Mostrando entradas con la etiqueta hospital de libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hospital de libros. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de enero de 2014

O noso HOSPITAL DE LIBROS na prensa local e na TVG.

O noso hospital de libros foi todo un éxito, tanto que ata a TVG quixo virnos visitar e facer unha gravación para o seu programa matutino A Revista.
Déixovos o enlace para poder velo en internet, a conexión comeza no minuto 34 aproximadamente:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-738059



Tamén nos visitaron do Faro de Vigo (16/01/2014) e o Diario de Pontevedra (16/01/2014):








miércoles, 15 de enero de 2014

HOSPITAL DE RECUPERACIÓN DE LIBROS.

Nesta época de crise, ben nos vén, aprender métodos e maneiras de recuperar obxectos - libros, dicionarios no caso- que aínda que deteriorados, tras un proceso de "cura" poden darnos aínda bo servizo.
Decidimos pois levar os nosos dicionarios a un "hospital de libros" para que nos ensinaran como sandalos; falamos pois co Concello e as nosas concelleiras preferidas, Alicia e Silvia xa nos enviaron a Helena (experta en obradoiros) que nos visitou e presentou a Gregoria que ía exercer de cirurxiá durante a operación dos libros enfermos. 
E o local, pois a nosa biblioteca; alí estivemos esta mañá os alumnos e alumnas de 1º de ESO D e C acompañados das súas profes e con Gregoria á cabeza puxemos literalmente man aos libros.
Coa presentación e os vídeos que tedes a seguir podedes comprobar o entretidos que estivemos, aprendendo e traballando; asegúrovos que despois do día de hoxe todos e todas tratarán os nosos dicionarios con máis coidado pois agora saben o traballo que dá restauralos.
Ao remate alí quedaron na biblioteca secando os libros ata o próximo mércores que remataremos a tarefa. 







https://drive.google.com/file/d/0BwXLbyYgueiaazN0WDlRcExFYnM/edit?usp=sharing