Mostrando entradas con la etiqueta poesia visual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesia visual. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA PAZ 2014 na biblioteca do IES de POIO

Para celebrar o Día da Paz este curso, os alumnos e alumnas de 4º da ESO A deseñaron estes orixinais COLLAGES que están expostos nos corredores do noso centro:


                 

Algúns deles preséntannos composicions orixinais dos propios alumnos e alumnas, outros reproducen versos pola paz de poetas galegos coma Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane ou José Ángel Valente...

A tarefa serviulles para estudiar a poesía visual e outros tipos de poesía alternativa e para reflexionar sobre o tema da Paz no mundo.

Deixámosvos pois cos versos de Brais Rei: 

Só hai unha palabra 
que ten mares,
que frea tempestades,
que sanda fogares.



Aquela palabra...
que todos coñecen
que moitos a falan,
que poucos a proban

Esa palabra que subxuga os corazóns dos homes
que perde os ancestrais valores
que sofre baixo linguas sen cores

Uns poucos inocentes coñecen a palabra
que o mundo cambia
a palabra
que o mundo sanda.

RADIO PATIO POLA PAZ 2014

Esta mañá tivemos uns invitados en Radio Patio moi especiais: o alumnado de 1º de ESO D que protagonizou este ano o noso programa especial pola paz.
Os poemas lidos polos alumnos son de poetas consagrados e os lidos polas profesoras son autoría dos propios alumnos.
Estaban todos moi nerviosos pois era a súa primeira actuación radiofónica pero fixérono estupendamente; no seguinte podcast podedes escoitalos




e tamén podedes velos:

Dia da Paz 2014. Radio Patio on PhotoPeach