miércoles, 29 de junio de 2011

NO CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO (III): O INCERTO SEÑOR CUNQUEIRO.

"Nada se parece a Cunqueiro salvo Cunqueiro" así nos introduce Miguel Anxo Murado no mundo cunqueiriano "un universo poboado de poesía e divagacións, cociñado lentamente con melancolía pero tamén con vitalismo"... Deste xeito comeza o Documental "O incerto señor Cunqueiro" emitido pola TVE 2 no programa Imprescindibles e que recomendo para vos achegar a figura humana, a obra (en galego e en castelán) e a unha interpretación da mesma, deste o noso escritor.

O guión é de Miguel Anxo Murado e a dirección de Antón Reixa; realmente moi interesante, podedes comprobalo:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-incierto-senor-cunqueiro/1138059/


1 comentario:

o sorriso da muralla dijo...

Noraboa polo marabilloso traballo, agora queda disfrutar das merecidas vacacións. Tedes un agasallo no noso blog.
Un sorriso e un bico enorme