un centro de recursos e de usos ao servizo da comunidade educativa é esta nova actividade que temos no tempo de lecer e que ten moito éxito entre o novo alumnado de 1º de ESO:





NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA


domingo, 5 de octubre de 2014

Dez anos con Laura Gallego e Memorias de Idhun

Xa van dez anos da publicación do primeiro libro da triloxía de Memorias de Idhun - La Resistencia da autora valenciá Laura Gallego e que mellor podemos dicir desta obra de literatura fantástica para mozos e mozas senón que son dos libros máis gastadiños da nosa biblioteca, pasaron por tantas mans que quizais poida aventurar que son o best-seller dos nosos fondos de literatura xuvenil.

Parabéns a escritora por este feliz aniversario e que siga proporcionándonos moitas máis fantásticas e marabillosas historias que ler.