jueves, 29 de abril de 2010

UN LIBRO, UN CARAVEL

De novo, O DÍA DO LIBRO, os libros da biblioteca quixeron saír dos andeis; como o tempo non nos favorecía tivemos que ficar na entrada, nas escaleiras, e en todos os lugares posibles, (estas chicas da dirección, María e Elena que nos organizaron persoal e espazos dun xeito orixinal e eficaz, como vedes nas fotos). Profes e alumnas, en compartida tarefa, man a man realizaron o préstamo e distribuíron os carabeis; tod@s colaboraron e disfrutaron cos libros e coa lectura, como debe ser nun día de festa.
Parabéns para tod@s.

jueves, 22 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Aquí temos os traballos do día do libro dos alumnos de 1º de ESO: Jonathan, Eva, Silvia, Belén, Carmen, Álvaro, Alicia, Nerea, Óscar, Adrián, Silvia, MFRS, Rebeca, Judith, Jessica, Alex, Joel, Jaime e Sara e moitos máis.
Parabéns para todos, polos seus traballos e polas súas opinións sobre a lectura, seguro que no futuro serán uns marabillosos lectores.

domingo, 18 de abril de 2010

O ROTEIRO DA PRAIA DOS AFOGADOS

O mércores día 15, dentro dos actos programados pola nosa biblioteca para conmemorar o Día do Libro infantil e xuvenil, realizamos con outros IES de Galiza ( das Neves, Viveiro, Pontevedra...)o roteiro organizado arredor da trama da segunda novela de Domingo Villar "A praia dos afogados" que transcorre en escenarios como Vigo ou PANXÓN.

O tempo acompañounos regalándonos un fermoso día de primavera; chegados a Panxón fomos recibidos polos amables representantes da Editorial Galaxia (Fernando e Iolanda), entidade organizadora do roteiro, e tivemos o encontro co escritor Domingo Villar que nos contou a súa traxectoria ata chegar a ser escritor(" Sempre quixen escribir, sempre fun contador de cousas... as miñas novelas son contos de amor a unha terra, disfrazados de novela negra").

Dalí nos diriximos a Monteferro onde nos esperaba o noso experto en toponimiaXosé Lois Villar, despois dunha curta pero agreste camiñada polo monte, coas illas Cies como marco, falounos da toponimia da novela, de como os mariñeiros se orientan no mar, de como botan as nasas e como as recuperan sempre arredor da trama da novela.

De volta en Panxón, recibiunos a actriz Ana Carreira que dirixiu os nosos pasos polo pobo e pola novela: a praia dos afogados, a igrexa votiva de don Xosé, e moita imaxinación, posta en escea impecable...

Ás dúas, o xantar e moita praia, despois da mañá literaria era de merecer, e moitas novas: Domingo Villar está preparando a terceira entrega do inspector Leo Caldas e xa hai productora de cine para o filme de A praia dos afogados... as nosas cábalas: o actor Luís Tosar sería ideal para encarnar a Leo Caldas, non si????????

lunes, 12 de abril de 2010

Fran Alonso no IES de POIO, celebración do Día do libro infantil e xuvenil.

Esta tarde tivemos con nós a un orador de excepción para celebrar o Día do libro infantil e xuvenil: Fran Alonso e os seus Males de Cabeza.
Durante máis dunha hora o escritor respondeu ás preguntas dos nosos chic@s, Por que non subiu ao tren a Señora Lola? Cal é o seu relato preferido? Hai algo de machismo en Domesticum bellum?... e fixo a súa especial aportación á nosa celebración: Os libros nos proporcionan liberdade, axúdannos a ter múltiples perspectivas, a coñecer máis cousas por nós mesmos; en Males de cabeza falo, por exemplo, do medo a tomar decisións, dos medos que xeneran crises, neuroses, o mundo que nos rodea é un pouco neurótico.
A literatura é prescindible, ler é imprescindible; a literatura para divertirse, o humor, e en Males de cabeza hai moito de humor.
Para rematar o encontro cun broche de ouro, Fran Alonso leunos o manifesto do día do libro, o fermoso texto sobre a lectura de Eliacer Cansino:
" non esperes máis, estende a túa man, toma un libro, ábreo, le"

viernes, 9 de abril de 2010

PROGRAMA do DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O vindeiro luns celebraremos na nosa biblioteca o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL" que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen; a nosa biblioteca uniuse a distintas organizacións como a OEPLI (Organización española para o libro infantil e xuvenil) ou GALIX (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) para celebralo; estes son os actos que realizaremos con ese fin... cal?????? o de fomentar a lectura, claro.... • Lectura do manifesto pola lectura do escritor ELIACER CANSINO e o cartel de NOEMÍ VILLAMUZA que este ano preparou a OEPLI, e que en todos os países do mundo se lerá ás 12,00 horas ou ás 18,00 horas do día 12 de abril. • Encontro dos alumnos de bacharelato co escritor galego Fran Alonso, autor do libro de relatos “Males de cabeza”. • Exposición escolar sobre o tema de literatura e cine.
Aquí vos deixamos un pequeno fragmento do manifesto: Así que… non esperes máis, estende a túa man, toma un libro, ábreo, le: descubrirás, igual que na canción da miña infancia, que non hai barco, por pequeno que sexa, que en pouco tempo non aprenda a navegar.” Eliacer Cansino

martes, 6 de abril de 2010

COPIAR, PEGAR E PODER MODIFICAR: A ARTE DO HIP-HOP

O HIP-HOP ACOMPAÑOUNOS esta mañá no IES de POIO, concerto e mesa redonda sobre música e compromiso social. Aprendemos de formas contaculturais: Rap, Graffitty, música electrónica, dous vinilos e unha mesa de mezclas, un ritmo que sigue; optamos polas artes positivas, Paz e igualdade=Positividade. As artes do hip-hop como AUTOESTIMA (PARA AXUDARTE, PARA ANIMARTE); usamos a palabra en forma de RAP para dicirlle ao mundo o que temos que dicir sen censuras.