Tralo pasamento de Xosé Neira Vilas retomamos os seu paso polo noso blog nas mas do noso alumnado:
Aqueles anos do Moncho, cando cumpría 50 anos:
http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/search/label/Neira%20Vilas
E nas Xornadas de bibliotecas escolares galegas no 2010:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=242
EnREDandoversos con Neira Vilas:
http://enredandoversos.blogspot.com.es/2013/08/enredando-versos-con-neira-vilas.html
Que a súa man descanse na man de Anisia Miranda.
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
viernes, 27 de noviembre de 2015
"Querido Balbino", sempre te levaremos no corazón:
domingo, 12 de junio de 2011
QUERIDO BALBINO (1961-2011 50 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO)
Nestes tempos anda a percorrer as bibliotecas da Galiza, unha exposición organizada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galiza que se titula "QUERIDO BALBINO" e que quere celebrar os 50 anos da publicación de MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
Do libriño co cal nos agasallaron ao visitar a exposición, e da CARTA A BALBINO, entresacamos estas fermosas palabras escritas polo autor, NEIRA VILAS ao seu Balbino cincuenta anos despois:
"Eramos da mesma idade. Con vinte anos eu marchei para América e ti ficaches na aldea, en calquera aldea das tantas aldeas galegas. Tamén ti eras un de tantos balbinos, pois daquela había moitos (non de nome pero si de condición). Nunca te esquecín, porque sería coma esquecerme do meu propio berce, do meu eido orixinario, de min mesmo, que en definitiva son ou fun, coma quen di, un Balbino máis. Un ninguén. (...) En medio século o mundo cambiou moito. E tamén cambiou o pequeno mundo meu e teu, sucedéronse as xeracións, hai outras modas e tamén outros modos, outras cancións, outras palabras que se foron mesturando coa nosa fala, outros medios para saber o que acontece no mundo de lonxe, tan revolto coma sempre. Pero o esencial está como estaba. Permanece. Por iso os Balbinos de hoxe, inda que en xeral teñen mellor mantenza e mellor escola, visten mellor, non tripan lama, e os máis deles andan en coche, seguen lendo as túas "memorias", e cando se lles vai algo, falan co pai ou co avó e deseguida volven ao rego.
E nada máis por hoxe, compañeiro, amigo dende a infancia e para sempre, rapaz auténtico da Galicia eterna e auténtica. Xuntos estamos de por vida.
Unha aperta e un aturuxo do teu veciño, teu amigo, teu pai e teu biógrafo-fabulador. "
Xosé Neira Vilas
Gres, marzo de 2011.
sábado, 9 de abril de 2011
EMOCIONÁMONOS CON XOSÉ NEIRA VILAS
No día de onte e no marco dos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011 asistimos moi conmovidos a un agradable encontro co escritor Xosé Neira Vilas, o cal puxo un marabilloso e emotivo broche final a unhas xorndas xa de por si magníficas; falounos de libros e de bibliotecas, das súas experiencias persoais cos libros e coa lectura, narrounos episodios da súa vida, que nalgunhas ocasións nos trouxeron á memoria algunhas esceas da súa obra máis coñecida e da cal celebramos este ano o 50 ANIVERSARIO: Memorias dun neno labrego, comprobádeo senón:
Galicia:
" Eu tiña que andar oito quilómetros ida e oito quilómetros de volta para ir á escola tres días á semana, e non por un camiño asfaltado, polo medio do monte, con pedras e cheo de lama"...
" Os xoguetes faciámolos nós polo que non os rompiamos e ademais aprendiamos a usar as ferramentas"
"Eu pedía libros a Barcelona para poder ler e escondíaos debaixo das tellas"... "Aos 16 anos traballaba nun aserradeiro"
Arxentina:
"Quería estudar e estudei xornalismo"... "Lía moitos libros que logo lle daba a dúas escolas"... "Anisia e eu fundamos unha distribuidora do libro galego Follas Novas, co fin de difundir o libro galego en toda América, co 30% que lle gañabamos aos libros invertiámolo en libros galegos que ían ás bibliotecas"
Cuba:
"En Cuba había daquela 6,4 libros por habitante" ... "Alí os mestres teñen moito prestixio social ... non hai suspensos, o suspenso é un problema de honor para o mestre e todos colaboran paa que non se suspenda"...
"Memorias" está considerado o primeiro libro da literatura infantil e xuvenil pero non foi escrito para nenos: Eu dixen hai que contar isto, o drama dos campesiños (os libros que daquela había sobre campesinos daban unha visión chocalleira dos mesmos), eu tiña trinta anos; Escribía nun caderno as historias de Balbino, igual que Balbino. Escribía nun café e o primeiro lector de "Memorias" foi o camareiro daquel café, o segundo foi Anisia e o terceiro Rafael Dieste. Hoxe en día está publicado a múltiples idiomas e hai tamén unha edición en Braille para cegos publicada pola ONCE de A Coruña.
Eu sempre andei entre libros, diciase dun home "acariñaba os libros como un avaro acariñaba as moedas"...
"Agora recibo homenaxes e discursos: Este tipo de discursos faise cando o autor está morto e eu pido disculpas porque estou vivo."
Nese momento o auditorio comezou a aplaudilo, levantuose e durante un longo rato permaneceu en pé aplaudindo en homenaxe ao autor, o cal humildemente devolvía os aplausos ao auditorio; toda unha lección de humanidade, as súas fermosas palabras e a súa actitude cun público que se desbordaba de admiración polo escritor... realmente foi o mellor regalo para rematar estas xornadas.
Para unha información máis técnica e ver unha presentación de fotos sobre as xornadas remitímosvos ao blog do IES de Fene "O Segrel do Penedo":
Etiquetas:
literatura galega,
Neira Vilas,
PLAMBE
lunes, 10 de enero de 2011
50 anos con BALBINO (II)
Etiquetas:
club de lectura,
lectura,
literatura galega,
Neira Vilas,
TIC
miércoles, 5 de enero de 2011
50 anos con BALBINO: Grazas a XOSÉ NEIRA VILAS
Tal día coma hoxe, hai 50 anos na Arxentina saía á luz a historia de "Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis un ninguén. E ademais, pobre" deste modo, el mesmo se define ao comezo da novela. Desde aquela lévanse vendidos uns 600.000 exemplares: o "best-seller" da literatura galega.
Mais deixando de lado os supervendas, daquela os nenos e nenas galegos, e os que o fomos, recibimos un fermoso presente: a historia de Balbino é a historia de moitos nenos galegos que coma el soñaban cun futuro máis doce para todos os rapaces da aldea; da súa man chéganos hoxe en día o seu legado que non debemos esquecer.
As valoracións de Marta, Raquel, Patricia e Carla (4º ESO A, Decembro 2010), rapazas do século XXI:
Marta: O argumento do libro pareceume moi interesante, só que o pobre Balbino tiña unha vida moi frustrante e ten que vivir sen facer o que el quixera por culpa da sociedade da época.
Raquel: Gustoume a ilusión de Balbino ao atopar a caixiña, ao ir a escola, ao ser monaguillo, ao ir despois das festas á aldea... Non me gustou que tivera que marchar da súa casa.
Patricia: Gustoume moito o libro aínda que me pareceu un pouco triste pola vida que levaba Balbino xa que non era feliz, tiña que facer o que querían os demais e non o que a el lle gustaba.
Carla: Gustoume o libro porque é moi entretido e un pouco gracioso, aínda que non me gustou que algunhas persoas se portaran tan mal con Balbino.
Valoración conxunta: Gustáronnos as aventuras que viviu Balbino a pesar de que pasaran cousas que nos deron pena, xa que levaba unha vida difícil na que tiña que traballar moito sendo un neno e só podía facer o que lle mandaban; desconcertounos que o pai lle pegara por darlle unha pedrada a Manolito sen saber que sucedera.
O máis importante para nós foi o esforzo que facía para poder ir á escola, deixar de ir ás festas polo loito, xa que morrera o seu padriño, aínda que para el non significaba nada especial.
Esperabamos que fora un libro triste por que o título nos dicía que era un neno traballador, pero é moi bonito; recomendámoslles aos nosos compañeiros que o lean xa que reflexa perfectamente a vida de moitos nenos labregos daquela época.
Etiquetas:
club de lectura,
lectura,
literatura galega,
Neira Vilas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



