Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de abril de 2013

23 DE ABRIL: PERSOAS LIBRO NO IES DE POIO



Co gallo da celebración do Día do libro un grupo de 25 alumnos de 3º da ESO dos grupos A, C e D representarán como "persoas libros" a distintas figuras das novas xeracións de poetas en galego e castelán intentando contaxiar aos seus compañeiros do poder engaiolador da lírica.


Durante todo o recreo de mañá e en parellas, achegaranse aos seus compañeiros para agasallalos neste día cun fermoso poema.



Ademais durante o día de hoxe encheron as portas das súas aulas de versos en pos-it. Mañá tamén levaremos as lecturas fóra da aula.

                                                                                                       Boa sorte para todos eles.


Vídeo de Día do Libro 2013: Lecturas ao Sol e Persoas Libro.: Biblioteca’s trip to Poio, Galicia / Galiza, España (near Pontevedra) was created with TripAdvisor TripWow!

sábado, 28 de abril de 2012

SAN JORDI 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro

Sen dúbida un dos maiores atractivos da celebración de Sant Jordi, a maiores do agasallo do libro e a rosa, é admirar en persoa aos autores das nosas obras favoritas e que nos asinen os seus libros.
O listado de autores era interminable, nesta presentación achegamos un pequeno botón de mostra deles, os que buscamos con anseios arriba e abaixo das Ramblas (aínda que non o creades foi agotador da cantidade de persoas que alí había).



Sant Jordi 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro. on PhotoPeach

viernes, 29 de abril de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON CARLOS NEGRO (II)

Esta mañá puidemos gozar da compañía do escritor Carlos Negro que quixo formar parte da nosa Celebración do Día do Libro.

O autor puxo en escea, recitounos o seu libro de poesía Makinaria; comezamos o acto coa lectura das valoracións que do seu lpoemario fixeron Tatiana, Sabela, Nerea e Iriana (1º de bacharelato), deseguido comezou o escritor falándonos da poesía: "A poesía ten o poder do sonido, os poemas teñen a forza da palabra en vivo"..." A poesía ten a dimensión da forza no ritmo, a forza da comunicación"
Contounos Carlos Negro que para escribir o libro se inspirou nun grupo de mozos determinados, pero pensa que non todos os mozos son coma os protagonistas de Makinaria. Ao tempo, e de capítulo en capítulo foi colocando sobre a mesa un grupo de coches de xoguetes que simbolizaban o cemiterio, un coche por cada un dos mortos que cada ano se producen nas estradas galegas.
A parte da súa obra que máis lle gusta é No way por que fala da dobre visión pais-fillos, é unha especie de diálogo; a última parte é a oración de despedida do mozo.
Ás preguntas do auditorio díxonos que a literatura ten o poder de que o escritor poida imaxinar cousas que non viviu, el escribe poesía por que lle permite expresar o que quere.
Logo regalounos a todos unha caixiña que contiña uns versos de amor de autores galegos vivos e un sugus e tivemos que compartir os nosos versos cos demais. Despois leunos o fermoso conto "Frederick" de Leo Lioni que nos axuda a comprender a poesía.
Como despedida recitounos o poema co que agasallou ás bibliotecas escolares galegas e que fala da súa visión da lectura.
Un encontro entrañable coa poesía e con Carlos Negro; moi agradecidos ao autor pola súa marabillosa posta en escea que todos disfrutamos, nada mellor para conmemorar o día do libro.

jueves, 28 de abril de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON CARLOS NEGRO

No día de mañá celebraremos o día do libro  (23 de abril, que como sabedes coincidiu coas vacacións) co escritor Carlos Negro; os alumnos do IES de POIO imos ter a sorte de falar en persoa co autor de MAKINARIA, unha obra moi orixinal, pola súa forma -narrativa escrita en verso- e pola súa estrutura, as distintas partes estan organizadas coma se  dunha canción se tratase, cos seus títulos moi significativos, algúns deles relacionados coa música ou cos video xogos.
A adrenalina producida pola velocidade que trae nefastas consecuencias na vida dos xoves, sobre este tema reflexionaremos e debateremos co autor.
Esperamos que nos lea tamén o poema que escribiu sobre a lectura, celebrando con nós o día do libro. Xa vos contaremos... 

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara o vento.
Unha nuba sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

Carlos Negro

Este poema foi un agasallo do autor ás Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro, enlazamos co blog das Bibliotecas Escolares de donde o compartimos :



viernes, 1 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Este luns celebraremos o Día do libro infantil e xuvenil (2 de abril). Como xa sabemos esta celebración coincide co día do nacemento do escritor de contos Hans Christiam Andersen e nada mellor para esta conmemoración que unha sesión de contacontos. O acto celebrarase na biblioteca ás 12 da mañá; comezaremos coa lectura da biografía e obra de Andersen na voz de Iván Ferreiro (4º de ESO B), a seguir deleitarémonos cun contacontos na voz do noso incondicional mestre Carlos Núñez Pombo; logo Rubén Matínez (4ºde ESO B) explicaranos o porqué e o como desta celebración e finalmente Paula Sertal (4º de ESO B) lerá o manifesto deste ano escrito pola autora estoniana Aino Pervik:

Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles. As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado.
O libro lembra.



E para completar este interesante documental de RTVE:  "A tradición dos contos populares" do programa "Imprescindibles":
http://www.rtve.es/television/20110318/tradicion-cuentos-populares-esta-semana-imprescindibles/417780.shtml

jueves, 29 de abril de 2010

UN LIBRO, UN CARAVEL

De novo, O DÍA DO LIBRO, os libros da biblioteca quixeron saír dos andeis; como o tempo non nos favorecía tivemos que ficar na entrada, nas escaleiras, e en todos os lugares posibles, (estas chicas da dirección, María e Elena que nos organizaron persoal e espazos dun xeito orixinal e eficaz, como vedes nas fotos). Profes e alumnas, en compartida tarefa, man a man realizaron o préstamo e distribuíron os carabeis; tod@s colaboraron e disfrutaron cos libros e coa lectura, como debe ser nun día de festa.
Parabéns para tod@s.

jueves, 22 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Aquí temos os traballos do día do libro dos alumnos de 1º de ESO: Jonathan, Eva, Silvia, Belén, Carmen, Álvaro, Alicia, Nerea, Óscar, Adrián, Silvia, MFRS, Rebeca, Judith, Jessica, Alex, Joel, Jaime e Sara e moitos máis.
Parabéns para todos, polos seus traballos e polas súas opinións sobre a lectura, seguro que no futuro serán uns marabillosos lectores.

viernes, 9 de abril de 2010

PROGRAMA do DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O vindeiro luns celebraremos na nosa biblioteca o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL" que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen; a nosa biblioteca uniuse a distintas organizacións como a OEPLI (Organización española para o libro infantil e xuvenil) ou GALIX (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) para celebralo; estes son os actos que realizaremos con ese fin... cal?????? o de fomentar a lectura, claro.... • Lectura do manifesto pola lectura do escritor ELIACER CANSINO e o cartel de NOEMÍ VILLAMUZA que este ano preparou a OEPLI, e que en todos os países do mundo se lerá ás 12,00 horas ou ás 18,00 horas do día 12 de abril. • Encontro dos alumnos de bacharelato co escritor galego Fran Alonso, autor do libro de relatos “Males de cabeza”. • Exposición escolar sobre o tema de literatura e cine.
Aquí vos deixamos un pequeno fragmento do manifesto: “Así que… non esperes máis, estende a túa man, toma un libro, ábreo, le: descubrirás, igual que na canción da miña infancia, que non hai barco, por pequeno que sexa, que en pouco tempo non aprenda a navegar.” Eliacer Cansino

miércoles, 6 de mayo de 2009

TRABALLOS DO DÍA DO LIBRO 2009

Aquí temos os traballos do día do libro, elaborados polos alumnos de 1º de ESO:
PARABENS para todos eles polas súas tarefas, anímannos a ler e lémbrannos o valor da lectura:

sábado, 25 de abril de 2009

O DÍA DO LIBRO 23/04/09

Posted by Picasa
A BIBLIOTECA saíu, chea de libros e comics, ao patio e á entrada: Os chicos de 1º de ESO agasalláronnos cos seus carteis, os de 4º coas súas fotos traballando a alfabetización: Moitos levamos o noso libro e o noso caravel, algúns quedaron retrasados e levaron libro e marcapáxinas, outros sairon ler ao xardín... todos celebramos o día
ENTRE LIBROS.

martes, 21 de abril de 2009

O DÍA DO LIBRO

O xoves 23 temos unha cita no xardín co libro e coa biblioteca; escolleremos para ti os comics máis atractivos e as últimas novidades de lectura, "por un libro un caravel e moitas horas de lecer"; entrementres aquí deixamos este vídeo de carteis de fomento de lectura:
"justify">

viernes, 17 de abril de 2009

Preparándonos para o día do libro: 23 de Abril

Agardando a visita de Don Quixote e Sancho o día 23 para animarnos a ler, imos entrando en ambiente con este vídeo de actitudes lectoras: