Mostrando entradas con la etiqueta Radio Patio pola paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio Patio pola paz. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de febrero de 2015

Radio Patio coa Paz 2015

O ENL do noso IES e a Biblioteca organizaron conxuntamente o programa de Radio Patio pola Paz 2015; Aquí vos deixamos un adianto do  programa:


Programa Día da Paz e a Non Violencia

LOCUTOR: Bos días e benvidos a un novo programa de Radio Patio

LOCUTOR: Un programa especial adicado a unha palabra especial.

LOCUTOR: Unha palabra curta, apenas tres letras, pero tan importante

LOCUTOR: A PAZ

LOCUTOR: Porque esta semana, concretamente o día 30 de Xaneiro celébrase o Día da Non Violencia e a Paz

LOCUTOR: E dende radio patio queremos sumarnos a esta celebración e hoxe faremos un programa especial adicado a esa fermosa palabra


LOCUTOR: PAZ
.................

LOCUTOR: Este ano queremos berrar moi alto a palabra "PAZ" porque:

LOCUTOR: Non queremos ver fotos de nenos que levan un arma en vez dun lapiz.
LOCUTOR: Non queremos escoitar máis Resolucións de Nacións Unidas que de nada serven.
LOCUTOR: Non queremos ver a persoas mutiladas nin cadeiras de rodas.
LOCUTOR: Non queremos corbetas, nin cazas, nin soldados.
LOCUTOR: Non queremos que sementen minas antipersoas senón campos de trigo.
LOCUTOR: Non queremos muros, alambradas nin Sirias.
LOCUTOR: Non queremos cuarteis senón escolas.
LOCUTOR: Non queremos máis campos de refuxiados nin persecucións.
LOCUTOR: Non queremos intolerancia de sexo, raza ou relixión.
LOCUTOR: Non queremos guerras, guerrillas, paramilitares, contras nin exércitos multinacionais.
LOCUTOR: Non queremos fame, orfandade, sufrimento, pobreza.
LOCUTOR: Non máis Colombia, Iráq, Siria, Afganistán, Exipto, Iugoslavia, Liberia, Camboia, Sudán, Congo, Ruanda, Palestina, Ucraína, Libia, Chechenia.

LOCUTOR: Por todo isto non nos queda outra cousa que dicir:

Os dous á vez: GUERRAS.............NUNCA MÁIS

...............
Sahara no corazón

Xa non sei onde ir,
Nin cando hei parar.
Xa non sei como durmir,
Nin que hei soñar.
Só sei cantarche ben alto
Esta canción
E sentirte, idolatrada Sáhara,
Enchendo todo o meu corazón.
Xa non sei como vivir,
Nin como respirar.
Xa non sei que ler,
Nin que hei esperar.
Só sei resistir e á vez amar,
Amarte Sáhara, con toda a miña paixón,
E cantarche ben alto que estarás
Parta sempre,
SÁHARA, NO MEU CORAZÓN.
Sas Nah Larosi (Sáhara 1962))





miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA PAZ 2014 na biblioteca do IES de POIO

Para celebrar o Día da Paz este curso, os alumnos e alumnas de 4º da ESO A deseñaron estes orixinais COLLAGES que están expostos nos corredores do noso centro:


                 

Algúns deles preséntannos composicions orixinais dos propios alumnos e alumnas, outros reproducen versos pola paz de poetas galegos coma Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane ou José Ángel Valente...

A tarefa serviulles para estudiar a poesía visual e outros tipos de poesía alternativa e para reflexionar sobre o tema da Paz no mundo.

Deixámosvos pois cos versos de Brais Rei: 

Só hai unha palabra 
que ten mares,
que frea tempestades,
que sanda fogares.



Aquela palabra...
que todos coñecen
que moitos a falan,
que poucos a proban

Esa palabra que subxuga os corazóns dos homes
que perde os ancestrais valores
que sofre baixo linguas sen cores

Uns poucos inocentes coñecen a palabra
que o mundo cambia
a palabra
que o mundo sanda.

RADIO PATIO POLA PAZ 2014

Esta mañá tivemos uns invitados en Radio Patio moi especiais: o alumnado de 1º de ESO D que protagonizou este ano o noso programa especial pola paz.
Os poemas lidos polos alumnos son de poetas consagrados e os lidos polas profesoras son autoría dos propios alumnos.
Estaban todos moi nerviosos pois era a súa primeira actuación radiofónica pero fixérono estupendamente; no seguinte podcast podedes escoitalos




e tamén podedes velos:

Dia da Paz 2014. Radio Patio on PhotoPeach

martes, 29 de enero de 2013

Radio Patio pola PAZ, 2013: Multiculturalidade e paz.


( Tradución de Fang Yang, Brais Rey e Carlos Núñez)


No programa de Radio Patio deste ano 2013,a multicuturalidade e a diversidade lingüística chegáronnos da man dos nosos queridos alumnos vidos de máis aló do mar: da China, da República Dominicana e de Paraguay, todos reunidos coa poesía da paz e cos alumnos nados en Poio; foi moi fermoso ver e escoitar sons doutros lares, ver rasgos multirraciais arroupados pola lectura dos poemas defendendo unha loita común: A Paz.

Podedes escoitar as súas voces e ver as súas expresións:

RADIO PATIO POLA PAZ 2013 on PhotoPeach



jueves, 24 de enero de 2013

DÍA DA PAZ 2013


A  biblioteca do noso IES ten programadas as seguintes actividades para a vindeira semana co gallo de celebrar o DÍA DA PAZ:

  • Exposición dos CALIGRAMAS POLA PAZ realizados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO:


  • Pegada de CARTEIS POLA PAZ creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO.

  • O luns 28 emitiremos o xa habitual programa especial de RADIO PATIO POLA PAZ 2013 na que participarán Abel  e Jennifer, Brais e Fang, Jessica, Silvia e Andrea de 3º de ESO C, Francisco, José Antonio e Rubén de 3º de ESO A, Laura e Elvira, Sofía e Lorena, Silvia, Henrique , Alex e Noelia de 3º de ESO B. A novidade deste ano é que no programa participará alumnado poiés xunto con alumnado procedente doutra terras irmás como  Uruguay ou tan lonxanas para nós como da China; contaremos pois co recitado de poemas en  galego, español e en chinés.
Bravo polos alumnos e alumnas de 3º de ESO!!!!!!

lunes, 30 de enero de 2012

RADIO PATIO POLA PAZ 2012

RADIO PATIO POLA PAZ 2012 on PhotoPeach

Primeira parte do programa:

Segunda parte do programa: