Mostrando entradas con la etiqueta día da poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da poesía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de marzo de 2013

OBRADOIRO DE POESÍA 2013



Estes son os resultados do taller de poesía organizado para 3º de ESO, co gallo de celebrar o 21 de marzo.
A partir de 5 substantivos escollidos aleatoriamente (unha muller, unha praia, unha laranxa, unha gueivota e unha pluma) asociaron aos mesmos 5 adxectivos evocadores e logo crearon a partir deles un pequeno poema en versos libres; estas son as súas creacións:


domingo, 25 de marzo de 2012

RADIO PATIO EN VERSOS

O día 21 celebramos en Radio Patio "O Día da Poesía" e como non podía ser doutro xeito enchemos a hora do recreo de música e poemas: Comezamos o programa cun texto introdutorio da UNESCO onde explicamos por qué o 21 deste mes foi declarado Día da Poesía e cunha pequena referencia centrada na poesía galega e nos nosos poetas.
De seguido foi unha choiva de versos dos clásicos galegos, algúns poemas da literatura española e como colofón  pechamos o programa cunhas fermosísimas liñas líricas de Fernando Pessoa.
Contamos na posta en escea co noso equipo habitual de alumnos de 2º de ESO A e unha nova fichaxe: Manuel de 4º de ESO, os nosos PARABËNS para todos eles.

Neste podcast podedes escoitar o seu programa:


domingo, 15 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

Este ano o material publicado na rede sobre LOIS PEREIRO, o autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas foi moi abundante polo que decidimos enlazar aquí algúns traballos realizados por outras Bibliotecas Escolares Galegas que nos parecen dunha gran calidade; así por exemplo a serie de presentacións elaborada por Elvira Roiz co asesoramento de Inés Pereiro, irmá do poeta, e publicada pola Biblioteca Saturnino Hermida do IES Concepción Arenal de Ferrol:

E as continuacións:
Monforte
Madrid
Coruña 1
Coruña 2 

Enlazamos tamén a audiografía elaborada polo departamento de Música e os alumnos de 4º de ESO do CPI San Vicente ( blog ARS LEGENDI) de A Baña e publicada pola súa biblioteca:




E xa para ler, rematamos co artigo publicado polo profesor Manuel Rei Romeu no diario dixital "Terra e tempo":
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=1368&seccion=5

De quererdes ampliar información, podedes consultar a páxina da Coordinadora de equipas de Normalización Lingüística que está completísima:

http://www.coordinadoraendl.org/letras2011/index.php


No noso centro teremos mañá o Recital das Letras Galegas 2011 no que participarán alumnos da ESO que nos lerán unha selección de poemas galegos en tódalas linguas.
Tamén podedes visitar a exposición "Salvando libros da literatura galega" organizada polas BIBES galegas, na que participamos.  


lunes, 21 de marzo de 2011

A NOSA PEQUENA HOMENAXE AO POBO XAPONÉS NO DÍA DA POESÍA.


"... Hoxe, 21 de marzo, Día da Poesía, no IES de POIO e en Radio Patio queremos solidarizarnos co pobo xaponés e a través dos seus poemas, HAIKUS, facerlles unha pequena homenaxe..."
Así comezaba a retransmisión de Radio Patio esta mañá no tempo de lecer; música e haikus desde o rural de Galicia ata as lonxanas terras do Xapón en sinal de confraternización; compatimos as súas dores e combatémolas con poemas.

Tamén se quixeron unir ás nosas palabras escritores galegos que nos enviaron polas ondas dixitais os seus haikus:

                                                       "Hoxe poalla.
                                                Eu estou aparvado.
                                                 Foxen os ratos. "                    FRAN ALONSO

                                              "O vento pasa
                                          e pousa nos teus labios
                                                 bágoas de mar."             MANUEL PORTAS

... E doutros mares como o Mediterráneo, en noite de Fallas:

                                                 "Llega furiosa
                                              entre fuego y pólvora
                                                 la primavera."                      FELIPE ZAYAS

E doutras bibliotecas coma a do Río Cabe en Monforte enlazamos este fermoso Gloster:


domingo, 20 de marzo de 2011

21 de Marzo, Día Mundial da poesía: Viaxe pola obra de MONET

A poesía pode residir tamén nas imaxes ou na música e máis na obra dun gran artista como Monet. Non deixedes de ver esta fermosísima viaxe chea de poesía que nos chega a través de Edublogs sobre a exposición de Monet en Paris no 2010:

http://www.monet2010.com/es#/voyage/

sábado, 19 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA POESÍA, 21 de marzo 2011

O 21 de marzo é o día que a UNESCO declarou como o Día Mundial da Poesía: "De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra parte, este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover a ensinanza da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demáis manifestacións artísticas, coma o teatro, a danza, a música, a pintura..."
Vén crear HAIKUS con nós... a nosa pequena homenaxe co pobo xaponés...