viernes, 30 de noviembre de 2012

O día das librarías compartímolo cos libreiros en Culturgal

Que mellor xeito de celebrar o día das librerías que compartilo falando cos nosos libreiros dentro do marco da Feira da cultura galega, Culturgal.

E por suposto foron moi amables cos nosos chic@s de 1º da ESO (inquedos e nervosos, co dedo levantado durante todo o encontro). Respostaron a preguntas como se xa pensaban ser libreiros en 1º de ESO, por que escolleron esa profesión, como serán as librarías do futuro, se venden máis libros en galego ou en castelán, se os libros son caros ou se un pode facerse rico sendo libreiro...
Os libreiros Manuel de Librería Seijas e Cano Paz de Librería Paz contestaron ás súas preguntas con moita paciencia como profesionais que son ámbolos dous; os profes esperamos que tras este encontro os nosos rapaces e rapazas valoren a sorte que temos de ter un bo libreiro ao noso lado e que unha gran superficie nunca nos dará a palabra, a confianza, o achegamento e o consello dun bo libreiro coma os que nos acompañaron esta mañá.
Parabéns aos libreiros polos seus esforzos e ao alumnado polas súas preguntas.


Día das librarías on PhotoPeach

martes, 27 de noviembre de 2012

¿Puede la amistad vencer a la ideología? ENDEREZO DESCOÑECIDO DE KRESSMANN TAYLOR.



Llega hasta nuestras manos -recomendada por el escritor  Agustín Fernández Paz como un libro con vida que todo profesor debe presentar a sus alumnos- esta breve novela epistolar que nos presenta una cruda situación histórica, el ascenso de la ideología nacionalsocialista al poder en la Alemania previa a la Segunda Guerra Mundial (1939-1945) planteándonos -al tiempo que nos presenta una época histórica que no debemos olvidar- un dilema: ¿Puede la amistad imponerse a la ideología? ¿Somos amigos de nuestros amigos o somos seres políticos?

Max  y Martín son amigos y socios en una galería de arte sita en California, ambos son alemanes de origen,  además Max es judío; cuando Martin regresa a Alemania poco a poco se ve ilusionado, impregnado , contaminado…  por la ideología nazi lo que llevará a ambos protagonistas a tener que escoger ¿su amistad sincera o el sueño de la nueva Alemania?

A través de las cartas que los dos protagonistas se envían, asistimos al ascenso de la nueva política alemana y comprobamos el aumento de la tensión, la argumental y la narrativa; Mediante las palabras de Martín  podemos comprender ¿Justificar? la aceptación del destino del pueblo alemán. A través de las epístolas  de  Max  intuímos el miedo, la sorpresa, la indignación, el holocausto. ¿ Como resolverá la autora este conflicto?

Esta breve novela publicada por primera vez en 1938 en la preguerra y editada ahora en gallego,  nos transmite dos vidas que son reflejo de dos mundos –el americano y el alemán-, de dos etnias – la aria y la judía-  dos hombres, dos amigos enfrentados por la ideología, ambos buscando un camino, una solución en medio del laberinto de una época muy  turbulenta.

De una manera concisa la autora con maestría, nos  sitúa ante una realidad , una encrucijada que solo la lectura de la obra nos resolverá.

Kressmann Taylor Enderezo descoñecido Edicións Xerais de Galicia.

Reseña para el concurso del blog:




convocado por el blog "Libros y literatura":





sábado, 24 de noviembre de 2012

IES Pintor Colmeiro: A violencia psicolóxica contra as mulleres.

Seguimos recompilando materias elaborados nos centros co motivo do Día da violencia en contra das mulleres e desde o IES Pintor Colmeiro, permítennos amablemente publicar os vídeos que as alumnas de 1BC elaboraron para facernos reflexionar contra esa violencia picolóxica exercida en moitos fogares, que non por cotiá ou por que non sae nos medios de comunicación é menos dura.
Os nosos parabéns ao estupendo traballo destas chicas e ao labor de coordinación e difusión da súa profesora, Gracia Santorum.





viernes, 23 de noviembre de 2012

Programa de RADIO PATIO en contra da violencia de xénero.


O próximo luns, ás 11.30 poderemos escoitar a emisión de Radio Patio en contra da violencia de xénero co seguinte programa poético:


 RADIO PATIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
(26/11/2012)

Introdución: Luis Miguel (2º Bach. A)
Francisco: Ofelia (3º ESO A)
Mar Moldes (2º bach B): Marilar Aleixandre O sangue en tinta.
Yessica e Cheyenne (2º bach A): Rosalía de Castro Nasín cando as prantas nasen
Borja (2º Bach, B): Marta Dacosta Non é amor.
Sofía (3º ESO B): Kiko Neves O poema de Lucía
Brais (2º bach. A): Helena Villar  O deseño das mans
Raquel (2º bach. B) Marica Campo Sextina das mulleres mortas
Juán Carlos (2ºbach, A) Xesús Constela Tiñádelo que ver
Noelia, Elvira (3º ESO B), Gabriela (voces 1,2 e 3)  Marga do Val Un berro de rapariga violada
Silvia (3º ESO B) Estevo Creus 1 muller golpeada
Lorena e Laura. (3º ESO B)  Antía Otero Non escondo
José Antonio (3º ESO D) Víctor Manuel Canción das mulleres mortas.
                                                                            
 A selección de música será de alumnos de 4º de ESO e está relacionada co tema. Repartiranse entre os participantes pegatinas co lazo distintivo do día.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Presentación de: EN VÍAS DE EXTINCIÓN de MARÍA REIMÓNDEZ


O pasado xoves día 15 asistimos na Librería Paz á presentación da nova novela da escritora María Reimóndez En vías de extinción. Unha presentación moi acreditada pois a autora viña da man de Fran Alonso e de Eva Mejuto.

Primeiramente falounos  Fran Alonso que para introducir a súa valoración da obra dixo que esta presentaba un novo paradigma social e ten puntos de contacto coa obra en xeral da autora; a novela relátanos a traxectoria vital da protagonista, Gaia, unha muller-toxo, lesbiana, feminista, galeguista... Dinos Fran Alonso que se trata dun relato dun vitalismo profundo, contado sen pelos na lingua  e presenta unha estrutura árborea logo que as distintas partes da novela reciben nomes de árbores, non é unha estrutura lineal do mesmo xeito que as pólas das árbores non son lineais, crean un caos moi ben organizado. A respecto da lingua resulta novidosa a utilización dun galego dialectal, do bloque oriental, zona ancaresa o que lle outorga  verosimilitude ao personaxe.


Continúa Fran Alonso explicando que o discurso ideolóxico é coherente - Gaia exhibe a súa ideoloxía, non a esconde- e a obra resulta multitemática: feminismo,ecoloxismo, reivindicación lingüística, lesbianismo, amor, sexo, liberdade individual. Estamos ante o retrato da sociedade actual e a autora pon en valor a rebeldía e o rexeitamento, defendendo a súaforma de pensar heteroxénea; na novela está implícita a reivindicación da diferencia e da singularidade que nos levará cara a unha sociedade máis plural.

A editora Eva Mejuto comentou que a novela non é unha obra predicible, que ten forza, sensibilidade, intelixencia  e coherencia. Gaia non é o trasunto literario de María Reimóndez pero ambas, autora e personaxe comparten aspectos e ideoloxía; para Eva o que prende á a forza da personaxe, é unha figura importante polo que move nas nosas consciencias e nas nosas contradicións. Á Gaia prestánlle as isoglosas, gústanlle a lingua e as mulleres, ela é un alimento para o espírito, ten a pureza, a inocencia e a forza.

María Reimóndez comeza dicíndonos: " Que cada presentación do libro deixe algo nos que asisten á mesma; prefiro que os libros falen - non me gusta falar dos libros- as cousas proveñen da súa cerna: a súa orixe paterna, a lingua que foi perdendo pero que sigue no seu interior e unha certa actitude vital, pero eu non son Gaia"; prosigue: " hai moito de min nesta novela que abre a porta a un universo literario no que traballarei a partir de agora".

De seguido leunos un fragmentos da novela e un texto inédito que podesdes ler nesta páxina da súa novela:

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Acrósticos no Día da Biblioteca.



Estes son os poemas seleccionados de entre todos os que alumnos e alumnas de 3º de ESO escribiron para celebrar o día da biblioteca e que logo colgaron nela creando un fermoso tendal cheo de versos:



domingo, 11 de noviembre de 2012

AVELAÍÑAS DE POESÍA GALEGA


Avelaíñas de versos en galego xiran ao meu redor nas voces dunha chea de xente nova que esta fin de semana participaron nas Xornadas de Literatura e Ensino organizadas pola AELG en Compostela:
Lucía Aldao, María Lado, Dores Tembrás, Ledicia Costas, Lorena Souto, Daniel Landesa, Xabier Sil...
Coa súa poesía transportaron ao auditorio ao mundo da sonoridade das palabras, dos sentimentos e do sentido, das rimas e das connotacións; as súas creacións enchéronnos de espranza nun futuro da lírica na nosa lingua e coidamos que das súas plumas saíran poemas que achegarán á nosa literatura aos máis altos cumes. Transmiten forza, expresividade, sensacións e temas universais que se imprimen na nosa pel e  fannos levitar.
Graciñas a todos eles por debuxarnos a espranza e o futuro para a poesía galega.

"habito un xardín

e a miña cabeza xira
ao compás do mapa mundi da vida"

Ledicia Costas Corazón de inverno

Queridísima Pan-tasma

Pola túa culpa souben o que era agocharse nos baños a duchar os poemas, 
Enchelos de colonias esdrúxulas
E cambiarlles a suciedade por elipses... 

Protesto porque me faltan versos. 

Lucía Aldao

Desde aquí queremos recomendarvos o seu espectáculo "A hostia en verso" que vos fará sentir dun xeito alegre e divertido toda a forza da palabra nos seus novos sons.


Poesía galega contemporánea on PhotoPeach