lunes, 30 de abril de 2012

SAN JORDI 2012: FALAMOS DE LITERATURA GALEGA

En Barcelona, galegos e murcianos falan de LITERATURA GALEGA
*  UN OLLO DE VIDRO de CASTELAO:



* MALES DE CABEZA de FRAN ALONSO:



San Jordi 2012: Primeira posta en común.


A nosa primeira posta en común xa de mañanciña:


SANT JORDI 2012: FOREVER YOUNG

Unha das actividades que máis gustou aos nosos alumnos das realizadas en Barcelona foi á asistencia á posta en escea da obra dirixida por Tricicle: Forever Young. Asistimos os alumnos do IES de Poio, do IES de Sanxenxo, do IES Juán Carlos I de Murcia e dun IES Joseph Sureda i Blanesde Mallorca, todo un aforo cheo de xuventude para gozar dun subxénero clásico: a comedia musical.
Desde o momento en que se levantou o telón ata os aplausos finais (que foron moitos), rimos, sorrimos e tatareamos melodías; a mensaxe da obra foi:
"Tenim una sola vida,
sense agassajos, una única presa
d´un larguíssim pla sequència.
Així que, no la malgasteu.
Viviu cada moment, gaudi de 
cada segon i, si us plau, no deixeu
que ningú us amargui la vida"
E seguindo o seu consello gozamos da comicidade da obra, da súa música e da espléndida posta en escea dos actores. Gustounos todo, a iluminación, o vestiario, os diálogos e os gags; todos saimos do teatro cun gran sorriso.

Forever Young on PhotoPeach





sábado, 28 de abril de 2012

SAN JORDI 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro

Sen dúbida un dos maiores atractivos da celebración de Sant Jordi, a maiores do agasallo do libro e a rosa, é admirar en persoa aos autores das nosas obras favoritas e que nos asinen os seus libros.
O listado de autores era interminable, nesta presentación achegamos un pequeno botón de mostra deles, os que buscamos con anseios arriba e abaixo das Ramblas (aínda que non o creades foi agotador da cantidade de persoas que alí había).



Sant Jordi 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro. on PhotoPeach

viernes, 27 de abril de 2012

Día do libro: A AMPA premia ao alumnado máis lector

   Esta mañá unha representación da Asociación de pais e nais do IES de Poio premiaron ao alumnado máis lector da nosa biblioteca; catro foron as alumnas agasalladas:
1º Premio: Rita Quintela Martínez de 1º de ESO A
2º Premio: Ámbar Carolina Cruz Paico de 2º de ESO D
3º Premio: Sara Neira Quiñonesde 1º de ESO D
Accesit: Lucía Picallos Paulos de 1º de ESO A

Todas elas recibiron un diploma e un cheque regalo a canxear nunha librería do concello polo seu traballo lector.
Queremos felicitar a AMPA por esta iniciativa de fomento de lectura e as chicas por ler, por visitarnos na biblio e por solicitar das nosas recomendacións lectoras.
Parabéns no Día do librooo, a continuar lendoooo...

DÍA DO LIBRO: Premio ao alumnado máis lector on PhotoPeach

domingo, 15 de abril de 2012

"LEMOS XUNTOS" Sanxenxo

   O pasado venres asistimos en Sanxenxo ás xornadas de Lemos Xuntos (lectura en familia) organizadas polos centros educativos deste concello coa finalidade de achegar a lectura a mestres, alumnos e pais.
   Puidemos escoitar alí a Juán Mata (catedrático especialista na lectura en familias da Universidade de Granada) que comenzou a súa intervención con estas palabras: " Me gustaría hablar todas las lenguas por lo menos esta tarde el gallego" e léndonos o poema IRMAUS de Celso Emilo Ferreiro (el é un gran defensor da lectura en voz alta: " A lectura en voz alta por encima de todo é unha mostra de afecto"), poema que fora lido en Granada o día anterior noutras xornadas de lectura.
   Juán Mata profundizou na importancia da lectura en xeral e do peso que esta pode ter na vida dos nenos se é compartida con pais e profesores ( " a posibilidade de reflexionar xuntos  e de lermos xuntos garante a aprendizaxe das competencias da lectura, a ler ben por parte dos alumnos; ler xuntos, adultos e nenos, facilita falar dunha maneira que doutro modo non podería ser"); díxonos que non hai lectura sen emoción ("as cousas que marcan a verdade están marcadas pola emoción e a lectura non pode nin debe estar á marxe disto, a lectura facilita a posibilidade de que o mundo que os nenos van vivir sexa un anticipo") e que lermos xuntos permítenos ir máis alá do utilitario; "se queremos que os nenos lean hai que vincular a lectura co que lles importa de verdade, facilitarlles o encontro coa vida a través dos libros. Isto ten sentido, dá sentido ao ensino en momentos nos que os tempos non van vir moi ben dados."
   Despois das conclusións das xornadas e a clausura por parte do Director Xeral de Centros e a alcaldesa de Sanxenxo, presenciamos un broche final de luxo: Cándido Pazó e as súas "Cunqueiradas", subindo e baixando a súa escada puxo en práctica con grande mestría as técnicas tradicionais da transmisión oral unidas aos contidos e as formas do Sr. Cunqueiro: os curiosos personaxes, o encaixe das historias (unha leva aoutra ao xeito das caixas chinesas), as chamadas ao espectador, os argumentos de autoridade, a mistura de fantasía e realidade dentro do mundo propiamente galego. Unha marabillosa posta en escea que nos roubou sorrisos e gargalladas ao tempo que reflexionamos sobre o material das patas de pau e a convenniecia de ter unha para estar "á moda".

   Os nosos parabéns para os organizadores, en concreto a Mª Dolores e a Ricardo que tanto se esforzaron por levar a bo término estas xornadas. Felicitámolos polo seu traballo tan ben feito e agora vos deixamos coas imaxes:


LEMOS XUNTOS - SANXENXO 2012 on PhotoPeach

jueves, 5 de abril de 2012

VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS

E como estamos de vacacións, fomos de turismo, de turismo bibliotequeiro achegándonos ás bibliotecas municipais de Portugal: visitamos a biblioteca de Viana do Castelo e a de Vila Nova da Cerveira; gozamos do contraste pois os edificios que as albergan son ben diferentes, da modernidade de Viana ao pazo histórico da de Vila Nova.
Como xa puideramos comprobar noutras visitas como a que fixeramos anteriormente á de Valença de Miño as instalacións destas bibliotecas son un exemplo a seguir, amplitude, luz, orde, importante oferta de servizos...
Os sabores desta visita leváronnos dos grandes espazos moi iluminados con fermosas vístas do exterior á familiaridade dos ocos pequenos rodeados de pedra e saída aos xardíns desde donde nos asexaba un simpático espantallo.
Gustamos moito dos dous estilos, en especial a bebéteca da de Viana e os seus cómodos e divertidos pufs;  observamos a organización dos fondos, a distribución destes, a sinalización, o mobiliario mais sen dúbida sorprendeunos a distribución dos lugares: exposicións, salas de conferencias, de lectura, audiovisual, multimedia... que as convirte nun efectivo centro de recursos.
Por suposto no xantar aproveitamos para intercambiar comentarios, experiencias, opinións e programar próximos encontros (LEMOS XUNTOS en Sanxenxo) e futuras visitas bibliotequeiras.
(Bibliotecas Escolares de IES Sanxenxo, IES Ribeira de Louro, CEIP A Lama e IES de Poio).

VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS on PhotoPeach