miércoles, 30 de abril de 2014

Ningún amante sabe conducir. Rosalía Fernández Rial.

Presentamos este poemario de Rosalía Fernández Rial que vén de publicarse en Edicións Positivas, un poemario moi novidoso desde o punto de vista formal xa que mistura verso, prosa poética e teatro e tamén desde o punto de vista temático pois a velocidade, o erotismo e o sexo son as principais compoñentes do libro. Mais deixemos que a propia autora nos fale del nesta entrevista que lle fixeron na TVG:



A lectura deste poemario desconcertounos pero non nos defraudou mais ao contrario e como xa acontecera coa súa obra anterior Vinte en escena conmoveunos co seu lirismo e con moitas das imaxes dos seus versos; aínda ecoan nos meus oídos as "sereas con peixes nos beizos" da escea VII, " a luxuria do bidón con lume" da escea XVI que agora nesta nova obra soan coma "a soidade da lanzadora de coitelos" ou " a calzada que me queda para tocarte é un deserto en expansión".

Non deixedes de gozar da poesía desta moza chea de sensibilidade e de sabor e lembrade que estará con nós no Encontro poético de Tui. Xa vos contaremos á volta.

Rosalía Fernández Rial. Ningún amante sabe conducir. Edicións Positivas. 2014.
Rosalía Fernández Rial. Vinte en escena. Edicións Positivas. 2012.

Podedes coñecer máis sobre a súa obra no seguinte enlace do blog de EnREDandoversos pois foi a nosa poeta do mes de decembro: 

http://enredandoversos.blogspot.com.es/2013/12/en-decembro-con-rosalia-fernandez-rial.html 

sábado, 26 de abril de 2014

OBRADOIRO DE TANKAS NO DÍA DO LIBRO

Este curso quixemos ir un paso máis aló e despois do obradoiro de HAIKUS que fixemos o ano pasado, seguimos con poesía xaponesa, neste caso un obradoiro de TANKA.
Podedes ver os resultados:

viernes, 25 de abril de 2014

Día do Libro con Gabriel García Márquez.

Día do libro con Gabriel García Márquez on PhotoPeach




DÍA DO LIBRO: Estreamos as nosas MALETAS DE POESÍA.

E coma este ano xa nos iamos merecendo un regalo pois o 23 de abril estreamos as nosas maletas de poesía para empregar na Hora de Ler ou en calquera outro momento no que desexemos deixarnos mecer nos brazos das musas, ou de Raúl Vacas ou de Ana Mª Fernández, ou de Manuel Antonio ou de Rosalía, ou de Benedetti ou de Antonio Machado...

Son dúas maletas dirixidas unha delas a Bacharelato e outra á ESO e que comprenden poemarios en español e en galego cada unha delas; agora só queda esperar a que rulen...






                     

viernes, 18 de abril de 2014

"El amor en los tiempos de cólera" a nosa homenaxe a Gabriel García Marquez.

A nosa especial homenaxe a Gabriel García Márquez: Recuperamos o vídeo realizado polo noso alumnado, hoxe en 2º de bacharelato, para o proxecto Cinetura; daquela no club de lectura estábase lendo El amor en los tiempos de cólera. :

lunes, 14 de abril de 2014

PONLLE CARA Á CIENCIA

Libro colaborativo elaborado polo alumnado de 1º de ESO D e 2º de ESO C como apoio á exposición LER CIENCIA:

domingo, 13 de abril de 2014

viernes, 4 de abril de 2014

Fomos ao teatro: "Da Vinci tiña razón"

Entre as actividades programadas para a semana do LIX, no día de onte asistimos á representación da peza teatral "Da Vinci tiña razón".

O alumnado de 2º de bacharelato que participou na sesión, literalmente "riu a cachón" durante toda a obra; desconcertados no inicio pola trama, cada vez que os vía, o sorriso e a gargallada estaban pintados nas súas faces.

Xa desde o primeiro momento no que Quico Cadaval, director da obra, fixo a introdución, recolleron información a través do humor culto: o teatro é goce mais tamén é aprendizaxe.

Xa no centro realizamos unha reflexión sobre o significado da obra, a crítica social que fai, falamos da posta en escea, dos seis personaxes (incluído o cadro da Monalisa), dos xogos de luces e sombras... e como non, do Teatro do pánico e do surrealismo.

Esta é a memoria gráfica da actividade:

Estivemos no teatro: "Da Vinci tiña razón" on PhotoPeach

                   

Presentación do libro "O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO"

Tras o obradoiro de kamishibai e xa dirixíndose ao alumnado de 1º de ESO en xeral, sempre dentro das actividades programadas para a semana do LIX, Suevia Sobral e Riu presentáronnos o libro-disco  "O meu marabilloso sombreiro" escrito por Akiko Ishihara ( a nai de Riu) e ilustrado pola propia Suevia Sobral (ex-alumna do noso instituto).

Despois das presentación aos noso alumnos e alumnas,  entrambos Suevia e Riu, representaron o conto co seu kamishibai que chamou moito a atención do alumnado, por ser a presentación na lingua galega e na xaponesa e pola técnica do propio teatrillo que eles descoñecían.




Para rematar a súa actuación, e tras varios ensaios entre todos despedímonos cantando unha fermosa canción do seu disco.


OBRADOIRO DE KAMISHIBAI. "O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO"

Continuando coas actividades da semana do LIX, esta mañá recibimos na nosa biblioteca a Suevia Sobral e a Riu que nos visitaron para realizar un obradoiro de kamishibai co alumnado de clubs de lectura de 1º de ESO.

Foi unha visita moi especial se temos en conta que Suevia é ex-alumna do noso centro e os seus profesores e profesoras estabamos encantados de tela de novo entre nós.

Despois de ensinarnos como funciona un kamishibai a través da posta en escea do conto dos budas cantan ( bilingüe galego/xaponés), os rapaces e rapazas achegéronse para coñecer o teatriño máis de perto, facerlle preguntas e tomar nota dos seus consellos para que no futuro eles poidan poñelos en práctica:




Obradoiro de Kamishibai on PhotoPeach

                     

Rematamos a sesión cantando todos e todas xuntos unha canción popular xaponesa que está incluída no seu libro "O meu marabilloso sombreiro":


                    

miércoles, 2 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. ACTIVIDADES

Pincha nos enlaces que atoparás sobre a imaxe para ver as actividades programadas nesta semana co gallo da celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil.


DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2014

EXPOSICIÓN LER CIENCIA:

Exposición LER CIENCIA on PhotoPeach



LECTURA DO TEXTO DA OEPLI E CONTACONTOS:

CONTACONTOS NO DÍA DO LIX 2014 on PhotoPeach



martes, 1 de abril de 2014

Somos especiais, somos un encanto: Neurodiversidade.

MARÍA E MAIS EU

" O autismo é unha discapacidade permanente do desenvolvemento que se manifesta nos tres primeiros anos de idade. A tasa do autismo en todas as rexións do mundo é alta e ten un terrible impacto nos nenos, as súas familias, as comunidades e a sociedade."

Podedes atopar máis información sobre o tema na seguinte páxina do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo:

https://www.un.org/es/events/autismday/


Desde Biblioribeira (IES Ribeira de Louro) chéganos esta selección de lecturas, álbumes ilustrados, relacionadas coa neurodiversidade. A escolla foi realizada pola profesora Olga Lalín.
Unha recompilación a ter moi en conta e que podedes atopar en:

/http://www.pinterest.com/olgalalin/biblioribeira-neurodiversidade/

Lembremos que o día 2 de abril é o Día Mundial sobre o Autismo:

«El Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo no tiene por único objeto generar comprensión; es una llamada a la acción. Insto a todas las partes interesadas a participar en la promoción de los avances prestando apoyo a programas de educación, oportunidades de empleo y otras medidas que ayuden a hacer realidad nuestro ideal común de un mundo más inclusivo.»

Mensaxe do Secretario General, Ban Ki-moon
co gallo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2014.