viernes, 11 de diciembre de 2009

NADAL e RECICLAXE

Este Nadal libros e lixo foron da man, non para suxar por suposto, senón para aprender unha lección de RECICLAXE; como podedes ver os adornos da nosa árbore de Nadal estan feitos cos refugos de todas esas bolsas de chuminadas que comemos nos tempos de lecer, coas botellas e latas baleiras, etc.
E os presentes? os presentes coma todos os anos MOITOS, MOITOS LIBROOOSSSSS.
align="justify">

domingo, 29 de noviembre de 2009

DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O pasado mércores 25 de novembro celebramos o recital de poemas co gallo do día contra a violencia de xénero. Arredor de 20 alumnos, chicos e chicas de 1º , 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato interpretaron poemas en francés e en galego que tiñan en común evidenciar a violencia contra as mulleres e rexeitala. Aquí tedes as imaxes:

domingo, 22 de noviembre de 2009

Practicamos inglés con Sting

O cantante británico Sting vén de publicar o seu último disco adicado ao inverno: If on a winters night; a canción promocional non parece moi acorde coa estación pois ten unha "marchita" que nos invita a danza con certos toques celtas ou irlandeses ( tal vez sexa para entrar en calor). De agasallo deixounos un vídeo de presentación que nos serve para escoitar a canción principal, ao seu autor e practicar algo de inglés; tamén é unha boa mostra dos instrumentos tradicionais. Quen se atreve??????:

domingo, 15 de noviembre de 2009

LEER.ES: Centro virtual adicado á lectura

Esta fin de semana presentouse en Madrid o CENTRO VIRTUAL LEER.ES novo espazo virtual adicado á lectura e dirixido a estudantes, familias, docentes e poboación en xeral que busca promover a competencia lectora nas aulas. Esta presentación apoiouse cun Congreso Nacional Leer.es no que persoeiros especialistas no mundo da lectura falaron sobre múltiples aspectos da mesma ( Ler para aprender, os plans de lectura, a avaliación da comprensión lectora, as prácticas letradas, ler na era dixital, etc). Dada a calidade dos ponentes e a importancia dos temas resulta dificil escoller entre uns e outros, quedámonos con algunhas palabras, citas que nos parece deben ser motivo de fondas reflexións:
"Ler serve para aprender a ler" , " Non se pode aprender dunha lectura á que non se lle atopa sentido e disfrute" (Liliana Toichimsky) " Se leo ben, síntome competente en lectura" (Isabel Solé) " Ler é nadar nos textos, ler é bucear nos textos" (Ángel Sanz) " Ler é asumir roles, construír identidades", " As prácticas letradas son tarefas sociais nunha práctica social"(Daniel Cassany). " Debemos establecer uns obxectivos de lectura claros, facer actividades que axuden aos alumnos a ler o hipertexto. Integrar a lectura e a escritura nos novos soportes" (Felipe Zayas). Recomendamos reflexión e como non, un paseo polo centro virtual.

viernes, 13 de noviembre de 2009

jueves, 12 de noviembre de 2009

O MES DOS DEFUNTOS: CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O pasado martes acompañounos na biblioteca o noso compañeiro Carlos Nuñez para narrarlle aos alumnos e alumnas de 1º de ESO unha lindas historias relacionadas co SAMAÍN e coa morte.
Contoulles tres historias- a de Manolito Losada e a morte, a de Juanito vai que vés, controlador de sandías, a da silva- e enredadas nelas aproveitou para falarlles de tradicións e costumes: A orixe e o significado do Samaín, as escolas de antes, as arrasadeiras, os alcumes, ir ao facho; misturando fantasía e realidade ao mellor modo cunqueiriano.
Recuperamos así durante unha horas a mellor tradición contística dos galegos e colaboramos para evitar que tan antiga e fermosa tradición non se perda.
Aquí tedes as imaxes:

domingo, 18 de octubre de 2009

NOVAS VOCES NA BIBLIOTECA

Desde a biblioteca están a chamarte novas e misteriosas voces:
* Ahriel, o anxo feminino de ALAS DE FUEGO que debe guiar e protexer a raíña Marla.
* Atsushi-kun, protagonista de BICAME PROFE que está namorado do seu antigo veciño e amigo Maachan, e trata de matricularse no Instituto Jyogaoka para poder estar preto del nos próximos tres anos.
* Anaíd, a heroína de O CLAN DAS BRUXAS, adolescente que debe confesar que é unha bruxa do clan da Loba para salvar a súa nai.
* Aono Tsokune, personaxe de ROSARIO TO VAMPIRE que vai pasar o verán a unha estraña academia ao lado dun mar vermello.
* As imaxes de VIctoria Frances en FAVOLE, o mundo do vampirismo feminino
* Georgina debe atopar a seu pai, un arqueólogo perdido en México en LAS HIJAS DE LAS TORMENTAS.
* E como non, as aventuras de Bella e Edward en AMANECER, ECLIPSE, LUNA NUEVA, CRÉPUSCULO, o pack completo.

jueves, 8 de octubre de 2009

A ESCRITORA RUMANA HERTA MÜLLER OBTÉN O PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2009

HERTA MÜLLER (Nitzkydorf, 1953) é unha das representantes da literatura rumana en lingua alemá, máis importantes. Exiliada en Berlín, tivo que fuxir de Rumanía durante a etapa comunista por defender os dereitos da minoría alemá neste país. Recibiu varios premios literarios en Alemania e agora recibe o da Academia Sueca por "a súa capacidade para describir a paisaxe dos desposeídos" en palabras da propia Academia.
Ten varios libros publicados en alemán e catro deles están traducidos ao español:
En tierras bajas (Niederungen), 1990
El hombre es un gran faisán en el mundo (Der Mensch ist ein großer Fasan auf der Welt), 1992
La piel del zorro (Der Fuchs war damals schon der Jäger), 1996
La bestia del corazón (Herztier), 1997
Esperemos que en breve poidamos lela e disfrutala en GALEGO.

viernes, 2 de octubre de 2009

MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Convencidos como estamos da importancia de afacernos a LER EN PANTALLAS, LER NAS NUBES, esta semana recomendamos outra web: hoxe 2 de outubro é o día do aniversario de GANDHI e hoxe arranca de Nova Zelanda a Primeira Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia; durante catro meses percorrerá máis de 90 países e 160.000 Km na busca de apoios, e a reflexión de cidadáns e políticos.
Numerosas personalidades e famosos, Premios Nobel, artistas e deportistas, apoian esta marcha e ti???????.
Podes seguir a Marcha minuto a minuto desde a web http://www.marchamundial.org/, un mapa interactivo de Google Maps amosa o percorrido en tempo real, tamén hai fotografías e vídeos dos momentos máis importantes.
A páxina ten gran cantidade de información multimedia: mapas, documentos, enlaces, actualizacións por RSS, etc.

domingo, 27 de septiembre de 2009

XA ESTAMOS DE VOLTA recomendando lecturas en pantalla (polo de agora)

Como xa sabedes seguimos no ano da astronomía e disto vai a primeira recomendación. WE CHOOSE THE MOON: Este ano celebramos o 40 aniversario da chegada do home á LÚA, unha das mellores webs para conmemorar este feito histórico é wechoosethemoon.org unha experiencia interactiva espectacular, a tecnoloxía e os retos que os astrónomos tiveron que superar hai case medio século. Experimenta unha viaxe á lúa, a conta atrás e o lanzamento; cando o cohete despega, tes acceso a distintos puntos interactivos que amosan vídeos da época e animacións realizadas por ordenador, para explicar os conceptos técnicos da viaxe: http://wechoosethemoon.org/

miércoles, 24 de junio de 2009

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Desde EDUCACIÓN SIN FRONTERAS remítennos este diploma por colaborar na Semana de Acción Mundial pola Educación 2009 ; a causa sempre vale a pena, sempre contarán co noso apoio:

lunes, 1 de junio de 2009

Os artísticos traballos dos alumnos de 3º e 4º de Eso.

Aquí tedes estes artísticos traballos realizados na aula de plástica polos alumnos de 3º e 4º de ESO; o tema é traballando a Picasso en tres dimensións. As tarefas foron dirixidas pola profesora Susana Ferradás; felicidades para eles:

miércoles, 27 de mayo de 2009

A LENDA DAS ZOCAS FALADORAS

Aquí tedes a lenda que lle deu nome ao noso blog de animación á lectura; gustounos, e a maiores é tradicional da Terra Cha, a terra da nosa compañeira do equipo de biblioteca, Laura:
"Na parroquia de Insua, en Vilalba, cóntase dun rapaz que era zoqueiro e tiña relación cunha moza, pero os pais del non a tiñan ben considerada. Aínda así zoqueoulle un par coa intención de agasallala. Pero antes de poder facerlle o presente, a teima dos pais rachoulle a relación. De alí en diante e cada vez que saía da casa para ver outras mozas, sempre lle aparecían unhas zocas ó saltar o pasadoiro. El recoñeciaas, intentaba calzalas pero non lle servían. E así moitas vaces ata que un día as zocas falaron:
- Ves a que chega a túa avaricia! Queres meter os pés onde non che collen!"

viernes, 15 de mayo de 2009

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

O luns día 18 será no noso instituto o día das letras galegas, será a festa das letras e para celebralo o profesor Xosé Muíños e os seus alumnos de 2º de ESO:

* Tania Villaverde. * Sandra Quintela. * Rocío Torres. * Marco Antonio Otero. * Juán Carlos Miguez. * Jennifer Otero. * Brais Rodríguez

preparáronnos unha linda sesión de monicreques; aquí tedes o programa e algunhas fotos dos ensaios:

BOA SORTE NO ESTREO PARA AS LETRAS GALEGAS E PARA

TODOS ELES.

miércoles, 6 de mayo de 2009

TRABALLOS DO DÍA DO LIBRO 2009

Aquí temos os traballos do día do libro, elaborados polos alumnos de 1º de ESO:
PARABENS para todos eles polas súas tarefas, anímannos a ler e lémbrannos o valor da lectura:

sábado, 25 de abril de 2009

O DÍA DO LIBRO 23/04/09

Posted by Picasa
A BIBLIOTECA saíu, chea de libros e comics, ao patio e á entrada: Os chicos de 1º de ESO agasalláronnos cos seus carteis, os de 4º coas súas fotos traballando a alfabetización: Moitos levamos o noso libro e o noso caravel, algúns quedaron retrasados e levaron libro e marcapáxinas, outros sairon ler ao xardín... todos celebramos o día
ENTRE LIBROS.

martes, 21 de abril de 2009

O DÍA DO LIBRO

O xoves 23 temos unha cita no xardín co libro e coa biblioteca; escolleremos para ti os comics máis atractivos e as últimas novidades de lectura, "por un libro un caravel e moitas horas de lecer"; entrementres aquí deixamos este vídeo de carteis de fomento de lectura:
"justify">

viernes, 17 de abril de 2009

Preparándonos para o día do libro: 23 de Abril

Agardando a visita de Don Quixote e Sancho o día 23 para animarnos a ler, imos entrando en ambiente con este vídeo de actitudes lectoras:

sábado, 11 de abril de 2009

FILME: O CLUB DA CALCETA de María Reimóndez

Xa temos aquí o trailer do filme de Antón Dobao baseado na novela de María Reimóndez "O club da calceta"; a historia de Elvira, Anxos, Luz, Nanda e Matilde (sen esquecer a Davinia que vén do alén), cinco mulleres de mundos moi distintos (cinco máis unha) que sofren a violencia dos homes como colectivo. O club serve para unilas ( a recuperación de espazos femininos ás veces mal considerados en palabras da autora: ) e para crear, con discursos ás veces contrapostos, o xogo que hai dentro da novela, un mundo de historias... (elástico, dianteira, mangas, colo, traseira, puños e ... xersei) http://flocos.tv/adianto/o-club-da-calceta-trailer/

miércoles, 8 de abril de 2009

OS LIBROS QUE LEMOS

  1. O neno do pixama a raias · John Boyne · Factoría K de libros, 2007 · 224 páx · 13 euros
  2. Los hombres que no amabana las mujeres· Stieg Larsson ·Destino, 2008 · 640 páx · 20,50 euros
  3. O xardín das pedras flotantes · Manuel Lourenzo · Xerais, 2008 · 528 páx · 22,50 euros
  4. La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina · Stieg Larsson ·Destino, 2008· 752 páx · 22,50 euros
  5. Made in Galiza · Séchu Sende · Galaxia, 2007· 154 páx · 12 euros
  6. El fuego · Katherine Neville · Plaza & Janés, 2008· 544 páx · 23,90 euros
  7. Vontade de nación · Xosé Luís Barreiro Rivas · Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2008 · 271 páx · 17 euros
  8. El viaje del elefante · José Saramago ·Alfaguara, 2008· 280 páx · 18,50 euros
  9. A corpo aberto ·Manuel Rivas ·Xerais, 2008· 352 páx · 18,50 euros
  10. El niño con el pijama de rayas· John Boyne · Salamandra, 2007 · 224 páx · 13 euros

Estes son algúns dos libros máis vendidos en Galiza nos últimos días.( Fonte: Protexta, 09)

domingo, 5 de abril de 2009

A gran lectura

A semana do 20-26 de abril, colaboraremos con Educadores sen fronteiras na súa campaña A gran lectura. Ademais de participar na creación do gran relato, realizaremos outras actividades como a toma de fotografías de actitudes lectoras e posterior exposición das mesmas, realización dun traballo xornalístico sobre a alfabetización no Concello de Poio, visionado de documentais e filmes sobre o tema e reflexión... As actividades vanse realizar en 2º de ESO e 1º de Bacharelato.