viernes, 24 de enero de 2014

Doazón de fondos da AMPA "As Bardancas". Biblioteca e familias.

A AMPA do IES sempre pendente das necesidades do noso alumnado, coñecedora de que, nestes tempos de recortes e crise, a compra de libros que son de lectura obrigatoria é unha necesidade máis para moitas familias, acordaron cooperar poñendo o seu gran da area doando un lote de lecturas obrigatorias á biblioteca do centro.
Títulos coma O Lazarillo, Lúa de Senegal, La Fundación ou Ten o seu punto a fresca rosa que os nosos usuarios deben ler este trimestre xa podemos atopalos na nosa biblioteca grazas á colaboración da nosa AMPA.
Na entrega dos fondos, membros da AMPA, a Dirección do IES e a persoa responsable da biblioteca falamos da posibilidade de crear un banco de libros de lectura obrigatoria do que podería dispoñer todo o alumnado.
Conversamos ademais sobre a relación dos pais e a lectura e de posibles colaboracións de pais e nais nas tarefas de xestión da biblioteca; informouse a AMPA da posibilidade de que os pais e nais usen os fondos da mesma.
Decidimos pois que debe haber unha maior comunicación coas familias e do papel que a AMPA pode realizar como mediadora nesta tarefa e de poñer os medios para facilitar este achegamento dos pais e nais á biblioteca do centro.


Diario de Pontevedra, 20/01/2014.

No hay comentarios: