lunes, 17 de junio de 2013

O proxecto CINETURA gaña o Premio Nacional en Eslovaquia.

O proxecto e-twinning CINETURA  que no noso centro coordina a profesora Carmen Fernández e co que colabora a biblioteca, vén de gañar o Premio Nacional en Eslovaquia; desde o IES de Poio queremos felicitar a profesora Katalin Kanozsay, coordinadora do proxecto en Eslovaquia,  e a todos os seus  alumnos e alumnas por este tan merecido premio.


Parabéns para todos e todas as participantes no proxecto e a seguir traballando e gozando destes encontros virtuais na REDE.


" Me es grato informaros de que el día de hoy nuestro proyecto ha obtenido el Premio Nacional de Eslovaquia.

Enhorabuena a todos, el premio es de los tres centros y de cada alumno y profe participante. En Komárno estamos muy alegres y contentas, recogemos el premio el 27 de junio y compartiremos con vosotros algunas fotos."





E O PREMIO É PARA.......




jueves, 6 de junio de 2013

Lectores e educación literaria (II) ou de como rematar un curso de literatura galega dun xeito colaborativo.

Está mañá, na primeira hora rematamos as explicacións de Lingua e literatura galega na aula de 3º da ESO A dun xeito colaborativo, tod@s foron os docentes e os discentes, cada un tivo a súa frase de educación literaria para falar de Eduardo Pondal e uniron as súas voces para "mellor ou peor" ( non era o importante) interpretar o noso himno; foi serio e foi divertido (con tomas falsas incluídas) pero podo adiantarvos que non esquecerán a súa interpretación na clase do himno galego ( do que por certo non sabían nen a letra).
Escoitádeos:






E agora as tomas falsas, probas, risas e demais:




Aínda que non o pareza a partitura está no móbil...

martes, 4 de junio de 2013

Lectores e educación literaria.

Felipe Zayas achega a literatura ao lector, formemos lectores competentes que saiban interpretar e gozar do estudo dos textos literarios:


COMPARTIR LECTURAS nas REDES SOCIAIS

Infografía sobre REDES SOCIAIS co obxectivo COMPARTIR LECTURAS:



Realizada por @fpjerez.