miércoles, 29 de junio de 2011

NO CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO (III): O INCERTO SEÑOR CUNQUEIRO.

"Nada se parece a Cunqueiro salvo Cunqueiro" así nos introduce Miguel Anxo Murado no mundo cunqueiriano "un universo poboado de poesía e divagacións, cociñado lentamente con melancolía pero tamén con vitalismo"... Deste xeito comeza o Documental "O incerto señor Cunqueiro" emitido pola TVE 2 no programa Imprescindibles e que recomendo para vos achegar a figura humana, a obra (en galego e en castelán) e a unha interpretación da mesma, deste o noso escritor.

O guión é de Miguel Anxo Murado e a dirección de Antón Reixa; realmente moi interesante, podedes comprobalo:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-incierto-senor-cunqueiro/1138059/


jueves, 23 de junio de 2011

NO CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO (II)

O nosa grande fabulador en audiovisual, na AVG, será emitido mañá venres ás 22 ploa TVE2 (aínda que é orixinal en castelán, unha mágoa):

"A serie Imprescindibles emite mañá venres (TVE 2, 22:00 horas) un documental sobre a figura de Álvaro Cunqueiro. Imaxes de arquivo nas que o propio Álvaro Cunqueiro fala da súa literatura, dos seus amigos e dos seus gustos. Iso, completado coa visión del a cargo de familiares, escritorse, amigos e especialistas como César Antonio Molina, Francisco Fernández del Riego ou Nélida Piñón, máis un ensaio dunha das pezas máis importantes da súa produción, Don Hamlet. Con este material, Miguel Anxo Murado escribe o guión dunha produción que ten a Antón Reixa como director."

sábado, 18 de junio de 2011

O DÍA E: 18 de xuño, o día dos que falan en ESPAÑOL

Hoxe celébrase o día da lingua española, o Instituto Cervantes vén organizando un concurso para saber cal é a palabra favorita do español:
"Vota tu favorita: Sustantivos o verbos, llanas o esdrújulas, compuestas o simples. De las miles de palabras que componen nuestra lengua, un grupo de personalidades de habla hispana de los más diversos campos del saber han elegido más de una treintena de ellas. ¡Vota tu favorita!"
Esta é a palabra favorita da cantante María Dolores Pradera:


miércoles, 15 de junio de 2011

No CENTENARIO de ÁLVARO CUNQUEIRO

No centenario do nacemento do noso querido escritor Álvaro Cunqueiro (1911-2011), os alumnos de 4º de ESO realizaron estes Power-points para difundir a súa figura e a súa obra entre os seus compañeiros.

Presentan o seu labor como poeta, como narrador e o seu importante papel no eido das Letras Galegas (independentemente do seu labor en lingua castelá).

domingo, 12 de junio de 2011

QUERIDO BALBINO (1961-2011 50 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO)

Nestes tempos anda a percorrer as bibliotecas da Galiza, unha exposición organizada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galiza que se titula "QUERIDO BALBINO"  e que quere celebrar os 50 anos da publicación de MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
Do libriño co cal nos agasallaron ao visitar a exposición, e da CARTA A BALBINO, entresacamos estas fermosas palabras escritas polo autor, NEIRA VILAS ao seu Balbino cincuenta anos despois:

"Eramos da mesma idade. Con vinte anos eu marchei para América e ti ficaches na aldea, en calquera aldea das tantas aldeas galegas. Tamén ti eras un de tantos balbinos, pois daquela había moitos (non de nome pero si de condición). Nunca te esquecín, porque sería coma esquecerme do meu propio berce, do meu eido orixinario, de min mesmo, que en definitiva son ou fun, coma quen di, un Balbino máis. Un ninguén. (...) En medio século o mundo cambiou moito. E tamén cambiou o pequeno mundo meu e teu, sucedéronse as xeracións, hai outras modas e tamén outros modos, outras cancións, outras palabras que se foron mesturando coa nosa fala, outros medios para saber o que acontece no mundo de lonxe, tan revolto coma sempre. Pero o esencial está como estaba. Permanece. Por iso os Balbinos de hoxe, inda que en xeral teñen mellor mantenza e mellor escola, visten mellor, non tripan lama, e os máis deles andan en coche, seguen lendo as túas "memorias", e cando se lles vai algo, falan co pai ou co avó e deseguida volven ao rego.

E nada máis por hoxe, compañeiro, amigo dende a infancia e para sempre, rapaz auténtico da Galicia eterna e auténtica. Xuntos estamos de por vida.

Unha aperta e un aturuxo do teu veciño, teu amigo, teu pai e teu biógrafo-fabulador. "
Xosé Neira Vilas
Gres, marzo de 2011.


sábado, 11 de junio de 2011

LECTURAS DE VERÁN: A ALEMANIA VAISE POR AQUÍ (FLM2011)

Aquí tedes as obras que vos recomendamos para pasar un bo verán cheíño de lecturas; este curso decidimos facer un monográfico sobre a literatura alemá aproveitando a información que nos facilitaron na FLM2011. Esperamos que o disfrutedes:

martes, 7 de junio de 2011

VISITAMOS A FEIRA DO LIBRO DE MADRID

Os días 2,3 e 4 de xuño, o grupo dos clubs de lectura de 3º de ESO que participa no programa ARCE reunímonos na Feira do Libro de Madrid cos nosos compañeiros de Gran Canaria e Murcia.
Visitamos a cidade y realizamos múltiples actividades relacionadas coa lectura e co mundo do libro: Visita ao Museo do Libro, participamos noutras organizadas no marco da feira como a mesa redonda sobre o presente e futuro do libro, encontrámonos e fixemos fotografías con Leer.es, paseamos polo recinto, mercamos libros e vimos a algúns dos escritores máis sonados do país como o Nobel Vargas Llosa, María Dueñas, Múñoz Molina...
Mais sen dúbida a actividade máis importante foi a posta en común que arredor das nosas lecturas realizamos coas nosas coordinadoras. Aquí tedes o docimento visual: