O vindeiro luns celebraremos na nosa biblioteca o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL" que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen; a nosa biblioteca uniuse a distintas organizacións como a OEPLI (Organización española para o libro infantil e xuvenil) ou GALIX (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) para celebralo; estes son os actos que realizaremos con ese fin... cal?????? o de fomentar a lectura, claro....
• Lectura do manifesto pola lectura do escritor ELIACER CANSINO e o cartel de NOEMÍ VILLAMUZA que este ano preparou a OEPLI, e que en todos os países do mundo se lerá ás 12,00 horas ou ás 18,00 horas do día 12 de abril.
• Encontro dos alumnos de bacharelato co escritor galego Fran Alonso, autor do libro de relatos “Males de cabeza”.
• Exposición escolar sobre o tema de literatura e cine.
Aquí vos deixamos un pequeno fragmento do manifesto:
“Así que… non esperes máis, estende a túa man, toma un libro, ábreo, le: descubrirás, igual que na canción da miña infancia, que non hai barco, por pequeno que sexa, que en pouco tempo non aprenda a navegar.”
Eliacer Cansino
No hay comentarios:
Publicar un comentario