Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro de kamishibai. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro de kamishibai. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de abril de 2014

Presentación do libro "O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO"

Tras o obradoiro de kamishibai e xa dirixíndose ao alumnado de 1º de ESO en xeral, sempre dentro das actividades programadas para a semana do LIX, Suevia Sobral e Riu presentáronnos o libro-disco  "O meu marabilloso sombreiro" escrito por Akiko Ishihara ( a nai de Riu) e ilustrado pola propia Suevia Sobral (ex-alumna do noso instituto).

Despois das presentación aos noso alumnos e alumnas,  entrambos Suevia e Riu, representaron o conto co seu kamishibai que chamou moito a atención do alumnado, por ser a presentación na lingua galega e na xaponesa e pola técnica do propio teatrillo que eles descoñecían.




Para rematar a súa actuación, e tras varios ensaios entre todos despedímonos cantando unha fermosa canción do seu disco.


OBRADOIRO DE KAMISHIBAI. "O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO"

Continuando coas actividades da semana do LIX, esta mañá recibimos na nosa biblioteca a Suevia Sobral e a Riu que nos visitaron para realizar un obradoiro de kamishibai co alumnado de clubs de lectura de 1º de ESO.

Foi unha visita moi especial se temos en conta que Suevia é ex-alumna do noso centro e os seus profesores e profesoras estabamos encantados de tela de novo entre nós.

Despois de ensinarnos como funciona un kamishibai a través da posta en escea do conto dos budas cantan ( bilingüe galego/xaponés), os rapaces e rapazas achegéronse para coñecer o teatriño máis de perto, facerlle preguntas e tomar nota dos seus consellos para que no futuro eles poidan poñelos en práctica:




Obradoiro de Kamishibai on PhotoPeach

                     

Rematamos a sesión cantando todos e todas xuntos unha canción popular xaponesa que está incluída no seu libro "O meu marabilloso sombreiro":