martes, 19 de febrero de 2013

Programa para a celebración dos 150 anos de Cantares gallegos na biblioteca do IES de Poio


fondo Rosalía

O vindeiro venres teremos na biblioteca unha celebración moi especial, os 150 anos da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro (1863-2013), o primeiro poemario escrito en galego despois do silencio dos Séculos Escuros.
Para lembralo un grupo de alumnos de 1º de ESO D coordinados pola profesora Gabriela de los Santos e un par de alumnas de 2º de bacharelato A, teñen preparado para nós un pequeno festival de poesía e música.
Tamén nos van acompañar nesta festa da poesía as concelleiras de Cultura e Educación e a bibliotecaria da Biblioteca Municipal, todas elas do noso concello de Poio.
Esperamos que todos e todas gocedes desta celebración, seguro que de Rosalía se atopar entre nós recitaría un dos seus poemas na nosa compaña.
Así mesmo ese día publicaremos nos blogs da biblioteca o traballo dixital “Cantares fronte á adversidade. Constelación poética” elaborado para esta data, colaborativamente, polas coordinadoras de biblioteca do IES Ribeira de Louro (Porriño) e a coordinadora da nosa biblioteca.

No hay comentarios: