domingo, 18 de octubre de 2009

NOVAS VOCES NA BIBLIOTECA

Desde a biblioteca están a chamarte novas e misteriosas voces:
* Ahriel, o anxo feminino de ALAS DE FUEGO que debe guiar e protexer a raíña Marla.
* Atsushi-kun, protagonista de BICAME PROFE que está namorado do seu antigo veciño e amigo Maachan, e trata de matricularse no Instituto Jyogaoka para poder estar preto del nos próximos tres anos.
* Anaíd, a heroína de O CLAN DAS BRUXAS, adolescente que debe confesar que é unha bruxa do clan da Loba para salvar a súa nai.
* Aono Tsokune, personaxe de ROSARIO TO VAMPIRE que vai pasar o verán a unha estraña academia ao lado dun mar vermello.
* As imaxes de VIctoria Frances en FAVOLE, o mundo do vampirismo feminino
* Georgina debe atopar a seu pai, un arqueólogo perdido en México en LAS HIJAS DE LAS TORMENTAS.
* E como non, as aventuras de Bella e Edward en AMANECER, ECLIPSE, LUNA NUEVA, CRÉPUSCULO, o pack completo.

jueves, 8 de octubre de 2009

A ESCRITORA RUMANA HERTA MÜLLER OBTÉN O PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2009

HERTA MÜLLER (Nitzkydorf, 1953) é unha das representantes da literatura rumana en lingua alemá, máis importantes. Exiliada en Berlín, tivo que fuxir de Rumanía durante a etapa comunista por defender os dereitos da minoría alemá neste país. Recibiu varios premios literarios en Alemania e agora recibe o da Academia Sueca por "a súa capacidade para describir a paisaxe dos desposeídos" en palabras da propia Academia.
Ten varios libros publicados en alemán e catro deles están traducidos ao español:
En tierras bajas (Niederungen), 1990
El hombre es un gran faisán en el mundo (Der Mensch ist ein großer Fasan auf der Welt), 1992
La piel del zorro (Der Fuchs war damals schon der Jäger), 1996
La bestia del corazón (Herztier), 1997
Esperemos que en breve poidamos lela e disfrutala en GALEGO.

viernes, 2 de octubre de 2009

MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Convencidos como estamos da importancia de afacernos a LER EN PANTALLAS, LER NAS NUBES, esta semana recomendamos outra web: hoxe 2 de outubro é o día do aniversario de GANDHI e hoxe arranca de Nova Zelanda a Primeira Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia; durante catro meses percorrerá máis de 90 países e 160.000 Km na busca de apoios, e a reflexión de cidadáns e políticos.
Numerosas personalidades e famosos, Premios Nobel, artistas e deportistas, apoian esta marcha e ti???????.
Podes seguir a Marcha minuto a minuto desde a web http://www.marchamundial.org/, un mapa interactivo de Google Maps amosa o percorrido en tempo real, tamén hai fotografías e vídeos dos momentos máis importantes.
A páxina ten gran cantidade de información multimedia: mapas, documentos, enlaces, actualizacións por RSS, etc.