Tweets sobre #nonmaltratoBE
Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
martes, 11 de noviembre de 2014
Campaña NON AO MALTRATO, 25 Novembro.
Etiquetas:
25 novembro,
chios,
twitter,
violencia de xénero
jueves, 2 de enero de 2014
OS NOSOS DESEXOS PARA O 2014:
A primeira entrada do ano 2014 e temos o pracer de iniciala coa felicitación do escritor FRAN ALONSO; xa sabedes que Fran Alonso nos acompañou no IES de POIO en tres ocasións, dúas nos clubs de lectura cando lemos Males de cabeza e Ninguén e outra cando presentaba Cemiterio de elefantes.
Coñecemos pois ao escritor como narrador mais este curso quixemos achegarnos a el como poeta con Cidades en 2º de ESO (en breve publicaremos as ilustracións que fixestes aos seus poemas) e este trimestre con Transición en 2º de bacharelato.
Esta é a súa felicitación:
Na súa felicitación Fran Alonso fálanos de XUSTIZA SOCIAL e rematamos o ano despedindo a Isabel que morreu a mans da súa parella en Marín; recibimos o ano cun poema de Fran Alonso,do poemario Transición, que denuncia a violencia contra as mulleres e que ten como marco a cidade de Pontevedra:
Pequenos luxos
Un home respectable, denunciado
pola súa ex-muller en Pontevedra
por intentar atropelala, foi condenado
en firme a pagar 200 euros de multa,
infracción da que se desprenden
os baixos custos que os atropelos femininos
logran manter malia suba do IPC.
Sáibase que calquera home motorizado,
de soldo medio, podería permitirse
o exclusivo pracer de atropelar
dúas ou tres veces por ano
a súa ex-muller.
(Categoría: transitivo)
Fran Alonso,Transición, 2011.
Compartimos os desexos de Fran Alonso para o 2014, leamos o poema e reflexionemos.
Etiquetas:
2014,
Fran Alonso,
Transicion,
violencia de xénero
martes, 26 de noviembre de 2013
DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES 2013
O 25 de Novembro coma xa vén sendo habitual na nosa biblioteca tivemos os actos do "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres".
O EDNL do centro colocara previamente en puntos estratéxicos siluetas de mulleres asasinadas e dos seus asasinos, o Concello presentou a exposición dos carteis gañadores no concurso arredor do tema en varias convocatorias e a biblioteca colocara o seu enreixado de poemas.
No día de onte, varios grupos de alumnos percorremos estas performances facendo lecturas dunha selección de poemas en galego que denuncian a violencia contra as mulleres.
Nas voces dos adolescentes de 2º de ESO A e C quixemos que se puideran escoitar aos poetas e ás corenta e cinco mulleres asasinadas no que levamos de ano.
Nas voces dos adolescentes de 2º de ESO A e C quixemos que se puideran escoitar aos poetas e ás corenta e cinco mulleres asasinadas no que levamos de ano.
Violencia contra as mulleres from ANXOS RIAL on Vimeo.
E como agasallo a profesora Liliana Monetti quixo acompañarnos con este fermoso relato seu sobre o tema:
CUENTA REGRESIVA
Por Liliana Monetti
Diez.
Lo viste en un programa de televisión, hace poco. Decían que para evitar la
angustia -todos esos oscuros pensamientos que ensombrecen la vida-, una buena
terapia era pensar en diez cosas buenas que nos hayan pasado últimamente. Diez
experiencias sencillas y bonitas, desde que te levantas, hasta que te acuestas.
Pero tú no puedes pensar en diez, ni en cinco. Te cuesta encontrar apenas dos,
quizás una. Fugaces.
Nueve.
Haces cuentas y son nueve años ya. Un tiempo gris en el que el sueño inocente
de una joven se convirtió en la pesadilla asfixiante de una mujer, envejecida
por los insultos y la falta de libertad. Nueve años de de metamorfosis
retrógrada. La delicada mariposa se convirtió en gusano.
Ocho.
Ocho rosas amarillas fueron su último simulacro de arrepentimiento. Tú sólo
viste las espinas. Ahora, en penumbras, adivinas las hojas marchitas asomando
desde el cubo de la basura.
Siete.
Siete colillas y un humo espeso de tabaco amargo, dañino. Algún día dejarías de
fumar.
Seis.
Ésas fueron las ocasiones en las que te atreviste a acudir al médico,
avergonzada. Te pidieron que denunciaras pero nunca fuiste capaz. Hasta hoy.
Cinco.
Tu amiga cogió el teléfono y antes de que empezaras a hablar, advirtió tus
sollozos y te dijo que te recogería en cinco minutos. Cinco minutos que se te
hacen eternos, mirando el reloj al tiempo que escuchas las gotas de la lluvia
persistente golpear sobre la ventana. Cinco minutos no pueden ser tan largos.
Pronto estará aquí.
Cuatro.
De todas las fotos que había en la casa, tuviste tiempo de escoger unas pocas,
sólo cuatro. En una de ellas, estás con tu abuela, tu madre y tu niña, el día
de su nacimiento. Ese era quizás, el único pensamiento feliz que podías dibujar
entre tus recuerdos. Lo anotaste en una libreta pequeña.
Tres.
Con apenas tres años, la niña sonríe ajena a todo, con una sonrisa transparente
y una mirada tierna que te hace sentir mejor. Nunca pensaste en la palabra
invulnerable, porque no estaba en tu diccionario. Pero desde que ella nació,
pensaste que así era como tenías que sentirte. Tenías que esperar el momento
adecuado para eclosionar y renacer. Ser fuerte por las dos. Os quedaba toda la
vida para disfrutar juntas. Si lograbas tener una vida.
Dos.
Cerraste la maleta y escuchaste los dos “clac” sonando contundentes, como el
pistoletazo de salida de una dura carrera, como la nota perdida de una sinfonía
inconclusa. No pudiste evitar pensar en lo bien que habías hecho al comprarla,
aunque nunca hubieras podido viajar a ninguno de los sitios con los que
soñabas. Afortunadamente, los sueños no tenían fecha de caducidad.
Una.
Sólo una pregunta te venía a la cabeza. Por qué razón, si el que comete el
delito es él, la que tenía que huir era ella. No pretendiste encontrar
respuestas. Seguramente no las entenderías.
La
bocina del coche te despertó de tu letargo otoñal. Con la mano derecha, cogiste
a tu niña, aferrada a su muñeca preferida. Con la izquierda, intentaste agarrar
la maleta. Casi habías olvidado el dolor y los moratones que ocultabas bajo una
gastada camisa azul. Te estremeciste, pero no te quejaste. No mirarías atrás.
No hacía falta, nada había en esa casa que te provocara nostalgia.
Bajaste
la escalera, y antes de subir al coche, pudiste ver que uno de los carteles que
habían pegado hacía tiempo, colgaba medio deshecho, después de la última
tormenta. “Con el maltratador, tolerancia cero”, leíste. Así es como empezarías
de nuevo a vivir, de cero. Resurgiendo de entre los escombros de una casa que
nunca fue un hogar. Desplegaste tus alas de mariposa, sólo te quedaba volar.
miércoles, 28 de noviembre de 2012
RADIO PATIO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
RADIO PATIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO on PhotoPeach
sábado, 24 de noviembre de 2012
IES Pintor Colmeiro: A violencia psicolóxica contra as mulleres.
Seguimos recompilando materias elaborados nos centros co motivo do Día da violencia en contra das mulleres e desde o IES Pintor Colmeiro, permítennos amablemente publicar os vídeos que as alumnas de 1BC elaboraron para facernos reflexionar contra esa violencia picolóxica exercida en moitos fogares, que non por cotiá ou por que non sae nos medios de comunicación é menos dura.
Os nosos parabéns ao estupendo traballo destas chicas e ao labor de coordinación e difusión da súa profesora, Gracia Santorum.
viernes, 23 de noviembre de 2012
Programa de RADIO PATIO en contra da violencia de xénero.
O próximo luns, ás 11.30 poderemos escoitar a emisión de Radio Patio en contra da violencia de xénero co seguinte programa poético:
RADIO PATIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
(26/11/2012)
Introdución:
Luis Miguel (2º Bach. A)
Francisco:
Ofelia (3º ESO A)
Mar Moldes (2º
bach B): Marilar Aleixandre O sangue en tinta.
Yessica e Cheyenne
(2º bach A): Rosalía de Castro Nasín cando as prantas nasen
Borja (2º Bach, B):
Marta Dacosta Non é amor.
Sofía (3º ESO
B): Kiko Neves O poema de Lucía
Brais (2º bach. A):
Helena Villar O deseño das mans
Raquel (2º bach. B)
Marica Campo Sextina das mulleres mortas
Juán Carlos
(2ºbach, A) Xesús Constela Tiñádelo que ver
Noelia, Elvira (3º
ESO B), Gabriela (voces 1,2 e 3) Marga
do Val Un berro de rapariga violada
Silvia (3º ESO
B) Estevo Creus 1 muller golpeada
Lorena e Laura.
(3º ESO B) Antía Otero Non escondo
José Antonio
(3º ESO D) Víctor Manuel Canción das mulleres mortas.
A selección de música será de alumnos de 4º de ESO e está relacionada co tema. Repartiranse entre os participantes pegatinas co lazo distintivo do día.
Etiquetas:
dereitos humanos,
poesía,
Radio Patio,
violencia de xénero
martes, 20 de noviembre de 2012
miércoles, 23 de noviembre de 2011
MALTRATO
Desde Biblioribeira nos chega esta presentación de lecturas contra o maltrato (graciñas Paz)
25N - Contra o maltrato on PhotoPeach
25N - Contra o maltrato on PhotoPeach
domingo, 28 de marzo de 2010
Un encontro de mulleres para salvar ás mulleres: Valencia 2010, Encontro de mulleres por un mundo mellor España-África
Concluíu en Valencia o V encontro de mulleres españolas, europeas, africanas, comprometidas na loita pola igualdade que plasmaron os seus compromisos nun documento no que suscriben impulsar o número de mestras en varios países africanos.
Informa o xornal O País da asistencia de dúas xefas de estados moi distintos e contrapostas: Tarja Halonen de Finlandia ( 53 millóns de habitantes e PIB per cápita 34.769€) e Ellen Johnson-Sirleaf de Liberia (3,4 millóns de habitantes, PIB per cápita 220€); ante a pregunta "Cales son as prioridades na loita pola muller nos seus países?" as respostas son :
- Ellen Johnson: "A alfabetización das nenas e a protección contra a violencia sexual".
- Tarja Halonen: "Tivemos éxito en educación e sanidade mais fáltanos traballar na promoción das mulleres para que ocupen máis cargos directivos".
Continúa o País na Análise de Berna G. Harbour:" Ser muller comprometida en Finlandia é loitar porque as mulleres poidan compartir o poder en empresas, en política ou na vida. Ser mulller comprometida en Liberia é loitar para que non as violen ou se o fan, polo menos que non as maten"
(Documental " Ellas son África" : http://www.rtve.es/mediateca/videos/20100322/ellas-son-africa-ejemplos-mujer/725884.shtml).
A declaración de Valencia afirma que a falta de vontade política e a insuficiencia de recursos impiden o libre exercicio dos dereitos humanos das mulleres en África, polo que é imprescindible consolidar modelos sociais que procuren a igualdade.
Os acordos en materia de ensino (fomento da educación), sanidade (formación de enfermeiras e matronas) están sobre o papel, cadaquén que reflexione sobre estes feitos e como poderemos nós paliar as consecuencias.
(Fontes: EL País, 28/3/10; adn.es ( http://www.adn.es/printVersion/ADNNWS20100328_0576/31); V encuentro España África ( http://www.xn--africanasyespaolas-00b.es/).
Etiquetas:
valores humanos,
violencia de xénero
domingo, 29 de noviembre de 2009
DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
O pasado mércores 25 de novembro celebramos o recital de poemas co gallo do día contra a violencia de xénero. Arredor de 20 alumnos, chicos e chicas de 1º , 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato interpretaron poemas en francés e en galego que tiñan en común evidenciar a violencia contra as mulleres e rexeitala. Aquí tedes as imaxes:
Etiquetas:
valores humanos,
violencia de xénero
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


