jueves, 2 de enero de 2014

OS NOSOS DESEXOS PARA O 2014:

A primeira entrada do ano 2014 e temos o pracer de iniciala coa felicitación do escritor FRAN ALONSO; xa sabedes que Fran Alonso nos acompañou no IES de POIO en tres ocasións, dúas nos clubs de lectura cando lemos Males de cabeza  e Ninguén e outra cando presentaba Cemiterio de elefantes.
Coñecemos pois ao escritor como narrador mais este curso quixemos achegarnos a el como poeta con Cidades en 2º de ESO (en breve publicaremos as ilustracións que fixestes aos seus poemas) e este trimestre con Transición en 2º de bacharelato.

Esta é a súa felicitación:


 Na súa felicitación Fran Alonso fálanos de XUSTIZA SOCIAL e rematamos o ano despedindo a Isabel que morreu a mans da súa parella en Marín; recibimos o ano cun poema de Fran Alonso,do poemario  Transición, que denuncia a violencia contra as mulleres e que ten como marco a cidade de Pontevedra:

Pequenos luxos

Un home respectable, denunciado
pola súa ex-muller en Pontevedra
por intentar atropelala, foi condenado
en firme a pagar 200 euros de multa,
infracción da que se desprenden
os baixos custos que os atropelos femininos
logran manter malia suba do IPC.
Sáibase que calquera home motorizado,
de soldo medio, podería permitirse
o exclusivo pracer de atropelar
dúas ou tres veces por ano
a súa ex-muller.
(Categoría: transitivo)

Fran Alonso,Transición, 2011.

Compartimos os desexos de Fran Alonso para o 2014, leamos o poema e reflexionemos. 

1 comentario:

Anónimo dijo...

O obradoiro de libros gustoume moito porque agora non se poden andar a compralos porque estan caros,e así entre todos podemos deixalos novos.jorge Meijueiro Torres