jueves, 30 de diciembre de 2010

O NADAL DIXITAL

A historia do Nadal en versión dixital, moi curiosa: Que acontecería se o neno Xesús nacera na actualidade?????

domingo, 19 de diciembre de 2010

SER PROFESSOR

Esta vez vai para nós, coa fin do trimestre, das aulas, dos exames, dos pais... de todos os sinsabores e de todas as clases marabillosas, vai por nós este presente:

viernes, 10 de diciembre de 2010

O CROMOSOMA DOS DEREITOS HUMANOS de FRAN ALONSO

MEDITAMOS:
No día dos Dereitos Humanos (10-12-2010) deixámosvos estas reflexións de Fran Alonso sobre o tema, a primeira parte do texto é moi crúa (real como a vida mesma):  " ¿Cara a onde camiñamos? ¿Unicamente cara a un mundo gobernado pola cifras? Pois esas mesmas cifras certifican que arredor de 350 persoas ingresan anualmente nas súas arcas particulares a mesma cantidade de diñeiro coa que viven
2.700 millóns de seres humanos".
A segunda e última é máis positiva: " Pero, se temos vontade, a poesía renacerá con ímpeto da crise financeira. Porque se somos capaces de crer no futuro, tamén seremos quen de construílo.
Como John Lennon, asasinado hai trinta anos en Nova York, podemos imaxinar que non existe o ceo. Imaxinémolo. É doado se o intentamos.Se somos quen de crer nos Dereitos Humanos, seremos quen de respectalos. Non pode haber credo máis verdadeiro nin relixión máis universal.
E tamén hai que crer na utopía. Porque só se conseguen as cousas nas que se cre. E porque o respecto aos Dereitos Humanos, construídos a partir da palabra, asentan no individuo o cromosoma máis característico que identifica á nosa especie: a racionalidade."

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Reflexións sobre os datos PISA 2009, Bibliotecas Escolares e Ensino.

Onte publicáronse as conclusións das probas PISA do 2009: O alumnado galego mellora os seus resultados en comprensión lectora situándose por encima da media española –cinco puntos por encima da media e sete puntos máis adiante con respecto ao 2006- así mesmo progresa en competencia matemática (materia ata agora impatida en galego).
Estes datos lévannos a reflexionar sobre esta evolución que se relaciona directamente coa lingua e coa lectura; fálase de competencia lectora e ao tempo fálase das materias de lingua e literatura e ninguén menciona o labor levado adiante durante estes anos das Bibliotecas Escolares, ou citar os Clubs de lectura dos nosos centros de ensino, algo terán que ver con esta mellora, non si? Desde o meu punto de vista é un labor día a día, lectura a lectura, o noso traballo non é estritamente académico e non por iso menos rigoroso, o alumnado acode a nós para ler e nós abrímoslles portas ao lecer mais tamén á información, a comprensión lingüística, a competencia lectora, a alfabetización…

Relacionado con estes datos de PISA está tamén o futuro do ensino: Son a lectura, a busca de información, a síntese e a análise dos textos o eixe central da aprendizaxe, unha aprendizaxe actual acorde cos novos medios de comunicación e as novas tecnoloxías? Descartaremos por fin o libro de texto como único recurso e levaremos aos nosos alumnos ás biliotecas para consultas miquis, webs educativas, xornais dixitais, blogs, bibliotecas virtuais?

Mellorarán entón os resultados do informe PISA?

domingo, 5 de diciembre de 2010

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día tres de decembro celebrouse o "Día internacional das persoas con discapacidade", aquí vos deixamos este fermoso vídeo arredor do tema baseado no conto da autora Isabelle Carrier e coa melodía da banda sonora de Up - "Married life" de Michael Guiacchino- moi na liña da novela gráfica que están lendo os nosos chicos no Club de banda deseñada: "María y yo".
Creo que ambos, o conto e a novela axúdan a sensibilizarnos con estas persoas:


miércoles, 1 de diciembre de 2010

Premiado o ourensán David Rubín na categoría de "mellor obra estranxeira" na República Checa


Se David Rubín xa levara no 2006 o gran galardón do Salón do Cómic de Barcelona pola súa obra “La tetería del oso malayo”, e no primeiro trimestre deste ano o premio ao “mellor autor completo” no festival Fullcómics en Sarzana (Italia), agora acaba de recibir o premio á “mellor obra estranxeira” na Repúbica Checa, en concreto, no Komiksfest de Praga. Parabéns David! Estamos moi contentos e pensamos que o mereces moito!



Por outra banda, “La tetería del oso malayo” en breve estará nas librerías de Francia traducida ao francés.




Destacamos a recente estrea do documental sobre David Rubín, Radiografía dun autor de tebeos, dirixido por Marcos Nine. O ourensán de BD, David Rubín, plasma nunha historieta como se sente no momento en que a súa vida está a ser gravada para un documental. Aí vos deixamos co Trailer...