O pasado venres asistimos en Sanxenxo ás xornadas de Lemos Xuntos (lectura en familia) organizadas polos centros educativos deste concello coa finalidade de achegar a lectura a mestres, alumnos e pais.
Puidemos escoitar alí a Juán Mata (catedrático especialista na lectura en familias da Universidade de Granada) que comenzou a súa intervención con estas palabras: " Me gustaría hablar todas las lenguas por lo menos esta tarde el gallego" e léndonos o poema IRMAUS de Celso Emilo Ferreiro (el é un gran defensor da lectura en voz alta: " A lectura en voz alta por encima de todo é unha mostra de afecto"), poema que fora lido en Granada o día anterior noutras xornadas de lectura.
Juán Mata profundizou na importancia da lectura en xeral e do peso que esta pode ter na vida dos nenos se é compartida con pais e profesores ( " a posibilidade de reflexionar xuntos e de lermos xuntos garante a aprendizaxe das competencias da lectura, a ler ben por parte dos alumnos; ler xuntos, adultos e nenos, facilita falar dunha maneira que doutro modo non podería ser"); díxonos que non hai lectura sen emoción ("as cousas que marcan a verdade están marcadas pola emoción e a lectura non pode nin debe estar á marxe disto, a lectura facilita a posibilidade de que o mundo que os nenos van vivir sexa un anticipo") e que lermos xuntos permítenos ir máis alá do utilitario; "se queremos que os nenos lean hai que vincular a lectura co que lles importa de verdade, facilitarlles o encontro coa vida a través dos libros. Isto ten sentido, dá sentido ao ensino en momentos nos que os tempos non van vir moi ben dados."
Despois das conclusións das xornadas e a clausura por parte do Director Xeral de Centros e a alcaldesa de Sanxenxo, presenciamos un broche final de luxo: Cándido Pazó e as súas "Cunqueiradas", subindo e baixando a súa escada puxo en práctica con grande mestría as técnicas tradicionais da transmisión oral unidas aos contidos e as formas do Sr. Cunqueiro: os curiosos personaxes, o encaixe das historias (unha leva aoutra ao xeito das caixas chinesas), as chamadas ao espectador, os argumentos de autoridade, a mistura de fantasía e realidade dentro do mundo propiamente galego. Unha marabillosa posta en escea que nos roubou sorrisos e gargalladas ao tempo que reflexionamos sobre o material das patas de pau e a convenniecia de ter unha para estar "á moda".
Os nosos parabéns para os organizadores, en concreto a Mª Dolores e a Ricardo que tanto se esforzaron por levar a bo término estas xornadas. Felicitámolos polo seu traballo tan ben feito e agora vos deixamos coas imaxes:
LEMOS XUNTOS - SANXENXO 2012 on PhotoPeach
1 comentario:
Grazasssssssss!!
Unhas imaxes de rostros felices que sempre permanecerán na nosa memoria ao igual que as palabras do profesor Juan Mata.
Publicar un comentario