Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de octubre de 2013

Escoitando a Rosalía tamén na nosa biblioteca:

No ano do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Coordinadora de traballadores  e traballadoras da normalización da lingua chéganos esta selección de recursos en audio arredor da figura e da obra da autora: 

"Rosalía para todos os gustos! Rosalía en todos os estilos! Pop, hip hop, muiñeira, rock, jazz, música antiga, tradicional, blues, fusión... Rosalía para tod@s! — con Uxía Uxía, Seguidores De Astarot Cangas Do Morrazo, Fran Pérez, NARF, Resonet, Xiana Lastra Pernas, aCadaCanto, Amancio Prada oficial, Najla Shami e Aid."



Na nosa biblioteca podedes atopar:

 "Rosalía pequeniña" de Uxía, 

 "Rapoemas" de Aid , 

 " Na lingua que eu falo" de Najda Shami:





domingo, 14 de octubre de 2012

MARÍA FUMAÇA: CANTAR E BAILAR PARA SER MÁIS FELIZ

Cancións para achegarnos á lectura: lemos, cantamos e bailamos. María Fumaça novos aires neste libro-disco:
"Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu."
Blog de Editorial Galaxia  http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=16754


martes, 6 de abril de 2010

COPIAR, PEGAR E PODER MODIFICAR: A ARTE DO HIP-HOP

O HIP-HOP ACOMPAÑOUNOS esta mañá no IES de POIO, concerto e mesa redonda sobre música e compromiso social. Aprendemos de formas contaculturais: Rap, Graffitty, música electrónica, dous vinilos e unha mesa de mezclas, un ritmo que sigue; optamos polas artes positivas, Paz e igualdade=Positividade. As artes do hip-hop como AUTOESTIMA (PARA AXUDARTE, PARA ANIMARTE); usamos a palabra en forma de RAP para dicirlle ao mundo o que temos que dicir sen censuras.

domingo, 22 de noviembre de 2009

Practicamos inglés con Sting

O cantante británico Sting vén de publicar o seu último disco adicado ao inverno: If on a winters night; a canción promocional non parece moi acorde coa estación pois ten unha "marchita" que nos invita a danza con certos toques celtas ou irlandeses ( tal vez sexa para entrar en calor). De agasallo deixounos un vídeo de presentación que nos serve para escoitar a canción principal, ao seu autor e practicar algo de inglés; tamén é unha boa mostra dos instrumentos tradicionais. Quen se atreve??????: