"... Hoxe, 21 de marzo, Día da Poesía, no IES de POIO e en Radio Patio queremos solidarizarnos co pobo xaponés e a través dos seus poemas, HAIKUS, facerlles unha pequena homenaxe..."
Así comezaba a retransmisión de Radio Patio esta mañá no tempo de lecer; música e haikus desde o rural de Galicia ata as lonxanas terras do Xapón en sinal de confraternización; compatimos as súas dores e combatémolas con poemas.
Tamén se quixeron unir ás nosas palabras escritores galegos que nos enviaron polas ondas dixitais os seus haikus:
"Hoxe poalla.
Eu estou aparvado.
Foxen os ratos. " FRAN ALONSO
"O vento pasa
e pousa nos teus labios
bágoas de mar." MANUEL PORTAS
... E doutros mares como o Mediterráneo, en noite de Fallas:
"Llega furiosa
entre fuego y pólvora
la primavera." FELIPE ZAYAS
E doutras bibliotecas coma a do Río Cabe en Monforte enlazamos este fermoso Gloster:
No hay comentarios:
Publicar un comentario