viernes, 27 de febrero de 2015

Artur Noguerol na biblioteca : As linguaxes multimodais


Grazas á colaboración do CEFORE de Pontevedra recibimos a ARTUR NOGUEROL que realizou dúas sesións na nosa biblioteca:

  •  Unha fóra de horario lectivo dirixida a profesores que participan en proxectos e grupos de traballo coordinados polo CEFORE de Pontevedra arredor na que lles falou das linguaxes multimodais e sobre a aprendizaxe integrada das linguas; revisou os pasos dos seus proxectos e orientounos sobre como traballar en distintas linguas en espiral cun momento de partida monolingüe pero co desenvolvemento plurilingüe. faloulles da estrutura social da aprendizaxe, como organizar grupos, como conseguir que o alumnado sinta o proxecto como seu. E como non tamén falou de para que serve o produto final do proxecto (para saber que quero).
  • Ao dñia seguinte realizou unha sesión práctica coas profesoras e co alumnado de 1º de ESO que participa no proxecto "Cómete a lingua". Díxolles aos nenos e nenas presentes que a lingua "apréndese usándoa, dun xeito diverso, nunha diversidade de soportes e do uso de distintas linguaxes e códigos" e realizaron actividades recollidas na páxina: unilat.org/OPEL/intercomprension/itineraries_romans/modules
Unha marabilla de sesións e unha grande oportunidade para a nosa biblioteca.

miércoles, 25 de febrero de 2015

sábado, 21 de febrero de 2015

21 de Febreiro, Día da lingua materna

Tema de 2015: A educación inclusiva por medio del idioma e con el – Os idiomas contan.





viernes, 13 de febrero de 2015

Fórmándonos coma cidadáns: Proxecto asambleario de 2º de ESO A.

Na materia de "Educación para a cidadanía" e na "Titoría"de 2º de ESO A están acontecendo cousas moi interesantes: O alumnado reunido en asamblea está desenvolvendo un proxecto que ten coma obxectivo final costear a súa excursión, isto non é novo, a innovación está en que o alumnado constituído en asamblea propón, debate, vota e decide democraticamente as propostas duns  e doutros, desde o obxectivo final ás prácticas todo se debate, todo se vota (tres votos en contra anulan as decisións).
Desde a elaboración dunha Constitución coas súas normas adaptadas, o estudo do sistema de debate, a elaboración de argumentos, as falacias... todo un exemplo de modelo de cidadanía ata a creación de textos formalizados para comunicarse coa Dirección do centro e co Concello de Poio, assolicitudes de audiencia cos seus representantes no Concello ou a organización da Rolda de prensa, todo está nas súas mans.


Coordinando todas as actuacións o seu profesor de Cidadanía, o seu titor: Jorge Abel que con moitas enerxías marca as pautas, que non dirixe, os pasos dos seus rapaces e rapazas. Peromellor será que os escoitedes na rolda de prensa que antonte celebraron os rapaces e rapazas (acompañados do seu profesor e do sr. Alcalde de Poio por convite dos propios alumnos e alumnas).

Proxecto asambleario 2º ESO A on PhotoPeach
               

EU SON ROSALÍA ( Día de Rosalía, 2015)



Ao longo desta semana os alumnos e alumnas de 2º de ESO D estivémonos preparando para participar na actividade organizada pola AELG, "EU son ROSALÍA", co gallo de celebrar o Día de Rosalía 2015.

Primeiramente informámonos da súa vida, da súa obra e do seu valor coma escritora galega e como muller no sécuño XIX; textos, vídeos, internet... axudáronnos nas nosas pescudas; logo debemos seleccionar o aspecto da súa vida ou obra co que nos sentiamos máis identificados e finalmente hoxe fomos á biblioteca para completar as nosas escollas con versos seleccionados das obras da nosa autora.

( Imaxe de Rosalía de El Patito Editorial)


Preparamos o noso recuncho rosaliá e botamos man da imaxe de Rosalía que xa tiñamos deseñada e chegamos ao momento da verdade, a gravación do vídeo (nervios, equivocacións e tomas falsas...), este é o resultado final, esperamos que gustedes del:


lunes, 9 de febrero de 2015

"Amar con los cinco sentidos". Saborosas recomendacións que nos chegan desde Asturias.

A nosa amiga das Redes bibliotecarias Chelo Veiga García elabora estas marabillosas recomendacións de lectura, cine e música para o 14 de febreiro.
Botádelle unha ollada, son selectas e escollidas,  rebosan sentimentos, sabores e olores:

viernes, 6 de febrero de 2015

Encontro con Marcos Calveiro

Esta mañá tivemos o grande pracer de recibir de novo ao escritor MARCOS CALVEIRO na nosa biblioteca; xa nos acompañara no 2011 coa lectura de “O pintor do sombreiro de malvas” e encontrámonos de novo para falar desta mesma lectura (Club de 3º de ESO), de “Palabras de auga” (2º de ESO D e 3º de ESO C) e de “Todos somos”(3º de 20150206_101726ESO B).

Marcos fíxonos unha pormenorizada presentación das súas obras e logo os rapaces e rapazas puideron achegarlle as súas preguntas nun coloquio autor-lectores que resultou do máis gratificante.

 

A lectura:

Contounos que a lectura foi algo que sempre estivo presente na súa vida; na súa adolescencia  leu moitísimo: “ Os meus pais eran grandes lectores; tiven a sorte de que na miña casa había libros. O lecer daquela era bastante limitado non había internet nin consolas pero había libros; seguro que algún gran lector de aquí intentará escribir algo”.

  A escrita:

20150206_101834 O tempo que tardo en escribir un libro   depende do tempo que teño para escribir, tres  meses ou cinco anos; O proceso de documentación é moi longo, empreguei nove meses en escribir “O pintor” pero antes viaxei, documenteime, penso e penso ata que teña o final, primeiro escribo el final e logo escribo o resto.

Os finais abertos:

Todas as súas obras teñen un final aberto por que a vida é un final aberto, podes ter a túa vida organizada e de súbito todo muda, por iso me gustan os finais abertos. O libro que máis me costou de escribir foi “Festina Lente”, tardei cinco anos en rematalo. Non escribín ningún libro cun final pechado, todos acaban cunha fuxida.

O deber do escritor:

O deber do escritor é escribir, non teño afán de mandar unha mensaxe, eu fago literatura.

A lingua da súa escrita:

Eu escribo en galego por que o galego é a miña lingua.

E con estas palabras despedimos a súa visita, grazas Marcos por acompañarnos, esperamos que volvas de novo con novas historias para ler.

 

domingo, 1 de febrero de 2015

Radio Patio coa Paz 2015

O ENL do noso IES e a Biblioteca organizaron conxuntamente o programa de Radio Patio pola Paz 2015; Aquí vos deixamos un adianto do  programa:


Programa Día da Paz e a Non Violencia

LOCUTOR: Bos días e benvidos a un novo programa de Radio Patio

LOCUTOR: Un programa especial adicado a unha palabra especial.

LOCUTOR: Unha palabra curta, apenas tres letras, pero tan importante

LOCUTOR: A PAZ

LOCUTOR: Porque esta semana, concretamente o día 30 de Xaneiro celébrase o Día da Non Violencia e a Paz

LOCUTOR: E dende radio patio queremos sumarnos a esta celebración e hoxe faremos un programa especial adicado a esa fermosa palabra


LOCUTOR: PAZ
.................

LOCUTOR: Este ano queremos berrar moi alto a palabra "PAZ" porque:

LOCUTOR: Non queremos ver fotos de nenos que levan un arma en vez dun lapiz.
LOCUTOR: Non queremos escoitar máis Resolucións de Nacións Unidas que de nada serven.
LOCUTOR: Non queremos ver a persoas mutiladas nin cadeiras de rodas.
LOCUTOR: Non queremos corbetas, nin cazas, nin soldados.
LOCUTOR: Non queremos que sementen minas antipersoas senón campos de trigo.
LOCUTOR: Non queremos muros, alambradas nin Sirias.
LOCUTOR: Non queremos cuarteis senón escolas.
LOCUTOR: Non queremos máis campos de refuxiados nin persecucións.
LOCUTOR: Non queremos intolerancia de sexo, raza ou relixión.
LOCUTOR: Non queremos guerras, guerrillas, paramilitares, contras nin exércitos multinacionais.
LOCUTOR: Non queremos fame, orfandade, sufrimento, pobreza.
LOCUTOR: Non máis Colombia, Iráq, Siria, Afganistán, Exipto, Iugoslavia, Liberia, Camboia, Sudán, Congo, Ruanda, Palestina, Ucraína, Libia, Chechenia.

LOCUTOR: Por todo isto non nos queda outra cousa que dicir:

Os dous á vez: GUERRAS.............NUNCA MÁIS

...............
Sahara no corazón

Xa non sei onde ir,
Nin cando hei parar.
Xa non sei como durmir,
Nin que hei soñar.
Só sei cantarche ben alto
Esta canción
E sentirte, idolatrada Sáhara,
Enchendo todo o meu corazón.
Xa non sei como vivir,
Nin como respirar.
Xa non sei que ler,
Nin que hei esperar.
Só sei resistir e á vez amar,
Amarte Sáhara, con toda a miña paixón,
E cantarche ben alto que estarás
Parta sempre,
SÁHARA, NO MEU CORAZÓN.
Sas Nah Larosi (Sáhara 1962))





Novas adquisicións de lecturas para as Bibliotecas de Aula

Presentámosvos as novas lecturas que adquirimos para as Bibliotecas de Aula de 3º e 4º de Diversificación.
Son variadas, fundamentalmente lecturas de ficción, para entreterse e enganchar coas lecturas de aventuras, romántica, mitoloxía, novela negra... en galego e en castelán.
Esperamos que gocedes delas....



https://www.pinterest.com/anxosrial/novidades-bibliotecas-de-aula-3-e-4-de-eso/?s=4