sábado, 5 de marzo de 2011

É MENTIRA: Visitamos o 12º Salón do Libro.


É mentira é o lema co que se desenvolve o 12º Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra que no día de onte tivemos o pracer de visitar profes e alumn@s dos Clubs de lectura do IES de POIO.
Gozamos cos traballos realizados polos rapaces e rapazas dos coles de Pontevedra e os seus arredores, xogamos cos espellos que nos mudan a realidade, cos distintos espazos creados no salón coa fin de amosarnos como os nosos sentidos poden enganarnos.
Vimos as mentiras dos personaxes de Disney , ou dos pitufos, ou dos Simpsons.
Por suposto que tamén medimos os nosos narices, como Pinocho, para constatar a magnitude das nosas propias mentiras; de certo que comprobamos como "polo mar corren as lebres e polo monte as sardiñas".
Aprendemos máis cousas da escritora Gloria Sánchez e fixemos fotos con ORBLI, a mascota do Salón do Libro:



No hay comentarios: