Mostrando entradas con la etiqueta encontro co autor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta encontro co autor. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de abril de 2016

Encontro coa escritora Ledicia Costas.



Escarlatina chegou á biblioteca do IES de Poio da man da escritora Ledicia Costas.

As historia de avós con coches especiais, de gatos na lavadora e de personaxes do inframundo fixéronnos soñar con Escarlatina e preparáronnos para a chegada de Esmeraldina.

Tamén puidemos falar de Estravaganza e o Salón do libro.

Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:




E tamén houbo tarefas: 



martes, 19 de mayo de 2015

AS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA DO IES DE POIO (2009/15)

Un percorrido polos escritores e escritoras que nos visitaron desde 2009 ata o presente curso na sección de "Encontro co autor" de animación á lectura; calidade e variedade e algúns deles repetiron... 

Graciñas a todos e a todas:

viernes, 6 de febrero de 2015

Encontro con Marcos Calveiro

Esta mañá tivemos o grande pracer de recibir de novo ao escritor MARCOS CALVEIRO na nosa biblioteca; xa nos acompañara no 2011 coa lectura de “O pintor do sombreiro de malvas” e encontrámonos de novo para falar desta mesma lectura (Club de 3º de ESO), de “Palabras de auga” (2º de ESO D e 3º de ESO C) e de “Todos somos”(3º de 20150206_101726ESO B).

Marcos fíxonos unha pormenorizada presentación das súas obras e logo os rapaces e rapazas puideron achegarlle as súas preguntas nun coloquio autor-lectores que resultou do máis gratificante.

 

A lectura:

Contounos que a lectura foi algo que sempre estivo presente na súa vida; na súa adolescencia  leu moitísimo: “ Os meus pais eran grandes lectores; tiven a sorte de que na miña casa había libros. O lecer daquela era bastante limitado non había internet nin consolas pero había libros; seguro que algún gran lector de aquí intentará escribir algo”.

  A escrita:

20150206_101834 O tempo que tardo en escribir un libro   depende do tempo que teño para escribir, tres  meses ou cinco anos; O proceso de documentación é moi longo, empreguei nove meses en escribir “O pintor” pero antes viaxei, documenteime, penso e penso ata que teña o final, primeiro escribo el final e logo escribo o resto.

Os finais abertos:

Todas as súas obras teñen un final aberto por que a vida é un final aberto, podes ter a túa vida organizada e de súbito todo muda, por iso me gustan os finais abertos. O libro que máis me costou de escribir foi “Festina Lente”, tardei cinco anos en rematalo. Non escribín ningún libro cun final pechado, todos acaban cunha fuxida.

O deber do escritor:

O deber do escritor é escribir, non teño afán de mandar unha mensaxe, eu fago literatura.

A lingua da súa escrita:

Eu escribo en galego por que o galego é a miña lingua.

E con estas palabras despedimos a súa visita, grazas Marcos por acompañarnos, esperamos que volvas de novo con novas historias para ler.