martes, 12 de julio de 2011

"Tenho en mim todos os sonhos do mundo, eu sao poeta": PESSOA EN 3 D

Podemos gozar deste lindo vídeo en tres dimensións arredor do grande poeta portugués Fernando Pessoa, serve pois para achegarnos á súa personalidade e a súa poesía coa máis anovadora das tecnoloxías "3D":
"O mar salgado, quanto do teu sal sao lágrimas de Portugal...":



lunes, 11 de julio de 2011

BIBLIOTEQUEAR

BIBLIOTEQUEAR é o blog de Cristina Fernández Ameal  (http://bibliotequear.blogspot.com/) que desde Baiona nos aporta unha pinga de auga fresca sobre libros, ilustración e todas esas marabillosas cousas que nos fan voar en alfombras máxicas coa imaxinación, levados das letras e das imaxes...
Un feliz verán de palabras e figuras... e de libros. Grazas Cristina polo teu agasallo: