Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de diciembre de 2014

Libros e doces: As CESTAS DE NADAL da BIBLIOTECA

Estas son as cestas de nadal que sorteamos na biblio entre tod@s aqueles e aquelas que levedes un fondo en préstamo.

Golosinas e libros para que pasedes un Nadal ben doceeeee….

miércoles, 11 de diciembre de 2013

A lenda do visgo e o acivro, unha historia de amor para o Nadal.

Chegadas estas datas entre exame e exame xa imos pensando no tempo de lecer, nas festas e nos turróns. 
Na nosa biblioteca o verde e o vermello fixeron presencia pero sabemos o porqué destas cores??? 

Tamén temos unha póla de acivro pendurado da porta por aquilo do bico pero coñecemos a lenda do visgo e o acivro???

O acivro ten os froitos vermellos e o visgo ten os froitos brancos. 
O costume de colgar o visgo nas portas e bicar a quen se atope debaixo está asociada a unha serie de interpretacións das tradicións celtas que consideraban esta planta como portadora da boa fortuna e a fertilidad,  de aí o do bico . 


Pero, xa na Idade Media, os cristiáns consideraron demasiado pagán este adorno e a súa simboloxía celta e cambiárono polo accivro pero non variaron o costume de nadal do bico ( está claro que sexa con visgo ou con acivro, o dos bicos, gustaba a todo o mundo). E o máis curioso é que , tamén introduciron unha tendencia decorativa , facendo que a cor verde e a cor vermella se considerásen distintivos do Nadal.
A lenda do bico debaixo do visgo chéganos de man do deus da paz, Balder, este foi ferido e morto por unha frecha de visgo, isto entristeceu moito ao resto dos deuses, que conmovidos polos choros da amada de Balder, restituíronlle a vida para que continuase eternamente co seu amor. Por iso, en tributo a esta paixón sen fin, Balder ordenou que cada vez que unha parella namorada pasase por baixo dunha rama de acivro ou visgo, se bicasen para perpetuar o seu amor.

Dito isto, sexa acivro ou visgo, o do bico mantense. Xa sabedes ir pola biblioteca pode ser unha boa disculpa para bicalo ou bicala...


jueves, 30 de diciembre de 2010

O NADAL DIXITAL

A historia do Nadal en versión dixital, moi curiosa: Que acontecería se o neno Xesús nacera na actualidade?????

viernes, 13 de noviembre de 2009