No día de mañá celebraremos o día do libro (23 de abril, que como sabedes coincidiu coas vacacións) co escritor Carlos Negro; os alumnos do IES de POIO imos ter a sorte de falar en persoa co autor de MAKINARIA, unha obra moi orixinal, pola súa forma -narrativa escrita en verso- e pola súa estrutura, as distintas partes estan organizadas coma se dunha canción se tratase, cos seus títulos moi significativos, algúns deles relacionados coa música ou cos video xogos.
A adrenalina producida pola velocidade que trae nefastas consecuencias na vida dos xoves, sobre este tema reflexionaremos e debateremos co autor.
Esperamos que nos lea tamén o poema que escribiu sobre a lectura, celebrando con nós o día do libro. Xa vos contaremos...
Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara o vento.
Unha nuba sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.
Carlos Negro
Este poema foi un agasallo do autor ás Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro, enlazamos co blog das Bibliotecas Escolares de donde o compartimos :
No hay comentarios:
Publicar un comentario