Programa de Radio Patio "Palabras de amor 2014" para o día de San Valentín, poemas e fragmentos narrativos que falan de amor:
Mostrando entradas con la etiqueta Radio Patio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio Patio. Mostrar todas las entradas
sábado, 15 de febrero de 2014
Palabras de amor 2014
jueves, 24 de enero de 2013
DÍA DA PAZ 2013
A biblioteca do noso IES ten programadas as seguintes actividades para a vindeira semana co gallo de celebrar o DÍA DA PAZ:
- Exposición dos CALIGRAMAS POLA PAZ realizados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO:
- Pegada de CARTEIS POLA PAZ creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO.
- O luns 28 emitiremos o xa habitual programa especial de RADIO PATIO POLA PAZ 2013 na que participarán Abel e Jennifer, Brais e Fang, Jessica, Silvia e Andrea de 3º de ESO C, Francisco, José Antonio e Rubén de 3º de ESO A, Laura e Elvira, Sofía e Lorena, Silvia, Henrique , Alex e Noelia de 3º de ESO B. A novidade deste ano é que no programa participará alumnado poiés xunto con alumnado procedente doutra terras irmás como Uruguay ou tan lonxanas para nós como da China; contaremos pois co recitado de poemas en galego, español e en chinés.
Bravo polos alumnos e alumnas de 3º de ESO!!!!!!
Etiquetas:
Día da Paz,
poesía,
Radio Patio,
Radio Patio pola paz
viernes, 23 de noviembre de 2012
Programa de RADIO PATIO en contra da violencia de xénero.
O próximo luns, ás 11.30 poderemos escoitar a emisión de Radio Patio en contra da violencia de xénero co seguinte programa poético:
RADIO PATIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
(26/11/2012)
Introdución:
Luis Miguel (2º Bach. A)
Francisco:
Ofelia (3º ESO A)
Mar Moldes (2º
bach B): Marilar Aleixandre O sangue en tinta.
Yessica e Cheyenne
(2º bach A): Rosalía de Castro Nasín cando as prantas nasen
Borja (2º Bach, B):
Marta Dacosta Non é amor.
Sofía (3º ESO
B): Kiko Neves O poema de Lucía
Brais (2º bach. A):
Helena Villar O deseño das mans
Raquel (2º bach. B)
Marica Campo Sextina das mulleres mortas
Juán Carlos
(2ºbach, A) Xesús Constela Tiñádelo que ver
Noelia, Elvira (3º
ESO B), Gabriela (voces 1,2 e 3) Marga
do Val Un berro de rapariga violada
Silvia (3º ESO
B) Estevo Creus 1 muller golpeada
Lorena e Laura.
(3º ESO B) Antía Otero Non escondo
José Antonio
(3º ESO D) Víctor Manuel Canción das mulleres mortas.
A selección de música será de alumnos de 4º de ESO e está relacionada co tema. Repartiranse entre os participantes pegatinas co lazo distintivo do día.
Etiquetas:
dereitos humanos,
poesía,
Radio Patio,
violencia de xénero
domingo, 25 de marzo de 2012
RADIO PATIO EN VERSOS
O día 21 celebramos en Radio Patio "O Día da Poesía" e como non podía ser doutro xeito enchemos a hora do recreo de música e poemas: Comezamos o programa cun texto introdutorio da UNESCO onde explicamos por qué o 21 deste mes foi declarado Día da Poesía e cunha pequena referencia centrada na poesía galega e nos nosos poetas.
De seguido foi unha choiva de versos dos clásicos galegos, algúns poemas da literatura española e como colofón pechamos o programa cunhas fermosísimas liñas líricas de Fernando Pessoa.
Contamos na posta en escea co noso equipo habitual de alumnos de 2º de ESO A e unha nova fichaxe: Manuel de 4º de ESO, os nosos PARABËNS para todos eles.
Neste podcast podedes escoitar o seu programa:
Neste podcast podedes escoitar o seu programa:
viernes, 9 de marzo de 2012
8 DE MARZO: RADIO PATIO TEN NOME DE MULLER
Radio Patio e a biblioteca do IES de Poio impregnáronse estes dous días cos aromas, co sabor á muller: os nomes, ás cancións, os poemas, as curtametraxes.
DOINA e JULIA acompañáronnos o xoves da man de Jessica e Cheyennene (1º bacharelato A) nas proxeccións na biblioteca; o venres en "Radio Patio ten nome de muller" contamos con " Te recuerdo AMANDA", "ALFONSINA y el mar", "Mrs. Robinson" "Cecilia" e máis... no fondo musical, acompañando a Noemi, Laura, Lucía, Dunia, Laura, Sara, Silvia, Gabriela, Tania, Lorena (2º ESO A) e catro estupendos chicos comprometidos: Rubén, José Mª, José Antonio e Alexandre (2º ESO A) que leron textos reivindicativos de: a ONU, o STEGA, poemas de ROSALÏA, para Rosalía (de Ramón Cabanillas) e de MORAIMA (Celso Emilo Ferreiro).
Cos profesores Carlos Núñez e Paco García no equipo técnico, José Manuel Moya ao vídeo e Anxos Rial na selección de textos e dirección do alumnado, todos eles da man polas mulleres no 8 de Marzo.
AQUÍ TEDES O PODCAST DO PROGRAMA:
e os vídeos da celebración:
e os vídeos da celebración:
lunes, 27 de febrero de 2012
RADIO PATIO CO AMOR E CON ROSALÍA
O venres 24 de febreiro emitimos un programa de radio especial: Rosalía de Castro e o amor foron os nosos protagonistas; de novo o noso equipo radiofónico de 2º A de ESO, o seu titor Rafael, todos eles coordinados polo profesor Carlos Nuñez e a profesora Anxos Rial participamos na experiencia.
O programa consta de tres partes: A introdución á poesía amorosa e ao día de San Valentín (textos amablemente compartidos por Gracia Santorum e a bibliotecado IES de Forcarei), unha segunda parte unha selección de textos narrativos "De amor e desamor" ( da biblioteca do noso IES) e o peche de ouro da man de Silvia: a nosa homenaxe a Rosalía de Castro no día do seu aniversarío.
Cada vez son máis os chicos que se animan a colaborar na actividade radiofónica que dirixe o profesor Carlos Núñez. Parabéns para todos eles e
agora podedes escoitar o seu programa:
agora podedes escoitar o seu programa:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


