Mostrando entradas con la etiqueta narrativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta narrativa. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de noviembre de 2015

LECTURAS DE OUTONO

 
cuberta-coma-unha-ancora-1











Chegou o outono coas súas tardes nostálxicas e o   pracer de quedar na casiña acompañados dunha boa lectura; seleccionando e compartindo atopamos unhas novelas máis que recomendables para acompañarnos nas tardes molladas, quizais do melloriño que atopamos nas bibliotecas e librerías, combinan o bo facer co goce da lectura da obra de lecer:
  • Francisco Castro con TES ATA AS 10 enganchános nunha vertixe ao compás das novas tecnoloxías, mensaxes do alén que nos collen da man para relatar unha historia de amor ( pasado e presente) e desamor, os silencios obrigados da época de posguerra, o poder da información, dos cartos e da sociedade nos dous eixes xeográfico..s galegos (Vigo e A Coruña) e unha intriga que fai que non abandones a lectura ata o fin sorprendente… compartíremolo no club de lectura do 2º trimestre.
  • Héctor Cajaraville con DE REMATE  conquístanos co pracer da mensaxe do xornalismo acompañado da confidencia do relato íntimo do diario, desde o primeiro capítulo, independencia de creación e de opinión, cunha estrutura moi traballada e orixinal pola mestura de xéneros, coa frescura da inmediatez dos medios de comunicación.
  • Un pracer descubrir a prosa poética ou a narrativa lírica do primeiro capítulo de COMO UNHA ÁNCORA de Iria Collazo López, unha linguaxe fermosa, coidada, chea de sons e de sabores do mar arroupan a traxedia; os vellos costumes, a represión e a loita pola supervivencia en tons líricos, un regalo para os sentidos nun Morrazo da época.
  • E como non podía ser menos, o agasallo de EUROPA EXPRESS de Andrea Maceiras, merece capítulo aparte esta historia da procura da identidade, das respostas crúas; unha viaxe en interrail por Europa que é unha realización dun soño a par que unha aprendizaxe. Namorámonos de Nico, de Xacobe, de Mía, de Piero… de Aroa, personaxes e compañeiros, amigos que  “sen acuse de recibo” e tras o “xiro postal” arriban ao “franqueo de destino” dez anos despois.
Un día de choiva e o lume, unha presa de castañas e unha boa historia para compartirmos un outono cheo de imaxes e de palabras.

E quédannos por ler LOURENÇO XOGRAR  de Manuel Portas e OS ELEFANTES DE SOKÚROV de Riveiro Coello, quen dá máis calidade???

Que o gocedes...

miércoles, 6 de marzo de 2013

125 aniversario de OTERO PEDRAYO

Foto de Suso Díaz.


Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888- 1976):
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo

Obras:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo&solapa=obras


O pan e o viño dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humano do chan galego, non separados, senón penetrándose e dividíndose en compiladas figuras. Para nós o pan é o centeo, e o viño, o da cepa vella, de cepa torta, como osatura dun patriarca. En Ourense inda miramos as "americanas" como un fato de damiselas neuróticas, víctimas do surmenage e necesitadas de todas as drogas para botar o viño. 0 centeo cereal de inverno, pasa por tantas calamidades como o paisano que o procura. Aguanta xiadas, neves, chuvias, nace entre il, se chove moito, un lameiro de xaramagos, senradelas e gramas; cando está vizoso e alto, tremando co vento en ondas conmovidas, o paisano, sempre pesimista, di: "pasa moitas noites fóra". Recólleo con cariño especial, porque é o recurso de facenda doméstica, xa polo gran que se garda na arca tradicional coma pola palla que serve para tapar a chouza, anoar o fachico e facer o leito para a paridura da porca. 0 paisano tenlle máis le¡ ao centeo que ao millo. Antes vivía de pan, castañas e viño. As castañas e o pan caracterizan os altos chans graníticos, abertos, de inverno duro, onde o cuco chega máis tarde, e a vida só va¡ ben na horta do curo ou nos abrigos do pazo. 0 millo simboliza a alianza atlántica. Petulante, guapo, co seu pompón dominador e a súa exaltación sexual, contrasta coa castidade e modestia do centeo. É o presente das Américas ás terras húmidas de Europa: o seu ouro parente daquil lendario asolagado nas augas de Vigo.
0 labrego do pan e do viño son moi diferentes; a agricultura das cepas require unha coñecencia fonda das leis atmosféricas, un enxeño e unha técnica oportunistas: ao contrario do cultivo do centeo, máis suxeito a leis invariables.
                                                               (R. Otero Pedrayo, 1947 [La Noche, 23 XII 1947])