viernes, 4 de octubre de 2013

Sobre FORMACIÓN DE USUARIOS e CLUBS DE LECTURA

Olaaa a todos e a todas: 

O luns iniciamos unha nova andaina 2013/14 na nosa biblioteca, recibiremos ao alumnado de 1º de ESO para mostréllela e explicarlles como funciona, aproveitaremos para facerlles o seu carnet e se se portan ben faremos algún xogo con eles e elas.


O equipo da biblio está desexando recibilos pois sabe que logo da súa visita nos acompañarán en moitos recreos e serán seguidores fieis das nosas actividades, coa súa animación encherán a nosa casiña.

Debemos felicitar aos coordinadores das bibliotecas escolares dos seus coles pois trala visita dalgúns deles sabemos da boa formación que se lles deu nos mesmos.

Esta semana púxéronse a andar tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS, os titores ocuparanse de facelas rular durante todo o ano.

E por fin este venres comezaron a andar os CLUBS DE LECTURA, no recreo alí estaban as alumnas de 1º e 2º de bacharelato, o club de Linguas Clásicas, coa profesora Carmen Fernández ao frente presentándolles a súa primeira lectura do curso: "Anfitrión" de Plauto.

O vindeiro luns recibiremos a grupo 1 de 2º de ESO que se estrean como Club de Lectura, haberá que explicarlles como funciona, orientalos nas lecturas e actividades e aínda que eles e elas non o esperan convidalos a ser os novos axudantes da biblioteca.

Boa andaina para todos eles nos mundos da lecturaaaaaaa!!!!!.



No hay comentarios: