Unha das actividades que máis gustou aos nosos alumnos das realizadas en Barcelona foi á asistencia á posta en escea da obra dirixida por Tricicle: Forever Young. Asistimos os alumnos do IES de Poio, do IES de Sanxenxo, do IES Juán Carlos I de Murcia e dun IES Joseph Sureda i Blanesde Mallorca, todo un aforo cheo de xuventude para gozar dun subxénero clásico: a comedia musical.
Desde o momento en que se levantou o telón ata os aplausos finais (que foron moitos), rimos, sorrimos e tatareamos melodías; a mensaxe da obra foi:
"Tenim una sola vida,
sense agassajos, una única presa
d´un larguíssim pla sequència.
Així que, no la malgasteu.
Viviu cada moment, gaudi de
cada segon i, si us plau, no deixeu
que ningú us amargui la vida"
E seguindo o seu consello gozamos da comicidade da obra, da súa música e da espléndida posta en escea dos actores. Gustounos todo, a iluminación, o vestiario, os diálogos e os gags; todos saimos do teatro cun gran sorriso.
Forever Young on PhotoPeach
2 comentarios:
¿Donde están as fotografías da viaxe a León?
Ben é certo que pasámolo ben!Poder compartir esta posta en escea magnífica na compañía de xente amiga e en Barcelona co gallo do encontro de grupos ARCE resultou ser un agasallo na véspera do Sant Jordi.
Publicar un comentario