domingo, 25 de marzo de 2012

III Xornadas: "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro"

Os días 23/24 celebráronse en Compostela as "Terceiras Xornadas de Competencia en Comunicación Lingüística"; ao longo das dúas xornadas presentáronse traballos relacionados co tema central desde un punto de vista teórico e tamén casos prácticos, todos eles de moito interés polo que resulta difícil facer un resume dos conceptos e das prácticas presentadas.
Destacamos as ponencias do profesor ARTUR NOGUEROL sobre "Aprender a comunicar. Comunicar para aprender a actuar" que nos falou de PLURILINGÜISMO ( Cando aprendo unha lingua aprendo outras linguas  e moitas otras cousas: Competencia plurilingúe e multicultural) , da importancia de aprender por proxectos, do uso das linguas (desde enfoques comunicativos predominantemente, a creación de situacións comunicativas nas que o uso teña SENTIDO).
XABIER SAN ISIDRO marcounos as pautas para a elaboración dun Proxecto Lingüístico de Centro ao mesmo tempo que sentou as bases para unha reflexión sobre plurilingüismo e interculturalidade (poñer en valor a nosa cultura a través das outras), o uso das linguas estranxeiras no ensino CLIL (Currículo Integrado das Linguas, un eixo temático común a todas as linguas) , das seccións bilingües e a valoración dos resultados acadados desde un punto de vista académico e estatístico.
ANA MARBÁ TALLADA expuxo os resultados dos seus estudos sobre como "Falar, ler e escribir na clase de ciencias" unha ponencia moi interesante na que desde premisas puramente lingúísticas achegounos a unha exposición de tipo científico: Sintetizar, explicar, xustificar en relación co "se, entón, xa, e por qué", o CRITIC ( a consigna do texto, o rol, as ideas, o test, a afirmación, a información e a conclusión).
TISCAR LARA ( Sempre precisa, analítica, sintética, directa...) falounos de "Ser dixital: aprender a comunicar en rede" (un tema que ela domina na exposición teórica e nas súas prácticas dixitais); Do tecnolóxico ao mediático, do técnico-instrumental ao interpretativo cultural, da necesidade de formarnos (alfabetización mediática); precisou o organigrama dos traballos en rede: "Deconstruír para recompoñer e construír" (analizar o discurso, ler e interpretar).Concluíu falando da manipulación en publicidade e en redes, do MARKETING VIRAL e da remezclas. Falando dos blogs aconsellounos publicar neles dunha forma LIBRE E RESPONSABLE.

Estas exposicións teóricas estiveron apoiadas cos casos practicos desenvoltos polos profesores e profesoras: Anxos Rial (a normalización da lingua galega, os usos plurilingües no marco da biblioteca escolar), Clara Cristela ( a aprendizaxe AICLE/CLIL na aula de sociais en inglés) na primeira xornada, e de Marisol Louro e Eva Garea (metodoloxía corporativa nas linguas), Ovidio Villar (a normalización linguística e os proxectos científicos) e Esther Fernández (o uso das redes sociais educativas e o seu uso dentro da aula).
Remataron as xornadas cunha fermosa posta en escea da contacontos Raquel Queizás, historia de tradición e indios para falar das estrelas.
Finalizamos esta pequena recensión felicitando á Marta Valderrama que xunto cos seus compañeiros do CAFI e dos CEFORES de Vigo e Pontevedra procuraron que todo saíse según o programa e que asistentes e relatores se sentisen  NO SEU FOGAR. Parabéns para eles.


RADIO PATIO EN VERSOS

O día 21 celebramos en Radio Patio "O Día da Poesía" e como non podía ser doutro xeito enchemos a hora do recreo de música e poemas: Comezamos o programa cun texto introdutorio da UNESCO onde explicamos por qué o 21 deste mes foi declarado Día da Poesía e cunha pequena referencia centrada na poesía galega e nos nosos poetas.
De seguido foi unha choiva de versos dos clásicos galegos, algúns poemas da literatura española e como colofón  pechamos o programa cunhas fermosísimas liñas líricas de Fernando Pessoa.
Contamos na posta en escea co noso equipo habitual de alumnos de 2º de ESO A e unha nova fichaxe: Manuel de 4º de ESO, os nosos PARABËNS para todos eles.

Neste podcast podedes escoitar o seu programa:


domingo, 18 de marzo de 2012

200 ANOS DA PEPA


O 19 de marzo, fai douscentos anos, aprobouse a primeira Constitución española, pola que España deixaba de ser un país gobernado por unha familia a estar gobernada polos representantes elixidos. As cousas non foron fáciles. A Constitución etivo só en vigor dous anos, pois o rei Fernando VII, cando regresou de Francia en 1814, impuxo pola forza, de novo, a súa autoridade absoluta. Seis anos despois, tamén por la forza, o rei quedou obrigado a aceptar a Constitución (a "Pepa") pero outra vez pola forza, tres anos despois, o despotismo e o abuso se impuxo en España. 
Polo tanto, todo o esforzo para que? Para sementar un graniño que logo daría os seus froitos, aínda que moi paseniñamente. Coa Constitución empezou a liberdade de expresión, a liberdade de prensa, a liberdade para asociarse, para que existisen partidos políticos, para que a xente puidese votar e elixir os seus representantes. España sufríu varias guerras civís dende 1812; moitos réximes políticos; a historia de España (e de Galicia con ela) foi tortuosa e difícil, inxusta para a inmensa maioría, pero hoxe temos un réximen imperfecto aínda que democrático; con moitos defectos pero donde algúns dos dereitos fundamentais son indiscutibles. 
Aquela Constitución de 1812 foi a tataraboa da actual Constitución española, que debemos coñecer e á que debemos acudir para defender os nosos dereitos. 
                                                                                                                       Curavacas.



sábado, 17 de marzo de 2012

¡¡¡¡FELICIDADES MAFALDA!!!

Dejando aparte la discusión de si son 50 o 48 los años que cumple (además, nunca fue correcto ni preguntar ni recordar la edad a una mujer), cualquier momento es bueno para recordar, releer, acercarse a este personaje mitico, atemporal y que cuenta con millones de seguidores por todo el mundo. Si aún no conoces a Mafalda, en la biblioteca encontrarás todas sus viñetas; si ya la conoces, seguro que tienes algún ejemplar de Mafalda en casa. No seas egoista: compártela y preséntasela a tus amigos. El mejor homenaje que le podemos hacer a Mafalda es volver a disfrutar de sus viñetas. Aunque es un regalo para ella y para todo su universo: Felipe, Susanita, Manolito, Libertad, Guille, sus abnegados padres... Seguro que te ves reflejado en alguno de ellos ¿Nos dices en cuál?

viernes, 9 de marzo de 2012

8 DE MARZO: RADIO PATIO TEN NOME DE MULLER

Radio Patio e a biblioteca do IES de Poio impregnáronse estes dous días cos aromas, co sabor á muller: os nomes, ás cancións, os poemas, as curtametraxes.
DOINA e JULIA  acompañáronnos o xoves da man de Jessica e Cheyennene (1º bacharelato A) nas proxeccións na biblioteca; o venres en "Radio Patio ten nome de muller" contamos con " Te recuerdo AMANDA", "ALFONSINA y el mar", "Mrs. Robinson" "Cecilia" e máis... no fondo musical, acompañando a Noemi, Laura, Lucía, Dunia, Laura, Sara, Silvia, Gabriela, Tania, Lorena (2º ESO A) e catro estupendos chicos comprometidos:  Rubén, José Mª, José Antonio e Alexandre (2º ESO A) que leron textos reivindicativos de: a ONU, o STEGA,  poemas de ROSALÏA, para Rosalía (de Ramón Cabanillas) e de MORAIMA (Celso Emilo Ferreiro).  
Cos profesores Carlos Núñez e Paco García no equipo técnico, José Manuel Moya ao vídeo e Anxos Rial na selección de textos e dirección do alumnado, todos eles da man polas mulleres no  8 de Marzo.

                      AQUÍ TEDES O PODCAST DO PROGRAMA:




        
e os vídeos da celebración:

martes, 6 de marzo de 2012

PARABÉNS A GARCÍA MARQUEZ NO SEU 85º ANIVERSARIO

Hoxe o escritor Gabriel García Marquez, o noso querido Premio Nobel , cumpre 85 anos; o creador de Macondo co que vivimos Cien años de soledad, sentimos El amor en tiempos de cólera, esperamos una Crónica de una muerte anunciada, visitamos la  Memoria de mis putas triste, soubemos que El coronel no tiene quien le escriba, e moitas marabillosas historias máis está de aniversario.
Neste noso blog queremos unirnos á convocatoria de Babelia - do xornal El País- para felicitalo compartindo o inicio do noso conto ou novela favorito:
" El año de mis noventa años quise regalarme una noche de amor loco con una adolescente virgen. Me acordé de Rosa Cabarcas, la dueña de una casa clandestina que solía avisar a sus buenos clientes cuando tenía una novedad disponible. Nunca sucumbí a ésa ni a ninguna de sus muchas tentaciones obscenas, pero ella no creía en la pureza de mis principios. También la moral es un asunto de tiempo, decía con una sonrisa maligna, ya lo verás..."
Memoria demis putas tristes.

Co gallo do seu aniversario hoxe, públicase Cien años de soledad en libro electrónico(http://www.cadenaser.com/cultura/articulo/cien-anos-soledad-gabriel-garcia-marquez-ebook/csrcsrpor/20120306csrcsrcul_1/Tes) . Aproveitamos tamén do País a imaxe de aniversario que adica ao escritor o ilustrador colonbiano Turcios:


domingo, 4 de marzo de 2012

Cuidado: Leer engancha

Y si no nos creéis, ahí tenéis una prueba: algunos jóvenes pasan sus noches de fin de semana... ¡LEYENDO! Y aunque lo intenten, no pueden dejarlo. Es lo que tiene la lectura. Avisados quedáis de dónde os estáis metiendo.

viernes, 2 de marzo de 2012

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER NA BIBLIOTECA DO IES DE POIO


O vindeiro 8 de marzo é o Día da Muller e na biblioteca queremos meditar e debater  sobre a situación da muller a partir da proxección no tempo de lecer de dúas curtametraxes centradas no tema:
"Miente" curtametraxe sobre o tráfico ilegal de mulleres en España e "El orden de las cosas" que reflexiona sobre os malos tratos.
Falaremos tamén do filme " Y ahora a dónde vamos" da directora libanesa Nadine Labaki (o trailer do filme tamén está incluído na playlist.)

Nesta lista de vídeos podedes visionar as curtametraxes que  veremos o vinderio xoves: