domingo, 23 de febrero de 2014

Actos polo DÍA DA LINGUA MATERNA

Aquí tedes as imaxes e os audios dos actos celebrados no noso centro polo DÍA DA LINGUA MATERNA.
O EDNL e a Biblioteca coordinaron a lectura do manifesto pola lingua e o programa de Radio Patio onde se leu o manifesto da UNESCO polas linguas en perigo de desaparición.



Fai un "SELFIE" ROSALIANO... 24 de Febreiro nas Redes Sociais:

Dende o Luns ás 9:00 ata o Martes ás 0:00

CANDO: Durante todo o día 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento)

ONDE: en Internet, nas redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram... onde queiras.

O 24 de febreiro rematan as celebracións do 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’. Queremos propoñer unha acción colectiva en Internet que integre á maior xente posible, tanto en Galicia coma no resto do mundo.

Trátase de que o día 24 todos e todas nos fagamos unha autofoto (un ‘selfie’, como se chama agora) con calquera motivo relacionado con Rosalía (cun libro dela, a carón dunha estatua, dunha placa, dunha camisola…), a comparta nas redes sociais, neste mesmo evento e, se queren, nola pasen, para publicármola tamén nós no noso FB/Twitter.

[Se así o queren, enviádenola a este mail: fundacionrosaliadecastro@gmail.com]

Podedes colgala no Facebook e no Twitter co hashtag #euRosalía, de forma que sexa fácil de atopar para todos/as.

Animádevos a partipar! #euRosalía!!!

Por exemplo:


sábado, 15 de febrero de 2014

Lemos Ciencia: O Big Bang

   O departamento de Física e Química expón no hall do primeiro andar do noso centro unha serie de carteis informativos sobre o traballo desenvolvido polo CERN (Organización Europea para a investigación Nuclear) sobre os primeiros instantes posteriores ao BIG BANG (Gran Explosión) que deu orixe ao noso Universo.

  O CERN é un laboratorio de Física de partículas que busca a orixe e constituíntes últimos da materia co maior acelerador de partículas do mundo, soterrado baixo terra entre as fronteiras suíza e francesa.



              

(Da nosa colaboradora Concepción Mora ).

Palabras de amor 2014

Programa de Radio Patio "Palabras de amor 2014" para o día de San Valentín, poemas e fragmentos narrativos que falan de amor:






             

viernes, 14 de febrero de 2014

CINETURA segue a darnos alegrías: PREMIO NACIONAL E-TWINNING

O noso proxecto CINETURA segue adarnos alegrías: esta vez  acadou o Premio Nacional E-twinning. Estamos todos e todas encantados por recibir este novo galardón.
O noso diario local " O Diario de Pontevedra" recolle así a noticia, en portada e no interior na sección de Poio:



E deseguido a entrevista realizada pola COPE emitida o luns 17 de febreiro:


jueves, 6 de febrero de 2014

O muro de "Kafka e a boneca viaxeira"

En 1º de ESO D estamos a ler o libro de Sierra y Fabra "Kafka e a boneca viaxeira"; levamos lendo desde o primeiro trimestre e debemos estar, máis menos, pola metade por que sempre nos liamos a falar sexa do argumento, do vocabulario ou de temas que a lectura nos suxire. 
Hoxe mesmo tivemos un profundo debate sobre o medo (según o autor o medo acouta a liberdade e quen ten medo agoniza) e non satisfeitos continuamos falando de enganos, falsedades e mentiras piadosas ( Debe Kafka contarlle a verdade a Elsi? Está a enganala?).
Así que decidimos colgar este muro para que todos poidamos escribir os nosos comentarios sobre a lectura: