Mostrando entradas con la etiqueta letras 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras 2012. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de diciembre de 2012

Top 10 do 2012: Letras (Disquecool)


P1010016
Esta é unha das mellores entradas que coñezo coa valoración do acontecido no mundo da literatura durante este ano:
Destaca 50 sombras de Grey como un dos best-sellers peor escritos dos últimos anos (Unha carga negativa para a boa literatura erótica).

O mal sabor de boca que nos deixou o peche dunha editorial histórica e emblemática para a historia do galego “A Nosa Terra”.
O ano de Philip Roth e o seu Premio Príncipe de Asturias; a publicación póstuma de Liberación de Sandor Marai; o labor impecable –como escritor e como editor- de Fran Alonso; a reciuperación de personaxes infantís como Manolito Gafotas.
Novas librerías – a Librería café de Rinoceronte- novas editoriais- Impedimenta-, e a auxe dos lectores electrónicos.
De entre a literatura galega escollen unha obra: Laura no deserto de Antón Riveiro Coello, Premio da crítica; difícil selección nun ano de grandes obras narrativas dun peso destacable pola súa calidade literaria como:
  • Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño,
  • 15724 de Xesús Constela.
  • En vías de extinción de María Reimóndez.
  • As voces baixas de Manuel Rivas.
  • Os fillos do mar de Pedro Feijoo.
  • Ninguén de Fran Alonso.
E en literatura xuvenil:
  • Palabras de auga de Marcos Calveiro.
  • Fantasmas de luz do noso querido Agustín Fernández Paz.
  • O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
Sen dúbida un ano de categoría para as letras galegas.