Mostrando entradas con la etiqueta Uxío Novoneyra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Uxío Novoneyra. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de febrero de 2011

ANTOLOXÍA DE UXÍO NOVONEYRA (Maio 2010)



Publicamos -cun certo retraso- a montaxe poética que a Comunidade Educativa do IES de POIO elaborou para homenaxear a Uxío Novoneyra no Día das letras Galegas 2010: A poesía sempre ten e terá momento e oco entre nós.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Celebración de UXÍO NOVONEYRA : "Os eidos" quinta esencia da natureza e da comunión do home coa natureza e coa patria. (Xosé L. Méndez Ferrín)

Hoxe tivo lugar en Pontevedra o acto "Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999)", presentou Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística que informou sobre o contido do caderno Ramón Piñeiro nº XIV, ao que se referiu como "libro fermosamente traballado que lle encantaría ver a Uxío Novoneyra".

A seguir tomou a palabra Herminio Barreiro que citou: "se Deus falase galego sería coa voz de Uxío Novoneyra", " con Uxío pódeme o personaxe, a súa capacidade de ensoñación, lírico, épico..." .

Daniel Pino afirmou coñecer a voz antes cá persoa, "Uxío fíxome amar e ensinar a poesía desde unha perspectiva de voar alto e pisar a terra, e que o meu idioma era a lingua que agora alguén segue a terlle medo (...) Saúde onde esteas, amigo. "

Luís Cochón continuou citando ao poeta: "En poesía non debe haber palabras sobrantes".

Xosé Luís Méndez Ferrín realizou unha fermosa viaxe pola poesía de Novoneyra: " O preludio desde a poesía á soidade do individuo, as palabras que parten do corazón que se sinte individual e único no mundo". Na traxectoria do vate destaca os anos 50 cando Uxío decide que os poetas galegos debían ter un nome unido ao lugar de procedencia (e só o fai Avilés de Taramancos), do 57 son os textos oratorios.

En Madrid - continúa Ferrín- Novoneyra abrése a outra dimensión poética, o ton elexíaco, dramático da súa poesía, a dimensión política e revolucionaria: o poeta é revolucionario dentro da revolución e revolucionario na poesía ( Vietnam canto: os imperios poden ser vencidos e humillados polos pobos).

Nos 60, A letanía de Galiza e finalmente a retirada ao Caurel, a última xeira, insiste na caligrafía e nos aspectos plásticos.

Remata Ferrín a súa especial homenaxe a Novoneyra dicindo que foi excluído da Academia Galega coma outros grandes poetas (Celso Emilio Ferreiro por exemplo) pero afirma que iso non volverá acontecer.