Mostrando entradas con la etiqueta Dia de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia de Rosalía. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de febrero de 2015

EU SON ROSALÍA ( Día de Rosalía, 2015)



Ao longo desta semana os alumnos e alumnas de 2º de ESO D estivémonos preparando para participar na actividade organizada pola AELG, "EU son ROSALÍA", co gallo de celebrar o Día de Rosalía 2015.

Primeiramente informámonos da súa vida, da súa obra e do seu valor coma escritora galega e como muller no sécuño XIX; textos, vídeos, internet... axudáronnos nas nosas pescudas; logo debemos seleccionar o aspecto da súa vida ou obra co que nos sentiamos máis identificados e finalmente hoxe fomos á biblioteca para completar as nosas escollas con versos seleccionados das obras da nosa autora.

( Imaxe de Rosalía de El Patito Editorial)


Preparamos o noso recuncho rosaliá e botamos man da imaxe de Rosalía que xa tiñamos deseñada e chegamos ao momento da verdade, a gravación do vídeo (nervios, equivocacións e tomas falsas...), este é o resultado final, esperamos que gustedes del:


domingo, 23 de febrero de 2014

Fai un "SELFIE" ROSALIANO... 24 de Febreiro nas Redes Sociais:

Dende o Luns ás 9:00 ata o Martes ás 0:00

CANDO: Durante todo o día 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento)

ONDE: en Internet, nas redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram... onde queiras.

O 24 de febreiro rematan as celebracións do 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’. Queremos propoñer unha acción colectiva en Internet que integre á maior xente posible, tanto en Galicia coma no resto do mundo.

Trátase de que o día 24 todos e todas nos fagamos unha autofoto (un ‘selfie’, como se chama agora) con calquera motivo relacionado con Rosalía (cun libro dela, a carón dunha estatua, dunha placa, dunha camisola…), a comparta nas redes sociais, neste mesmo evento e, se queren, nola pasen, para publicármola tamén nós no noso FB/Twitter.

[Se así o queren, enviádenola a este mail: fundacionrosaliadecastro@gmail.com]

Podedes colgala no Facebook e no Twitter co hashtag #euRosalía, de forma que sexa fácil de atopar para todos/as.

Animádevos a partipar! #euRosalía!!!

Por exemplo:


sábado, 23 de febrero de 2013

150 anos de Cantares Gallegos: todos con Rosalía




O noso  agradecemento á Concelleirade Cultura, Silvia, á Concelleira de Educación, Alicia, á profesora Mercedes Noya, aos alumnos de 1º de ESO D, a Jenny e a Mar por participar e á profesora Gabriela de los Santos por coordinalos a todos.

martes, 19 de febrero de 2013

Programa para a celebración dos 150 anos de Cantares gallegos na biblioteca do IES de Poio


fondo Rosalía

O vindeiro venres teremos na biblioteca unha celebración moi especial, os 150 anos da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro (1863-2013), o primeiro poemario escrito en galego despois do silencio dos Séculos Escuros.
Para lembralo un grupo de alumnos de 1º de ESO D coordinados pola profesora Gabriela de los Santos e un par de alumnas de 2º de bacharelato A, teñen preparado para nós un pequeno festival de poesía e música.
Tamén nos van acompañar nesta festa da poesía as concelleiras de Cultura e Educación e a bibliotecaria da Biblioteca Municipal, todas elas do noso concello de Poio.
Esperamos que todos e todas gocedes desta celebración, seguro que de Rosalía se atopar entre nós recitaría un dos seus poemas na nosa compaña.
Así mesmo ese día publicaremos nos blogs da biblioteca o traballo dixital “Cantares fronte á adversidade. Constelación poética” elaborado para esta data, colaborativamente, polas coordinadoras de biblioteca do IES Ribeira de Louro (Porriño) e a coordinadora da nosa biblioteca.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Día de ROSALÍA: 24 de febreiro. VÍDEOS

Sempre da man de José Mª Lores:

Día de ROSALÍA: 24 de febreiro

Do blog do IES San Paio de Tui e da man do coordinador da súa biblioteca, José María Lores enlazamos este magnífico traballo sobre o 175 aniversario donacemento de Rosalía e o Día da lingua materna: