miércoles, 30 de abril de 2014

Ningún amante sabe conducir. Rosalía Fernández Rial.

Presentamos este poemario de Rosalía Fernández Rial que vén de publicarse en Edicións Positivas, un poemario moi novidoso desde o punto de vista formal xa que mistura verso, prosa poética e teatro e tamén desde o punto de vista temático pois a velocidade, o erotismo e o sexo son as principais compoñentes do libro. Mais deixemos que a propia autora nos fale del nesta entrevista que lle fixeron na TVG:



A lectura deste poemario desconcertounos pero non nos defraudou mais ao contrario e como xa acontecera coa súa obra anterior Vinte en escena conmoveunos co seu lirismo e con moitas das imaxes dos seus versos; aínda ecoan nos meus oídos as "sereas con peixes nos beizos" da escea VII, " a luxuria do bidón con lume" da escea XVI que agora nesta nova obra soan coma "a soidade da lanzadora de coitelos" ou " a calzada que me queda para tocarte é un deserto en expansión".

Non deixedes de gozar da poesía desta moza chea de sensibilidade e de sabor e lembrade que estará con nós no Encontro poético de Tui. Xa vos contaremos á volta.

Rosalía Fernández Rial. Ningún amante sabe conducir. Edicións Positivas. 2014.
Rosalía Fernández Rial. Vinte en escena. Edicións Positivas. 2012.

Podedes coñecer máis sobre a súa obra no seguinte enlace do blog de EnREDandoversos pois foi a nosa poeta do mes de decembro: 

http://enredandoversos.blogspot.com.es/2013/12/en-decembro-con-rosalia-fernandez-rial.html 

No hay comentarios: