domingo, 22 de septiembre de 2013

BESOS que fueron y no fueron... para comezar o novo ano lector cun sabor doce nos beizos.

Peter Pan, Wendy, a Fada Malvada, a Máquina expendedora de bicos, os bicos que saben a sal, o bico máis bico de todos os bicos... son algúns dos personaxes e dos títulos dos capítulos deste fermosísimo álbum ilustrado co cal queremos iniciar o ano lector.

Os bicos do pirata Barbaespesa, cociñeiro e capitán do galeón Birlibirloque para o que esfregar a súa barba é o máis parecido a pensar.

E con bicos empezaremos todos e todas a ler, a pensar, a analizar e a GOZAR das novidades lectoras que vos esperan na biblioteca; son petiscos doces cociñados con lindas palabras, fermosas imaxes, saborosos pratos servidos en  moitos libros. 
Non deixedes de pasar pola vosa biblioteca para poder saborealos:




"Él le iba a decir a ella te quiero.
Pero ella le puso un dedo índice en los labios.
Él no dijo nada: sólo besó ese dedo
antes de marcharse para siempre.
Desde aquel día ella protege ese beso con un dedal..."
(El beso de la costurera)


Novidades no inicio do novo curso académico 2013/14


Olaaaa denovo a todos e a todas as nosas lector@s e usuarios de Biblioteca do IES de Poio:

Comezamos o novo curso  e quero comunicarvos que recibimos dous Selos de calidade E-twinning polo noso proxecto "Cinetura" no que participa a biblioteca.


A coordinadora do proxecto, Carmen Fernández e máis eu mesma fomos premiadas con este Selo por este proxecto que ten como eixe central a aprendizaxe a través do Cine e da literatura ( a lectura, análise e representación de obras literarias levadas ao cine) no que participa alumnado de Eslovaquia e Italia.
Como sabedes, este proxecto xa recibira o premio nacional en Eslovaquia.


A biblioteca foi o apoio neste proxecto en canto a fondos, medios, mesmo serviu como escenario de rodaxe e posúe a súa propia páxina de información e guía de lectura no twinspace do proxecto.


O SNA de E-twinning felicitounos polo traballo e agora esperaremos a resolución dos Selos europeos en outubro.


Parabéns a todo o alumnado que participou no proxecto e que é o verdadeiro protagonista deste selo; o xoves no tempo de lecer faremos entrega do diploma a tod@s os colaboradores

Algunhas mostras do traballo xa foran publicadas nos nosos blogs: