viernes, 28 de noviembre de 2014

Conferencia de Ángel Carracedo no IES de Poio ( Mes da ciencia en galego nas bibliotecas).

Hoxe temos o pracer de confirmarvos que o vindeiro día 11 de decembro recibiremos no noso centro a visita do prestixioso xenetista galego Ángel Carracedo

Esta conferencia celebrarase grazas á colaboración do Departamento de Orientación, a Vicedirección do noso IES e da Biblioteca; por cuestións de calendario do doutor Carracedo terá lugar no mes de decembro pero está encadrada dentro da programación da campaña "Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas". O doutor é ademais o autor do manifesto co que se destaca esta campaña.





O profesor Carracedo, de gran prestixio internacional polos seus estudos sobre o ADN defende tamén a postura da necesidade da existencia dunha CIENCIA EN GALEGO.

Dentro das actividades desta campaña "mes da ciencia en galego na biblioteca" desde a biblioteca estase a fomentar a participación do alumnado do I certame literario "Relatos de auga intelixente" organizaco por Viaqua coa fin de celebrar o Día Mundial da Auga. Con este fin a asociación Ventos realizará un obradoiro sobre o uso responsable da augaco alumnado de 1º de ESO.

Sobre o uso responsable da auga deixámosvos este fermoso vídeo de "Abuela Grillo"sobre un mito ayoreo con música de Luzmilla Carpio ( en quechua, linguaxe minorizada de Bolivia):



                        

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Aprendendo co móbil

Descargando o Dicionario da RAG; agora leváremos o dicionario sempre connosco, por se o precisamos:

 

Etiquetas de Technorati: ,,

martes, 11 de noviembre de 2014

Campaña NON AO MALTRATO, 25 Novembro.


domingo, 9 de noviembre de 2014

V Xornadas de Bibliotecas Escolares. Práctica de curación de contidos.


banner
20141108_101542
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás V Xornadas das BIBES e, coma sempre (menudo nivelón), volvemos con novas ideas e con moita aprendizaxe na mochila.
Imos pois a poñer en práctica o ensinado e tentar –humildemente- realizar unha práctica de “Curación de contidos”, é dicir reunir/seleccionar recursos que se presentaron nas xornadas  e comentalos, “dar sentido ao que outros crean” en palabras de Javier Guallar; sabemos que estes recursos deberían ter pasado pola web pero coma si pasaron un filtro tecnolóxico (foron recollidos na tablet e van estar recollidos na páxina das BIBES galegas e no seu repositorio ) dámos por válido ese filtro web.
20141107_173741
   Comezamos pois pola intervención de Ricardo Gómez e as súas mazás envelenadas da educación: o informe Pisa, a burocratización , os efectos perniciosos do bilingüismo, os inconvintes do mundo TIC e a ideoloxía implícita. A hisoria sempre nos dá leccións que permiten preparar o futuro. Unha ponencia, a de Ricardo Gómez, que nos permitíu sentar as bases do que viña deseguido, reflexionamos sobre a mitoloxía, a historia e o sistema educativo século XX? Mónica Baró vai completar esta ponencia coa súa ollada ao futuro.
20141108_103729
A biblioteca escolar ten sentido hoxe??? Sempre clara, concisa e directa Mónica Baró (un pracer escoitala) apórtanos as claves das BIBES do século XXI: Contribúen a mellorar o rendemento escolar (a súa función crítica é fundamental para nós), favorecen a competencia informacional, rompen a brocha dixital ( os que teñen e os que non teñen), facilitan o acceso físico e virtual aos recursos, etc… Hai un novo papel para a BIBE como novo espazo de aprendizaxe, é precisa unha evolución cara aos novos retos (debemos mudar as aulas e as aprendizaxes que faciliten o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo): As novas competencias, o alfabetismo en información e en medios de comunicación.
20141108_115833_resized_1
A media mañá, Javier Guallar falounos de “A curación de contidos” (content curator= xestor de contidos, recoller o máis relevante sobre un tema específico, busca, selecciona, caracteriza e difunde). Nas BIBES relaciónase coa información dixital disponible na Rede, e innova; como a BIBE se relaciona coa súa comunidade de usuarios.”O profesor xa non é o que sabe senón o que FILTRA a información e a distribúe cun valor engadido, será un axente mediador de formación”. Recordatorio importante: Citar as fontes, filtrar e comentar. Moito que ver co labor que facemos nos blogs das BIBES.
20141108_180423
Rematamos sesións coa ponencia de Pérez Tornero sobre competencia mediática e formacional: “ Hai que renovar a escola, un novo mundo, novas linguaxes…precisamos unha NOVA ALFABETIZACIÓN. Debemos aceptar a PLURALIDADE e a COMPLEXIDADE das novas linguaxes, facer unha LECTURA PLURIDIMENSIONAL, formar na comprensión crítica do coñecemento; as lecturas de hoxe son plurais e colaborativas, debemos impulsar as múltiples linguaxes e a súa intertextualidade, tarefa de TOD@s (profesorado e todos os sectores do sistema educativo).

Creativo e reflexivo o traballo dos ponentes, imponente e participativo o das compañeiras e compañeiros das BIBES que presentaron as mesas de experiencias e excelente o labor d@s representantes da Asesoría deBIBES en todos os aspectos ( sen esquecer o grande valor nas tarefas dos representantes do CAFI e dos CEFORES).
Virán tempos de CRISE e innovación sen apoios… estaremos aí, case mil representantes das BIBES de Galicia, unha finde en Compostela.