martes, 29 de enero de 2013

Radio Patio pola PAZ, 2013: Multiculturalidade e paz.


( Tradución de Fang Yang, Brais Rey e Carlos Núñez)


No programa de Radio Patio deste ano 2013,a multicuturalidade e a diversidade lingüística chegáronnos da man dos nosos queridos alumnos vidos de máis aló do mar: da China, da República Dominicana e de Paraguay, todos reunidos coa poesía da paz e cos alumnos nados en Poio; foi moi fermoso ver e escoitar sons doutros lares, ver rasgos multirraciais arroupados pola lectura dos poemas defendendo unha loita común: A Paz.

Podedes escoitar as súas voces e ver as súas expresións:

RADIO PATIO POLA PAZ 2013 on PhotoPeach



viernes, 25 de enero de 2013

Unha escritora de L.I.X. na Academia




A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro

jueves, 24 de enero de 2013

DÍA DA PAZ 2013


A  biblioteca do noso IES ten programadas as seguintes actividades para a vindeira semana co gallo de celebrar o DÍA DA PAZ:

  • Exposición dos CALIGRAMAS POLA PAZ realizados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO:


  • Pegada de CARTEIS POLA PAZ creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO.

  • O luns 28 emitiremos o xa habitual programa especial de RADIO PATIO POLA PAZ 2013 na que participarán Abel  e Jennifer, Brais e Fang, Jessica, Silvia e Andrea de 3º de ESO C, Francisco, José Antonio e Rubén de 3º de ESO A, Laura e Elvira, Sofía e Lorena, Silvia, Henrique , Alex e Noelia de 3º de ESO B. A novidade deste ano é que no programa participará alumnado poiés xunto con alumnado procedente doutra terras irmás como  Uruguay ou tan lonxanas para nós como da China; contaremos pois co recitado de poemas en  galego, español e en chinés.
Bravo polos alumnos e alumnas de 3º de ESO!!!!!!

domingo, 20 de enero de 2013

sábado, 19 de enero de 2013

"LAURA NO DESERTO" presentación da novela de Riveiro Coello en Pontevedra.

Na noitiña de onte puidemos asistir a presentación-coloquio de Laura no deserto, a última novela de Antón Riveiro Coello. O autor estivo presentado por Carlos Lema da Editorial Galaxia e o coloquio foi coordinado por Luís Bará do Concello de Pontevedra.
Carlos Lema realizou un percorrido pola traxectoria literaria de Riveiro Coello e comentou que nesta obra está a historia de España e do mundo, é unha novela que fai unha reflexión histórica sobre a historia de Galicia inserida na historia de Europa e na de Estados Unidos; a novela engaiola ao lector, a un lector que debe ser activo enredado nas tramas da novela.
Luís Bará afirmou que a vida itinerante de Riveiro Coello está presente na súa obra e na súa primeira pregunta refírese á recuperación da Memoria histórica, ao compromiso e coherencia do autor coa mesma.
O autor di que a súa obra está moi ligada a todos os lugares polos que pasou e que os escritores deben absorber o que ven e o que os rodea.
Bará fai referencia á estrutura complexa de Laura no deserto e pregunta se está baseada na vida de Mercedes Núñez xa que relata unha historia protagonizada por unha muller que se compromete na loita.
O autor afirma que cando un autor na súa obra abrangue periodos de tempo longos e a historia de varias xeracións é inevitable que toque o tema da Guerra Civil, según el, Laura é unha escolma de varias mulleres e unha parte importante de Mercedes Núñez. En canto a perspectiva feminina da novela Riveiro Coelho dique precisaba de distintas perspectivas; asegura que o mundo interior das mulleres é máis complexo có dun home e máis nunha etapa de conflito coma a que narra a novela.


jueves, 17 de enero de 2013

Os mellores do ano 2012. "Fervenzas literarias"

O blog "Fervenzas literarias" vén de publicar os resultados da enquisa que realiza cada ano sobre os mellores libros, obras, editoriais, feitos do ano 2012:

http://www.fervenzasliterarias.com/index.php/de-actualidade/os-mellores-libros-do-2012.html

Neste enlace podedes consultar os resultados e comprobar que na súa maior parte, os escollidos, forman parte dos fondos da nosa biblioteca.

Parabéns a todos eles e en especial por suposto ao noso compañeiro Xesús Constela coa obra 15724, que tan ben se porta coa nosa biblioteca e cos nosos alumnos e do que xa fixemos a presentación do libro.

Tambén queremos felicitar a:

  • Marcos Calveiro - mellor libro de literatura xuvenil-  e co cal tivemos o noso encontro lector en Culturgal .
  • Agustín Fernández Paz (mellor escritor galego do 2012) que nos atendeu nas Xornades de Lingua e literatura e amablemente (é de seu) gravou unha mensaxe para os nosos chicos e chicas.
  • Pedro Feijoo, que tamén nos recibiu en Culturgal  e autor de "Os fillos do mar" que estamos lendo no club de 3º de ESO 1.
  • Á nosa encantadora Ledicia Costas nos falou de poesía nas Xornadas e encheunos o corazón de inverno e nostalxia.
  • A Begoña Caamaño que nos deleitou recuperando a Felipe de Amancia e ao noso Merlín.
  • A Fran Alonso que  nos escoitou sempre.
Parabéns a todos eles e elas.