martes, 17 de diciembre de 2013
Recomendando Ciencias:
Etiquetas:
ciencias,
ler ciencia,
recomendacions
jueves, 12 de diciembre de 2013
Lectores do Nadal
Tamén nos beléns de NADAL hai lectores, figuriñas que len nin máis nin menos que a Regra de San Bieito, éun libriño de cera, miniatura do século XVIII:
Recomendacións lectoras desde "O Segrel do Penedo"
Desde a biblioteca de "O segrel do Penedo" de fene chégannos estas fermosas recomendacións lectoras:
miércoles, 11 de diciembre de 2013
A lenda do visgo e o acivro, unha historia de amor para o Nadal.
Chegadas estas datas entre exame e exame xa imos pensando no tempo de lecer, nas festas e nos turróns.
Na nosa biblioteca o verde e o vermello fixeron presencia pero sabemos o porqué destas cores???
Tamén temos unha póla de acivro pendurado da porta por aquilo do bico pero coñecemos a lenda do visgo e o acivro???
O acivro ten os froitos vermellos e o visgo ten os froitos brancos.
O costume de colgar o visgo nas portas e bicar a quen se atope debaixo está asociada a unha serie de interpretacións das tradicións celtas que consideraban esta planta como portadora da boa fortuna e a fertilidad, de aí o do bico .
Pero, xa na Idade Media,
os cristiáns consideraron demasiado pagán este adorno e a súa
simboloxía celta e cambiárono polo accivro pero non variaron o
costume de nadal do bico ( está claro que sexa con visgo ou con
acivro, o dos bicos, gustaba a todo o mundo). E o máis curioso é
que , tamén introduciron unha tendencia decorativa , facendo que a
cor verde e a cor vermella se considerásen distintivos do Nadal.
A lenda do bico debaixo
do visgo chéganos de man do deus da paz, Balder, este foi ferido e
morto por unha frecha de visgo, isto entristeceu moito ao resto dos
deuses, que conmovidos polos choros da amada de Balder,
restituíronlle a vida para que continuase eternamente co seu amor.
Por iso, en tributo a esta paixón sen fin, Balder ordenou que cada
vez que unha parella namorada pasase por baixo dunha rama de acivro ou visgo, se bicasen para perpetuar o seu amor.
Dito isto, sexa acivro ou
visgo, o do bico mantense. Xa sabedes ir pola biblioteca pode ser unha boa disculpa para bicalo ou bicala...
martes, 10 de diciembre de 2013
Sobre zombies e lingua galega.
Unha parodia sobre a situación da lingua galega no ensino:
Bravo polos alumnos e alumnas do IES Pazó da Mercé.
E a canción:
E a letra:
Bravo polos alumnos e alumnas do IES Pazó da Mercé.
E a canción:
E a letra:
Historias dunha terra de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos na voltas que a música nos da.
Camiña e fazer camiño
Escoitar, aprender e compartir.
As dornas de Combarro loitando contra o mar
Etiquetas:
lingua galega,
normalizacion,
sociolinguistica
lunes, 9 de diciembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)