Mostrando entradas con la etiqueta ciencias sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias sociais. Mostrar todas las entradas
domingo, 18 de marzo de 2012
200 ANOS DA PEPA
O 19 de marzo, fai douscentos anos, aprobouse a primeira Constitución española, pola que España deixaba de ser un país gobernado por unha familia a estar gobernada polos representantes elixidos. As cousas non foron fáciles. A Constitución etivo só en vigor dous anos, pois o rei Fernando VII, cando regresou de Francia en 1814, impuxo pola forza, de novo, a súa autoridade absoluta. Seis anos despois, tamén por la forza, o rei quedou obrigado a aceptar a Constitución (a "Pepa") pero outra vez pola forza, tres anos despois, o despotismo e o abuso se impuxo en España.
Polo tanto, todo o esforzo para que? Para sementar un graniño que logo daría os seus froitos, aínda que moi paseniñamente. Coa Constitución empezou a liberdade de expresión, a liberdade de prensa, a liberdade para asociarse, para que existisen partidos políticos, para que a xente puidese votar e elixir os seus representantes. España sufríu varias guerras civís dende 1812; moitos réximes políticos; a historia de España (e de Galicia con ela) foi tortuosa e difícil, inxusta para a inmensa maioría, pero hoxe temos un réximen imperfecto aínda que democrático; con moitos defectos pero donde algúns dos dereitos fundamentais son indiscutibles.
Aquela Constitución de 1812 foi a tataraboa da actual Constitución española, que debemos coñecer e á que debemos acudir para defender os nosos dereitos.
Curavacas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

