domingo, 27 de marzo de 2011

lunes, 21 de marzo de 2011

A NOSA PEQUENA HOMENAXE AO POBO XAPONÉS NO DÍA DA POESÍA.


"... Hoxe, 21 de marzo, Día da Poesía, no IES de POIO e en Radio Patio queremos solidarizarnos co pobo xaponés e a través dos seus poemas, HAIKUS, facerlles unha pequena homenaxe..."
Así comezaba a retransmisión de Radio Patio esta mañá no tempo de lecer; música e haikus desde o rural de Galicia ata as lonxanas terras do Xapón en sinal de confraternización; compatimos as súas dores e combatémolas con poemas.

Tamén se quixeron unir ás nosas palabras escritores galegos que nos enviaron polas ondas dixitais os seus haikus:

                                                       "Hoxe poalla.
                                                Eu estou aparvado.
                                                 Foxen os ratos. "                    FRAN ALONSO

                                              "O vento pasa
                                          e pousa nos teus labios
                                                 bágoas de mar."             MANUEL PORTAS

... E doutros mares como o Mediterráneo, en noite de Fallas:

                                                 "Llega furiosa
                                              entre fuego y pólvora
                                                 la primavera."                      FELIPE ZAYAS

E doutras bibliotecas coma a do Río Cabe en Monforte enlazamos este fermoso Gloster:


domingo, 20 de marzo de 2011

21 de Marzo, Día Mundial da poesía: Viaxe pola obra de MONET

A poesía pode residir tamén nas imaxes ou na música e máis na obra dun gran artista como Monet. Non deixedes de ver esta fermosísima viaxe chea de poesía que nos chega a través de Edublogs sobre a exposición de Monet en Paris no 2010:

http://www.monet2010.com/es#/voyage/

sábado, 19 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA POESÍA, 21 de marzo 2011

O 21 de marzo é o día que a UNESCO declarou como o Día Mundial da Poesía: "De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra parte, este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover a ensinanza da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demáis manifestacións artísticas, coma o teatro, a danza, a música, a pintura..."
Vén crear HAIKUS con nós... a nosa pequena homenaxe co pobo xaponés...


lunes, 14 de marzo de 2011

FESTIVAL de ENTROIDO 2011 no IES de POIO

Aquí tedes as divertidas imaxes do festival de entroido deste ano: Parabéns aos gañadores dos premios.

martes, 8 de marzo de 2011

Dos 69 millones de menores sen escolarizar en todo o mundo, máis da metade son nenas



Dos 69 millones de menores sen escolarizar en todo o mundo, máis da metade son nenas: A Campaña Mundial pola Educación regresa este ano para reivindicar o acceso á alfabetización de mulleres e nenas.
A Semana de Acción Mundial pola Educación (Same), realizarase  este ano entre 11 e 17 de abril  baixo o lema "A educación non é unha historia: polos dereitos das mulleres e nenas", miles de persoas en todo o mundo, serán mobilizados para esixir dos líderes políticos un maior compromiso en garantir o dereito á educación do colectivo feminino.

 http://www.educacionsinfronteras.org/es/82/271124/?month=0&year=2011


sábado, 5 de marzo de 2011

É MENTIRA: Visitamos o 12º Salón do Libro.


É mentira é o lema co que se desenvolve o 12º Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra que no día de onte tivemos o pracer de visitar profes e alumn@s dos Clubs de lectura do IES de POIO.
Gozamos cos traballos realizados polos rapaces e rapazas dos coles de Pontevedra e os seus arredores, xogamos cos espellos que nos mudan a realidade, cos distintos espazos creados no salón coa fin de amosarnos como os nosos sentidos poden enganarnos.
Vimos as mentiras dos personaxes de Disney , ou dos pitufos, ou dos Simpsons.
Por suposto que tamén medimos os nosos narices, como Pinocho, para constatar a magnitude das nosas propias mentiras; de certo que comprobamos como "polo mar corren as lebres e polo monte as sardiñas".
Aprendemos máis cousas da escritora Gloria Sánchez e fixemos fotos con ORBLI, a mascota do Salón do Libro:



PARA REFLEXIONAR: A EDUCACIÓN, UNHA GRAN HISTORIA, polos dereitos das nenas e das mulleres.

A través de Educación sen fronteiras, insertamos este vídeo que nos fala da educación e dos dereitos das nenas e das mulleres, recarga a túa pilaaaaa: