lunes, 28 de octubre de 2013

CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA


Coas palabras de Laura Gallego e nas voces das nosas compañeiras do club de lectura de 2º de ESO chéganos este convite a celebrar o Día da Biblioteca 2013



Con motivo da celebración aproveitamos para estrear o noso vídeo realizado para a páxina de Leer.es e que xa podedes visionar no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/576



CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA on PhotoPeach

jueves, 24 de octubre de 2013

24 de Outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Por mor da folga convocada para o día de hoxe en "DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO" trasladamos a celebración do día das bibliotecas ao próximo luns, estades todos e todas convidados á estrea:


lunes, 21 de octubre de 2013

Os perigos de INTERNET: Un tebeo para ler en familia.

O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar,  nunha produción de El Patito Editorial, veñen de publicar e enviar aos centros este comic sobre os perigos de Internet.

Unha historia que exemplifica os riscos que os máis novos corren se se conectan a Internet dunha forma non segura:

  • Coa lectura do tebeo aprendemos que non debemos facilitar os nosos datos persoais a calquera persoa que no lo pida.
  • Non deberemos enviar fotografías (nen nosas nen dos nosos compañeiros) a terceiros. 
  • Debemos informar aos nosos pais de con quen e de como nos conectamos.
  • Sería moi bo facer aos pais partícipantes dos nosos lugares nas redes sociais para que poidan protexernos de calquera que nos queira facer mal ou enganarnos.

Podedes descargalo en PDF se desexades no seguinte enlace:


 Despois da lectura deste comic esperamos os vosos comentarios.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Escoitando a Rosalía tamén na nosa biblioteca:

No ano do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Coordinadora de traballadores  e traballadoras da normalización da lingua chéganos esta selección de recursos en audio arredor da figura e da obra da autora: 

"Rosalía para todos os gustos! Rosalía en todos os estilos! Pop, hip hop, muiñeira, rock, jazz, música antiga, tradicional, blues, fusión... Rosalía para tod@s! — con Uxía UxíaSeguidores De Astarot Cangas Do MorrazoFran Pérez, NARFResonetXiana Lastra PernasaCadaCantoAmancio Prada oficialNajla Shami e Aid."



Na nosa biblioteca podedes atopar:

 "Rosalía pequeniña" de Uxía, 

 "Rapoemas" de Aid , 

 " Na lingua que eu falo" de Najda Shami:





viernes, 4 de octubre de 2013

Sobre FORMACIÓN DE USUARIOS e CLUBS DE LECTURA

Olaaa a todos e a todas: 

O luns iniciamos unha nova andaina 2013/14 na nosa biblioteca, recibiremos ao alumnado de 1º de ESO para mostréllela e explicarlles como funciona, aproveitaremos para facerlles o seu carnet e se se portan ben faremos algún xogo con eles e elas.


O equipo da biblio está desexando recibilos pois sabe que logo da súa visita nos acompañarán en moitos recreos e serán seguidores fieis das nosas actividades, coa súa animación encherán a nosa casiña.

Debemos felicitar aos coordinadores das bibliotecas escolares dos seus coles pois trala visita dalgúns deles sabemos da boa formación que se lles deu nos mesmos.

Esta semana púxéronse a andar tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS, os titores ocuparanse de facelas rular durante todo o ano.

E por fin este venres comezaron a andar os CLUBS DE LECTURA, no recreo alí estaban as alumnas de 1º e 2º de bacharelato, o club de Linguas Clásicas, coa profesora Carmen Fernández ao frente presentándolles a súa primeira lectura do curso: "Anfitrión" de Plauto.

O vindeiro luns recibiremos a grupo 1 de 2º de ESO que se estrean como Club de Lectura, haberá que explicarlles como funciona, orientalos nas lecturas e actividades e aínda que eles e elas non o esperan convidalos a ser os novos axudantes da biblioteca.

Boa andaina para todos eles nos mundos da lecturaaaaaaa!!!!!.